Goyer no guión de Superman

27 de Febreiro de 2010 por Editor  
Arquivado como Cinema, Destaques

Comments Off

O guionista de Batman Begins e Blade, David Goyer, ven de ser contratado para escribir The Man of Steel, o novo filme de Superman que realizarán a Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures.

Segundo indican as nosas fontes, Goyer ten a ideia de facer que o filme sexa unha encarnación á pantalla grande da encarnación que fixera John Byrne nos cómics. Moderno, críbel e divertido. Esta encarnación non tería ningún vencello con Superman Returns, así que Brandon Routh non será o protagonista nin Bryan Singer o director.

Os rumores van mais aló e apuntan mesmo a quen serán os inimigos do Home de Aceiro neste filme: a história de Goyer vai sobre Luthor e Brainiac. Non é unha orixe destes persoaxes nin de ningún outro, así que asume que xa todoo mundo os coñece, así coma a Lois, Clark, Jimmy e Perry. O Daily Planet está en problemas por mor da Internet e haberá de trasfondo toda unha mitoloxía kriptonián.

A nosa fonte indicou asemade que os anteriores rumores sobre que o guionista de cómics Mark Millar (Wanted, Kick Ass) podería ter algún papel ou ocuper-se do libreto do novo filme son totalmente falsos. O mesmo Millar hai uns días dixo que nunca estivo no proxecto e que debía rexeitar por completo eses rumores. Millar ademais dixo que Goyer é o home ideial para se ocupar de Superman nestes intres.

A contratación de Goyer non debería ser unha grande sorpresa após das novas que hai uns poucos días vencellaban ao director de Batman Begins e O Cabaleiro Escuro, Chris Nolan, co novo Superman para se converter no produtor e supervisor da franquía. Goyer e Nolan co-escribiron o guión de Batman Begins e Goyer tivo participación nos créditos de O Cabaleiro Escuro que Chris e mais o seu irmán Jonah Nolan co-escribiron.

Cando Goyer anunciou hai unhas semanas que ía deixar o seu traballo como guionista da série de televisión FlashForward para se adicar a outras cousas, moitos tiveron o ideia de que había en marcha un novo proxecto de Batman dirixido por Nolan. Pero seica a verdade estaba uns pasos ao lado, e non será o orelludo da capa senón o Grande S o persoaxe do que se vaia ocupar a parella que mais fixo polo cinema de superheroes ao lado da DC Comics nos últimos anos.

A encarnación do Superman de John Byrne mencionada mais enriba refíre-se ao relanzamento do persoaxe que fixo John Byrne en 1986 nos cómics nunha minisérie de 6 episódios titulada precisamente O Home de Aceiro. Byrne devolveu ao persoaxe ás súas orixes, reducindo sinificativamente os superpoderes de Superman. Na nova reencarnación, os seus pais ainda están vivos, Clark Kent é moito menos tímido, a Fortaleza da Soidade non existe e a xente non sabe que Superman ten unha identidade secreta (polo que Kent non é sospeitoso de ser Superman).

Nolan, mentor de Superman

13 de Febreiro de 2010 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

El foi o home capaz de facer regresar a franquía de Batman, que estaba case rematada, ao seu xusto lugar no cúmio da cadea dos superheroes do cinema, e agora todo semella indicar que o director que fixo Batman Begins e O Cabaleiro Escuro, Christopher Nolan, quere intentar o mesmo con Superman, se ben cun pouco menos de implicación pola súa banda.

Segundo os rumores, os estudos planean relanzar a franquía do Home de Aceiro e para elo contan coa axuda de Nolan, que actuará coma mentor do desenvolvemento e produción do filme. Nolan mesmo non dirixirá con total probabilidade, senón que tomará un papel mais produtor principal, mentres que un talento ainda pordescubrir porá-se na cadeira de director.

Ainda que será unha coprodución da Warner Bros. Pictures coa Legendary Pictures coma o Superman Returns de 2006, o filme non será unha continuación daquela longametraxe que pasou sen pena nen glória polas salas de cinema e que á penas salientou nos despachos de billetes. O proxecto ainda está nas súas primeirísimas fases de desenvolvemento, así que o tón e mais o contido ainda son descoñecidos.

DiCaprio está confundido

13 de Febreiro de 2010 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Se estades algo confusos polos tráilers do vindeiro filme de Chris Nolan (O Cabaleiro Escuro), o thriller Inception, alomenos non sodes os únicos. O protagonista Leonardo DiCaprio semella estar tan abraiado polo argumento da película coma o resto dos mortais e afirma non ter unha ideia clara do seu argumento.

