Aaron Eckhart loita en Los Angeles

19 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Aaron Eckhart

Aaron Eckhart

Aaron Eckhart será o protagonista de Battle: Los Angeles, un filme de acción de ciéncia-ficción que Jonathan Liebesman dirixirá para a Columbia. Neal Moritz e a súa empresa, a Original Film, será o produtor.

Con este trato, o actor protagonizará un filme de acción unha vez mais. Eckhart non é novo na interpretación de persoaxes de acción, a última vez que puidemos ve-lo nun destes papeis foi cando interpretou a Harvey Dent/Dúas Faces en O Cabaleiro Escuro, o megaéxito deste ano que xa leva recadados 997 millóns de dólares en todo o mundo.

A história, escrita por Chris Bertolini, vai sobre un pelotón de marines que loitan nas rúas de Los Angeles contra unha invasión extra-terrestre. Eckhart será o líder do pelotón neste filme, que ainda non ten data de escomezo para a rodaxe.

Liebesman dirixirá Battle: L.A.

2 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Jonathan LiebesmanJonathan Liebesman está en negociacións para dirixir Battle: Los Angeles, un filme de ciéncia-ficción de acción que producirá Neal Moritz e mais a súa compañía, a Original Films, para a Columbia Pictures.

A história vai sobre os encontros dun pelotón de marines nunha feroz batalla contra unha invasión extraterrestre polas rúas de Los Angeles.

Liebesman derrotou a moitos outros futuríbeis para este traballo grazas a unha fantástica presentación que amosou a súa visión específica e a súa paixón polo proxecto, que describiu coma unha mistura entre Black Hawk Derrubado e Independence Day.

En agosto, Liebesman saira á procura de localizacións por Santa Monica, Califórnia, e polo centro de Los Angeles, rodando secuéncias e ilustracións e engadindo áliens creados por computador. Ademáis tamén creou unha secuéncia de invasión alieníxena para previsualizar.

O realizador sudafricano xa dirixira anteriormente The Texas Chainsaw Massacre: The Beginning and Darkness Falls.