NOVA FANTASIA » Brian Quintana

A liortas por Superman
Os problemas legais entre Brian Quintana e Jon Peters, os dous produtores da nova entrega cinematográfica de Superman, que debía levar por título Superman: Man of Steel, foron moi graves este pasado decembro. Daquela, seica Quintana demandou a Peters non só para lle reclamar uns cartos que lle debía, senón tamén por acoso sexual e por lle pedir de xeito moi violento que lle axudase a facer unha série de cousas, entre as que estaban o perxúrio, falsificación de sinaturas, procura de drogas ilegais, fraudes fiscais e contábeis e a axuda e ocultación de comportamentos sexuais extremos.

Ademais, entre as demandas que seixa interpuxo Peters contra Quintana estaba a petición de encubrimento da violación da filla de Peters.

Segundo publicou esta semana o xornal americano The New York Post, Peters foi condeado a se manter afastado 100 iardas (91 metros) de Quintana, e todo porque Peters lle espetou literalmente a Quintana «vou cruzar esta mesa e che vou partir a puta cara, vou-te patear o cú«, todo no decurso dunha declaración que tivo lugar diante do mesmísimo xuiz o pasado 12 de agosto en Los Angeles mentres se discutía o caso de suposto acoso sexual polo que Quintana acusa a Peters.

Quintana presentou unha denúncia ante a Policía o 14 de agosto na que se di que «O señor Peters ameazou con me partir as pernas. Teño medo, estou nervoso e desacougado e temo que Jon Peters vaia facer-me dano ou matar-me«. O 19 de agosto, o xuiz condeceu a Quintana unha orde afastamento para evitar que Peters poidera «ameaza-lo, asalta-lo ou acosa-lo«.

O avogado de Peters, Joe Yanny, afirma que a orde de afastamento non ten xustificación e que a perda dos nervos de Peters foi debida a que Quintana lle tirou biquiños a Peters mentres que esta estaba declarando perante o xuiz.

Este 9 de setembro houbo unha nova vista na que se deberá decidir por canto tempo mais a orde de afastamento ficará en vigor.