É Chris profundizando no psicoanálise dos soños e ao mesmo tempo, facendo un filme surreaista e de alta octanaxe xurdido da súa mente. El escribiu todo, e todo ten senso para el. Non tivo senso para moitos de nós cando o fixemos. Tivemos que facer unha manchea de traballo de detective para averiguar de ué ía o filme“, revelou á prensa nunha recente entrevista.

As actuais especulacións falan de que o filme irá sobre unha tecnoloxía que permite á xente entrar no subconsciente dos outros, onde poden roubar ou implantar novas ideias. Pero até a estrea de Inception, o vindeiro 16 de xullo, non saberemos a verdade.

Os Nolan falan de Inception

15 de Xaneiro de 2010 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

O director de O Cabaleiro Escuro, Christopher Nolan, ven de falar por fin sobre o seu vindeiro filme, que será o thriller Inception, concedendo a súa primeira entrevista dende hai moito tempo e NOVAFANTASIA tivo acceso a parte da mesma.

O filme será segundo Nolan, o seu meirande desafío xamáis enfrontado: “Imos tentar contar unha história nunha escala masiva, a unha escala de auténtico éxito de despacho de billetes, o mais grande no que xamais estiven vencellado. Tentamos facer un filme de escala moi grande con O Cabaleiro Escuro, e con este quixemos ir ainda mais lonxe“.

A história conterá moitísimos subargumentos: “Medrei mirando os filmes de James Bond e gostando deles e mirando filmes de espías coa súa sensibilidade de trotamundos… Quixemos facer iso aquí, non só xeográficamente senón tamén co tempo a as dimensións da realidade tamén. Fixemos unha película que é expansiva. Supoño que podes dicir que é en catro dimensións“.

Emma Thomas, a muller de Nolan e produtora do filme, dixo que a longametraxe é algo do que levan falando dende hai sete ou oito anos, e que o tamaño do proxecto foi meramente incidental. “Ao saír de O Cabaleiro Escuro, a única cousa que sabíamos realmente é que queríamos facer algo moi persoal. Semellaba que este era o intre axeitado para elo. O feito de que sexa realmente un filme enorme… iso nin sequera foi un factor na decisión. Esta história présta-se a un filme deste tamaño“, dixo Thomas.

Ken Watanabe e Tom Hardy en Inception

8 de Maio de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Ken WatanabeKen Watanabe e mais Tom Hardy veñen de se unir ao reparto do vindeiro filme de ciéncia-ficción de Christopher Nolan Inception. A história, que escribiu o mesmo Nolan, está ambientada na arquitectura da mente, e o protagonista será Leonardo DiCaprio interpretando ao xefe dunha empresa.

Watanabe interpretará ao malvado do filme, un home que tenta chantaxear ao persoaxe de DiCaprio. Hardy será un membro da equipa de DiCaprio. Os dous actores únen-se a un reparto no que xa figuran Joseph Gordon-Levitt, Cillian Murphy, Ellen Page e Marion Cotillard.

Watanabe volve deste xeito a facer un filme con Nolan, despois de que ambos traballasen xuntos en Batman Begins (2005).

Nolan e mais os estudos pretenden escomezar a rodaxe este verán e estrear o filme en 2010.

Joseph Gordon-Levitt en Inception

2 de Maio de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Joseph Gordon-LevittJoseph Gordon-Levitt ven de chegar a bordo do proxecto de Christopher Nolan sobre o filme de acción e ciéncia-ficción Inception que se rodará para a Warner Brothers, uníndo-se asemade ao protagonista Leonardo DiCaprio.

A história, que ainda é un segredo total, foi escrita polo mesmo Nolan, e polo de agora o único que se sabe é que ten algo que ver coa “arquitectura da mente”.

Gordon-Levitt sería segundo todos os rumores o encargado de facer o papel que deixou libre James Franco, quen tivo que se retirar por mor de problemas de axenda. O papel é o dun sócio ou amigo do persoaxe de DiCaprio, que é un executivo xefe dalgunha empresa.

Marion Cotillard xa está dentro do proxecto, e interpretará á muller de DiCaprio, mentres que Ellen Page interpreta a unha estudante que axuda a DiCaprio. Cillian Murphy tamén está no reparto.

Nolan e mais os estudos desexan escomezar a rodaxe este verán e ter rematada a película para a súa estrea nos cinemas en 2010.

A Gordon-Levitt poderémo-lo ver no papel do malvado Cobra Commander no filme da Paramount G. I. Joe: The Rise of Cobra, que se estrea o vindeiro 7 de agosto nos Estados Unidos.

DiCaprio en Inception?

4 de Marzo de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Leo DiCaprioLeonardo DiCaprio está en negociacións finais para participar no vindeiro proxecto de ciéncia-ficción do director Christopher Nolan Inception para a Warner Bros. Pictures.

