Brandon Routh xa non é Superman
Brandon Routh, o último actor que encarnou a Superman na pantalla grande, ven de confirmar que o seu contrato para dar vida ao Home de Aceiro xa non está vixente.
Brandon Routh empezou dar vida a Superman hai xa mais de tres anos, cando a Warner invistiu case 270 millones de dólares en Superman Returns. A ideia era acadar unha superprodución dirixida por Bryan Singer e que sería a primeira dunha série de filmes que farían rexurdir o prestíxio do kriptonián no cinema. Nombergantes, o grande investimento non deu os resultados que se agardaban e a Warners non se animou a continuar a franquía… até agora.
O que pasa é que o actor Brandon Routh non está xa dentro deses plans. Hai uns días, o actor recoñeceu nunha entrevista a un popular sítio Web brasileiro que o seu contrato expirara o pasado 28 de xuño. Ademais, engadiu que está totalmente certo de que a Warner traballa nunha nova película de SUperman, pero que ainda non sabe ren do tema, o que lle fai pensar que non contan con el.
De todos os xeitos, Routh dixo que “se me chaman outra vez, regresarei ao persoaxe sen pensa-lo duas veces“.
Nombergantes, Routh queixou-se da pouca confianza que os produtores tiveron na liña argumental que marcou Superman Returs. O actor considera que a saga podería obter mais éxito nas seguintes entregas, para o que puxo como exemplo a Batman Begins, que tampouco funcionou do todo ben no despacho de billetes pero que logo acadou un enorme éxito con O Cabaleiro Escuro, unha oportunidade que non lle deron ao Home de Aceiro.
Dylan Dog ao cinema
O protagonista de Superman Returns, Brandon Routh, protagonizará Dead of Night, un filme baseado no cómic de terror italiano Dylan Dog, para a Hyde Park e a Platinum Studios.
Kevin Munroe dirixirá a partir dun libreto dos guionistas de Sahara, Joshua Oppenheimer e Thomas Dean Donnelly.
Dylan Dog é un cómic italiano de culto creado por Tiziano Sclavi para a casa Sergio Bonelli Editorial. Aparecido por primera vez en Itália en 1986, xa foi traducido a 17 línguas.
Routh interpretará a un detective privado que é arrastrado ao mundo dos non-mortos. O nome do seu persoaxe foi tomado do poeta Dylan Thomas. A caracterización gráfica (realizada por Claudio Villa) está inspirada no actor Rupert Everett. Ademáis de abstémio, o persoaxe de Dylan é tamén vexetariano, costume probábelmente debida ao seu grande amor polos animais. Tamén por isto, a sua imaxe foi utilizada en várias ocasións para campañas contra o abandono dos animais.


