NOVA FANTASIA » David Yates

David Yates levará ao Doutor Who ao cinema
David Yates, o director das últimas catro entregas da saga de Harry Potter, ten previsto facer-se cargo doutro clásico da cultura fantástica inglesa, a franquía do Doutor Who. Yates e mais a BBC unirán-se para converter a popular série televisiva de ciéncia-ficción nunha longametraxe de grande orzamento para o cinema.

Dende que rematou o seu traballo en Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two, Yates estivo a desenvolver outros moitos proxectos, nos que participaría coma posíbel realizador e nos que se inclúen unha adaptación ao cinema da novela de Stephen King The Stand. O novo filme do Doutor Who, nombergantes, semella polode agora ser un novo proxecto que sumar á listaxe, pero Yates afirmou que hai que ir con calma e dar-lle tempo ao tempo para que as cousas saian ben.

«Estamos a procurar guionistas agora mesmo. Imos pasar dous ou tres anos para que saia todo ben. Precisará-se unha transofmración radical para leva-lo á pantalla grande«, confirmou Yates, engadindo que el e mais a directora de produción internacional da BBC, Jane Tranter, traballarán xuntos para desenvolver esta longametraxe.

A série de televisión é unha das mais lonxevas da história da pequena pantalla e o seu argumento xeral vai sobre un Señor do Tempo coñecido coma o Doutor who, que viaxa polo tempo e mais o espazo con vários acompañantes humáns (normalmente, rapazas fermosas) loitando contra diversos inimigos, coma os Daleks, os Cyberhomes ou O Mestre.

A série escomezou en 1963 e continuou emitíndo-se até 1989, cando foi interrumpida até que o guionista e produtor Russell T. Davies reviviu-na en 2005. O programa foi recoñecido por Guinness coma a série de ciéncia-ficción con mais éxito de todos os tempos en termos de vendas e ratios de audiéncia e é unha das marcas de televisión mais lucrativas no mercado.

De todos os xeitos, esta longametraxe seica non será parte da continuidade da série de televisión, e conterá no seu lugar unha aproximación totalmente nova ao material orixinal.

«Russell T. Davies e logo Steven Moffat fixeron as súas própias transformacións, que foron fantásticas, pero temos que poñer iso a un lado e comezar dende cero. Queremos unha sensibilidade británica, pero unha vez dito iso, Steve Kloves escribiu os filmes de Harry Potter e capturou a sensibilidade perfectamente, así que tamén estamos a procurar guionistas americanos«, dixo Yates.

Peter Cushing protagonizou nos anos 60 dúas películas cunha variación do persoaxe, pero estas longametraxes non se consideran parte da continuidade da série.

Actualmente é Matt Smith quen protagoniza o programa, no papel da undécima encarnación do Doutor Who na pequena pantalla e agárda-se que repita este mesmo papel alomenos durante unha tempada mais.

As relíquias da morte serán dous filmes
Harry Potter e as relíquias da morte, a sétima e definitiva entrega das aventuras do meigo máis popular da literatura, será levada ao cinema en dúas películas que se estrearán en novembro de 2010 e maio de 2011, respectivamente.

Segundo soubo NOVA FANTASIA por médio das súas fontes en Los Angeles, os estudos Warner Bros e os produtores da franquía, baseada nos persoaxes da escritora inglesa J.K. Rowling, anunciarán este xoves que pretenden converter esa obra en dúas películas que se estrearán por separado.

As fitas levarán por nome, simplemente, Harry Potter e as relíquias da morte: Parte I e Harry Potter e as relíquias da morte: Parte II, segundo desvelou o produtor David Heyman.

O director David Yates, que xa se fixo cargo das tarefas de realización en Harry Potter e a Orde do Fénix e Harry Potter e o mistério do Príncipe – en produción -, volverá a se poñer tras das cámaras para dirixir estes dous filmes, que se rodarán de forma continuada.

O escritor Steve Kloves será o encargado de redactar o guión, unha tarea que xa realizou en sete das oito fitas que compoñen a saga.