Adéus a unha folga, óla a outra?

11 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Imaxe da folgaO remate da folga de guionistas de Hollywood podería afectar a moitos proxectos de xénero adiados ou retidos por mor dos atrasos provocados, entre os que se atopan Anxos e Demos, que precisa revisións no seu guión, e mais ao filme da Warner Brothers A Liga da Xustiza. Os estudos tamén terán agora que avaliar de que xeito volven a reaxustar as súas axendas para a máis ca previsíbel folga que o Sindicato de Actores planea para xuño.

A Sony reiterou esta semana que Anxos e Demos, a precuela de O Código Da Vinci, está adiada tan só por mor da folga e depende do seu remate para continuar, pero outras fontes consultadas por NOVA FANTASIA suxiren que até verán non continuaría a produción deste proxecto, e iso supoñendo que todo vaia ben. O mesmo acontece co filme da DreamWorks e a Paramount Transformers 2. Ambos teñen prevista a súa estrea para 2009: Anxos e Demos para o 15 de maio e Transformers 2 para o 26 de xuño.

A meirande parte dos filmes da Warner que tiñan prevista a súa estrea este ano están xa completos ou en post-produción; a Warner só ten unha película até agora datada para 2009, o Watchmen de Zack Snyder, previsto para se estrear o 6 de marzo.

Marvel e Lionsgate: fin á folga

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Unha imaxe da folgaA Lionsgate e mais os Estudos Marvel veñen de chegar a un acordo temporal co Sindicato de Guionistas dos Estados Unidos  para rematar coa folga de guionistas de Hollywood e que lles permitirá traballar nos proxectos destas empresas.

A Marvel Studios, unha filial da Marvel Entertainment Inc., está a producir versións de Iron Man e do Incríbel Hulk.

Os guionistas e os produtores retomaron as súas conversas esta mesma semana e poideron asemade rematar cunha folga que xa duraba tres meses e que xa detivo moitas producións na televisión americana. Ainda que a Marvel non é unha empresa das grandes dentro dos estudos cinematográficos, este acordo pon-lle presión aos estudos importantes para que cheguen a acordos semellantes cos guionistas.

Entre os vindeiros filmes da Lionsgate están The Eye, e entre as súas séries da televisión están Mad Men e unha nova série, Fear Itself.

O exorcismo dos guionistas

29 de Novembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Algúns dos manifestantesCantando “Fóra, demos, fóra!“, un grupo de máis de 65 guionistas de cinema de terror escenificaron un exorcismo fronte as portas dos estudos da Warner Brothers en Burbank (Califórnia) o pasado 27 de novembro, como parte da folga de guionistas de Hollywood.

Os piquetes levaban postas camisetas co lema “Guionistas de terror en folga: comemos esquirois“. Outros guionistas levaban postos traxes de curas e monxas e botaron auga bendita. O obxectivo era “librar-nos do mal que infesta os estudos“, segundo dixeron.

A ideia para o exorcismo xurdiu de Scott Kosar, quen escribiu os remakes dos clásicos de terror dos anos 70 A Masacre de Texas e o Terror de Amityville.

Entre os guionistas que participaron na charada estaban Steve Niles (30 Days of Night), Mick Garris (Masters of Horror), Stephen Susco (The Grudge) e Drew McWeeny (Masters of Horror).