Astérix tentará sobrevivir a Uderzo
Após da recente publicación do álbum O aniversário de Astérix e Obélix, o futuro da parella de célebres guerreiros galos ficou unha vez mais no aire. Xa non só pola discutíbel calidade da história, senon porque xa era evidente que Albert Uderzo deixou o camiño libre para aparcar os lápices indefinidamente. A cuestión era, morerrán os seus persoaxes coa sua retirada, ou pasarían a mans doutros artistas? Segundo o mesmo Uderzo en declaracións aos xornais franceses, será finalmente a segunda opción a que sairá adiante.
Iso si, ainda non se confirmou quen serán os seus sustitutos, se ben todo apunta a que saián da canteira de colaboradores que traballaron con Uderzo nos seus últimos anos, e entre eles os irmáns Frédéric e Thierry Mébarki. Polo visto, Uderzo padece dende hai anos un reumatismo na sua man dereita que lle obrigou a contar coa axuda doutros artistas. Tampouco sabemos cando volveremos ver un novo álbum dos irreductíbeis galos. Uderzo comentou que xa ten en mente un posíbel guión, pero polo de agora non é mais ca iso, unha ideia.
Non será nin a primeira nin a derradeira vez que un persoaxes sobreviven aos seus creadores. Aconteceu así con Spirou, Lucky Luke, Blake & Mortimer… Pero o certo é que ninguén conseguiu nunca igualar ao orixinal.
Astérix sobrevivirá ao seu creador
As histórias de Astérix o galo sobrevivirán aos seus creadores, posto que a editorial do popular personaxe do cómic confirmou que hai permiso de Albert Uderzo, o seu debuxante, que ten 81 anos, para as continuar após da sua morte.
A información xa circula nas publicacións especializadas en cómic en Franza, onde a nova saltou este venres cando o semanário especializado Livres Hebdo revelou que Uderzo autorizou a continuación das aventuras do guerreiro galo e de Obélix, o que confirmou a sua editorial horas mais tarde.
Albert-René, a editora das histórias de Astérix, recoñeceu que hai acordo para que éste sobreviva ao último dos seus criadores ainda vivo – René Goscinny, o guionista, faleceu en 1977 – se así o desexa o primeiro grupo editorial galo, Hachette Livre, quen mercou o 60% do capital daquela o mes pasado.
Os meios de comunicación galos fixeron-se eco decontado da notícia, que significa que o pequeno e bravo guerreiro, símbolo do carácter francés na sua incansábel resisténcia aos invasores romanos, continuará vivo, co permiso dun dos seus pais.
Uderzo, que é de orixe italiana, naceu na localidade francesa de Fismes o 25 de abril de 1927 e tomou o seu alcume dunha aldea italiana chamada Oderzo, de onde procedia a sua família. En 1940 descobriu o cómic e comezou a debuxar na revista Junior ainda que a sua carreira comezou realmente en 1944 cando cria o seu primeiro cómic, Flambergue.
Posteriormente coñeceu a Goscinny e, en 1949 comezou a sua colaboración; en 1951 Goscinny e Uderzo crearon un das primeiras personaxes co que comezaron a destacar, o pirata Jehan Pistolet. En 1959 ambos se converteron en editor e director artístico respectivamente dunha nova revista para nenos maiores chamada Pilote, que se inaugurou con duas das séries mais importantes de banda deseñada, Tanguy et Laverdure e Astérix.
Esta última contaba as divertidas histórias dun pequeno guerreiro galo e o seu inseparabel amigo Obélix e a série converteu-se ao longo dos anos nun absoluto éxito de vendas, tanto que convenceu a Uderzo a abandonar todas as demais séries para se adicar só a este personaxe. Dous anos despois da morte de Goscinny, Uderzo fundou a editorial Albert-René, na que publicou novas histórias e o célebre personaxe protagonizou várias versións cinematográficas, tanto de debuxos animados coma con actores reais.
Precisamente fai un ano, a última entrega das aventuras cinematográficas, Astérix e Obélix nos Xogos Olímpicos, converteu-se nun auténtico éxito en Franza, onde se alzou coa calificación do filme mais caro da história neste país.
Astérix volve en galego
As aventuras de Astérix e Obélix, os dous galos que lideran á pequena aldea que resistiu á invasión romana, volverán ser lidas en galego despois de que a editorial Salvat Bruño decidise lanzar o vindeiro outono un novo tomo triplo que se traducirá ao castelán, ao catalán, e, por fin após de moitos anos, ao galego. A Editorial adiánta-se asemade á celebración do 50 aniversário destas aventuras de Goscinny e Uderzo que veñen acompañando aos rapaces e non tan rapaces ao longo de xeracións.
A volta ao galego do famoso cómic foi ben recibida por moitos colectivos, especialmente pola sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística que dende 2005 viña liderando numerosas campañas de presión para que as aventuras de Astérix volveran a se publicar en galego. A Mocidade considera esta decisión da editorial como “unha excepcional nova” despois de que durante todo este tempo se conseguiran máis de once mil sinaturas entre pais, profesores e nenos.
E é que foi precisamente en 2005 cando se publicou o tomo Le ciel lui tombe sur la tête en 25 línguas entre as cales non estaba o galego. Como resposta á decisión por parte da Salvat Bruño de non querer publicar Astérix en galego, pero si noutros idiomas coma o catalán, dende a Mesa se chegou facer un chamamento aos coléxios para que non mercasen as aventuras de Astérix.
Tres anos tiveron que agardar os numerosos seguidores destes dous galos e da súa poción máxica para poder lér as súas aventuras en galego que, fai máis de trinta anos foran traducidas polo escritor Eduardo Blanco Amor.