A história din que é un filme de acción de ciéncia-ficción ambientado no presente e dentro da arquitectura da mente. O proxecto é para Nolan un filme de “descanso” antes de se ocupar da vindeira entrega de Batman, o mesmo que xa fixera en 2006 cando rodou The Prestige entre Batman Begins e O Cabaleiro Escuro.

A rodaxe escomezará este ano e ten presvistaa estrea para o verán de 2010, coa produción de Nolan e Emma Thomas.

Nolan aparca a Batman

20 de Febreiro de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

NolanO cineasta Christopher Nolan, director e coguionista do grande éxito de crítica e público do verán pasado, O cabaleiro escuro, vai dirixir un novo filme titulado Inception para a Warner Bros. Pictures. Nolan escribeu o guión orixinal do filme, descrito como unha mistura de ciéncia-ficción e acción ambientada dentro da arquitectura da mente.

A rodaxe de Inception comezará o vindeiro verán e a súa estrea será no verán seguinte, en 2010. Recentemente Christopher Nolan recebiu unha nominación aos prémios do Directors Guild of America (DGA) polo seu traballo inovador en O cabaleiro escuro. Asimesmo, compartiu nominación con Jonathan Nolan e David S. Goyer para os prémios do Writers Guild of America, e foi nominado xunto con Emma Thomas e Charles Roven para os prémios do Producers Guild of America.

O cabaleiro escuro estreou-se en xullo de 2008 coa aclamación mundial da crítica e de seguido superou todos os records de despacho de billetes e vai camiño de ser o filme mais recadador do ano e o segundo (nos Estados Unidos) de todos os tempos.

O Cabaleiro dos Prémios

11 de Xaneiro de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

BatmanO Cabaleiro Escuro continúa colleitando aclamacións no seu camiño cara ás nominacións para os Oscar que se coñecerán o vindeiro día 22 de xaneiro. Antonte, o director do filme, Christopher Nolan, recibiu unha nominación para o prémio ao millor director que concede a Asociación de Directores dos Estados Unidos (DGA).

O gañador do prémio da DGA adoita ser despois o que se alza coa estauíña dourada do Oscar ao Millor Director, cousa que non saberemos até o 22 de febreiro en todo caso.

David Fincher tamén acadou unha nominación da DGA polo seu filme O curioso caso de Benjamin Button.

O megaéxito de Batman leva recadados moitos prémios clave que o conducen aos Oscars: tamén foi nominado ao prémio da Asociación de Produtores, cuxo gañador adoita coincidir co Oscar ao millor Filme. E Nolan tamén conta cunha nominación da Asociación de Guionistas polo mesmo filme. Ademáis, nos populares prémios People’s Choice desta semana, O Cabaleiro Escuro varreu aos seus rivais.

Michael Caine revela datos sobre Batman

11 de Setembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Michael CaineUn dos meirandes e máis quentes debates entre os fans é que actores e que persoaxes aparecerán no vindeiro filme de Batman, e que superfalcatruán escollerá o director Christopher Nolan para esta terceira entrega da saga do Señor da Noite. Os rumores abondan pero Nolan ven ficando en silenzo polo de agora.

Nunha recente entrevista concedida antes do escomezo do Festival de Cinema de Toronto, o actor Michael Caine seica confirmou algúns dos rumores que corren pola Rede ao respecto de dous persoaxes que terán cabida no guión: o Riddler e mais o Pingüín. “Xa os teñen en mente“, dixo Caine, cando lle preguntaron a quen lle gustaría ver loitar contra o cruzado con capa. “É Johnny Depp coma o Riddler. E o Pengüín é Philip Seymour Hoffman. Linno nos xornais“.

Isto seica é coma se Caine se limitara a reproducir os rumores que aparecen na prensa, pero segundo o actor, o que el fixo é confirmar as novas que lle chegaron dos mesmos estudos.

Caine, que interpreta ao leal mordomo de Bruce Wayne, Alfred Pennyworth, dixo: “[eu lle preguntei a Nolan] De que vai a história? E el dixo que sobre o Joker. Eu dixen ou, merda! Como vas facer para superar a Jack [Nicholson]? E el contestou: contratei a Heath Ledger. E eu dixen: Ha! Eu non podería superar a Jack, pero se alguén puidera, se cadra sería Heath“.

Logo estiven cun executivo [da Warner Bros.] e dixen: imos facer outra? Eles dixeron que si. Eu dixen: E como diaños imos superar a Heath? E el contestou Direi-te coo imos superar a Heath — con Johnny Depp coma o Riddler e Philip Seymour Hoffman coma o Pengüín“.

Esta é a primeira vez que os rumores sobre Depp e Hoffman chegan dende unha fonte no interior dos estudos, ainda que Caine non citou ningún nome concreto.

Páxina seguinte »