NOVA FANTASIA » español

Legado dunha traxédia
Legado de una tragedia («Legado dunha traxédia»), unha obra interpretada por 21 cantantes e case 50 músicos das bandas mais importantes de hard rock de fala española, verá a luz este luns día 1 de decembro.

Ao longo desta ópera-rock, que repasa en forma de fábula a atormentada vida do xénio, van-se narrando as andainas do escritor americano Edgar Allan Poe, cos seus fracasos, o seu paso polo exército, a sua voda coa sua curmá de trece anos, a sua relación con Charles Dickens e a sua particular visión da relixión, até que finalmente escomeza o seu declive a raíz da morte da sua esposa, derrumbándo-se mentalmente e abandoándo-se a unha vida de excesos que lle levaría a unha morte indigna, afogado na miséria.

Legado de una tragedia inclúe ademáis algunhas pezas musicadas baseadas en obras de Poe, concretamente en dous dos seus relatos: O corvo e O péndulo, ademáis de se incluir unha pequena introdución composta sobre o que están considerados os dous primeiros versos dos que se ten constáncia do autor, escritos por el á idade de 15 anos.

Ideada, composta, arranxada, producida e gravada por Joaquín Padilla e Jacobo García entre xaneiro de 2006 e febrero de 2007 nos estudos “El Cielo de Madrid”, “Estudios Espartanos” e “La Marabunta Estudios”, foi misturada por Alberto Sánchez en xullo e agosto de 2007 nos estudos de Hispamusic.

Jess Franco, Goya de Honra 2008
Jess Franco

A Académia de Cinema de España concedeu a Jesús Franco, director, guionista, produtor, actor, montador e músico, especialista no xénero de terror erótico, o Goya de Honra 2008, segundo un comunicado da institución.

O galardón será-lle entregado o 1 de febreiro na cerimónia dos prémios. A Académia tivo en conta «a sua longa, rica e variada filmografía, asi como a sua absoluta entrega á profisión«. Nada mais enteirar-se , o cineasta dixo que está encantado, «porque como nunca me crin merecedor de nada, semella-me un regalo precioso«.

Coñecido tamén como Jess Frank, Clifford Brown ou James P. Johnson, e con mais de 180 filmes no seu haber, Franco segura que «é unha ledícia e unha enorme honra. Nunca esperei ningún recoñecemento da miña carreira. Ninguén me deu ren, só coa miña primeira mediametraxe, Sobre Pio Baroja, me deron moitos prémios aqui e fóra de España«.

Jesús Franco, que rodou o seu primeiro filme en 1959 co título de Temos 18 anos, «chegou a se converter nos últimos anos nun referente creativo e un exemplo vital para varias xeracións de cineastas e afeizoados dentro e fóra das nosas fronteiras», segundo a Académia.

Recoñecido internacionalmente como director de culto, tanto en Alemaña e Franza coma nos Estados Unidos, rodou en 2003 o seu último filme Killer Barbys contra Drácula. Nado en Madrid en 1930, é tío do escritor Javier Marías. Suas son tamén Vampiresas, A morte asubía un blues, Fu-Manchú e o bico da morte ou Paroxysmus.

Jesús Franco está considerado o director maldito do cinema español por exceléncia e conta no seu currículum con importantes colaboracións con directores internacionais, como o seu traballo no filme Badaladas a meia noite, de Orson Wells.