NOVA FANTASIA » buffy

Whedon contra Buffy
Nunha nota de prensa oficial, a Atlas Entertainment anunciou o pasado luns os seus plans para relanzar a série de televisión Buffy Cazavampiros en forma de longametraxe para o cinema, nun proxecto que pretende converter-se en franquía e que producirá a Warner Bros. Pictures.

Buffy comezou a súa vida coma unha película con moi malas críticas en 1992. Dirixida principalmente a un público xuvenil, estaba protagonizada por Kristy Swanson, Donald Sutherland, Luke Perry, Hilary Swank, Paul Reubens, David Arquette e Rutger Hauer. A fita, cun orzamento de 7 millóns de dólares, contaba cun guión de Joss Whedon e estaba dirixida por Fran Rubel Kuzui, pero só obtivo unha recadación de 16 millóns.

Cando xa semellaba un filme destinado ao esquecemento, cinco anos despois Whedon, Kuzui e Gail Berman uníron-se para vender o concepto coma unha série de televisión ainda dirixida aos xóvenes pero con un transfondo mais dramático e de terror. Completamente diferente e cun tón mais escuro e sinistro có filme orixinal, esta série contaba con elementos de mitoloxía, medo, e mesmo humor, romance e moita acción e efectos especiais. Durante todo o tempo que estivo en pantalla, até rematar en 2004, acadou un enorme éxito, boas audiéncias, moitos prémios e a súa propia série secuela.

Kuzui Enterprises, a produtora propiedade de Kuzui, posúe os dereitos do persoaxe, o que lle permite facer o que queiran con el. Xa no mes de maio do ano pasado o;ira-se falar desta posibilidade e dos plans de crear unha nova franquía para o cinema, mais escura e con moitos mais acontecementos e persoaxes.

Whit Anderson está xa a escribir o guión, mentres que Charles Roven, Steven Alexander, Doug Davison e Roy Lee encargarán-se da produción.

Pouco despois do anúncio, o mesmo Whedon enviou unha mensaxe de resposta ao sítio web E! Online para falar do proxecto, oo que el non está vencellado de ningún xeito. A súa reacción, comprensíbelmente, non é de alegría:

«Esta é unha triste, triste reflexión para os nosos tempos, cando a xente debe desprender-se das carcasas doas histórias mais queridas da súa xuventude porque non poden atopar unha ideia orixinal de seu, coma fixen eu coma miña ideia dos Vingadores que inventei eu mesmo.

Obviamente sinto emocións fortes e contraditórias sobre algo coma is5to. A miña primeira reacción ao saber quen ía escribi-lo foi ‘Whit Stillman e Wes Anderson? Este vai ser o filme mais sardónicamente adorábel de todos os tempos! Pero seica estaba mal informado. Logo pensei ‘Gañarei moitos cartos! Istovale mais ca todos os meus subprodutos de Toy Story xuntos!’ Seica estou sempre mal informado. E posíbelmente sexa un pouco lento. Pero en sério, ainda son populares os vampiros?

Eu sempre esperei que Buffy viviría após morrer eu. Pero xa sabes, APÓS morrer eu. Non me gusta a ideia da miña creación nas mans doutro, pero ben sei que moitas mais mans cás miñas estiveron implicadas na creación da série. E non hai base legal para facer nada agás ca un salouco ben forte. Non podo desexar nada malo áxente que está apaixoada polo meu pequeno mito. Podo, nombergantes, aproveitar esta oportunidade para anunciar que estou a facer un filme de Batman. Porque esa é unha franquía que de verdade precisa renovar-se. Así que agardade por The Dark Knight Rexurde Moito Antes Ca Esa Outra E Ademais Mais Barata E En Toronto, relanzándo-se nun cinema preto de vós.

Deixáde-me coa miña dor! Afectuosamente, Joss Whedon.«

Filme de Buffy sen Buffy
Xa está en preparación unha nova reencarnación de Buffy Cazavampiros para a pantalla grande, pero olliño, porque esta nova versión non inclúe ao creador da série Joss Whedon, seica non terá conexión coa série da tele e por riba non sairán os seus principais persoaxes: Angel, Willow, Xander ou Spike.

A cuestión é que o filme, que será desenvolvido por Roy Lee e Doug Davison da Vertigo Entertainment e Fran Rubel Kuzui, a directora do filme orixinal de 1992 Buffy the Vampire Slayer, e mais o seu home Kaz Kuzui, será chamado remake ou relanzamento, pero nin secuela nin precuela.

E todo porque Kuzui e mais a súa empresa, a Kuzui Enterprises, teñen os dereitos sobre Buffy dende o comezo, cando ela descubriu o guión de Buffy que escribira o daquela descoñecido Whedon. Kuzui desenvolveu o guión mentres o seu home puxo os cartos para financiar o filme, que pasou en pena nen glória polas pantallas en 1992 baixo a distribución da Fox.

Kuzui mais tarde aliou-se con Gail Berman, daquela presidente da Sandollar Television, e trouxo de volta a Whedon para que fixera a série de televisión, que foi producida pola Fox e emitida pola canle da WB en 1997 (mais tarde mudou-se á UPN). Kuzui e Sandollar recebiron cretos como produtores executivos sobre Buffy e mais a súa secuela, Angel.

Polo de agora as partes mantiveron xuntanzas detraballo e están á procura duns estudos que fagan o proxecto. Os produtores non contan coa intervención de Whedon pero polo de agora tampouco se puxeron en contacto con el.

Charisma Carpenter en Vivid
A produtora inglesa Red Sparrow ven de anunciar o que será o seu primeiro proxecto, un filme de terror psicolóxico titulado Vivid e que contará como protagonista coa actriz Charisma Carpenter, a coñecida Cordelia das séries Buffy Cazavampiros e Angel.

O filme contará cun orzamento de 1,2 millóns e estará rodado en Inglaterra. O encargado de dirixir o proxecto será Reg Traviss, e no casting están ademais actores coma Ricci Harnett, Sean Chapman e Justin Hawkins.

O argumento céntra-se nunha novelista de New York que se muda a unha vila rural inglesa onde atopará o rexeitamento dos seus habitantes e comezará a se ver invadida por terríbeis visións dunha masacre.

A Red Sparrow tamén conta con outros proxectos na recámara coma un novo filme de John Landis, un western con vampiros chineses chamado Bone Orchard e mais unha comédia de terror de nome Cockneys vs. Zombies.

Buffy Cazavampiros ao cinema?
Cando a série Buffy Cazavampiros rematou en 2003, seica non se limitou a morrer sen mais. Sunnydale (a vila onde acontecían os feitos) pode que fose esquecida, pero o universo que creou Joss Whedon xerou novas secuelas, telefilmes e diversas aparicións na pantalla grande. Nos últimos cinco anos o que mais soou foi a aparición dun cómic baseado na série, pero agora os rumores apuntan á realización dunha longametraxe.

En Hollywood escóita-se estes días que Whedon xa dispón dun guión baseado na súa famosa série televisiva e que está disposto a produci-lo en canto algún estudo lle dea a luz verde. O certo é que ainda que exista ese guión, habería que saber se é unha continuación da série, unha história nova ou unha recreación dos novos feitos que se narran nos cómics.

O enorme éxito que está a ter o filme Twilight nos cinemas americanos e as ganas de regresar ás pantallas de Sarah Michelle Gellar e David Borenaz, protagonistas de Buffy, poderían non ser abondo como para convencer a Whedon de realizar este filme, polo que haberá que esperar a ver o que el teña que dicir.