NOVA FANTASIA » folga

Luz verde para o Hobbit?
Semella que xa só a ameaza da folga de actores en Nova Celándia pode evitar que a rodaxe de O Hobbit escomece en febreiro.

Segundo fontes internas dos estudos, a Warner Brothers e mais a MGM veñen de rematar o seu acordo para financiar a parella de filmes baseados na clásica obra de J.R.R. Tolkien baixo a dirección de Peter Jackson, o que deixaría como único obstáculo a devandita folga, que se producirá se tal e coma advertiron os sindicatos, non se respectan os convénios colectivos dos actores.

Os estudos xa ameazaron que caso de non se chegar a un acordo cos sindicatos, moverán a rodaxe fóra de Nova Celándia a outro país, co que habería que redeseñar completamente os orzamentos, que xa levan consumidos vários cento de millóns de dólares, e o filme sofriría outro parón inevitábel.

Os voceiros da New Line Cinema e da Metro declinaron facer comentários, o mesmo cós do Sindicato de Actores dos Estados Unidos (Screen Actors Guild), que está a prestar o seu apoio aos compañeiros novacelandeses.

Jackson contra os sindicatos do Hobbit
Por se non foran poucos xa, un novo problema ven de xurdir ao redor do filme d’O Hobbit, xa que esta pasada fin de semana os sete principais sindicatos que agrupan aos actores que participan no reparto aconsellaron aos seus afiliados que non continuasen traballando na produción en Nova Celándia porque os produtores «rexeitaron incluir aos actores nos acordos sindicais«, segundo un comunicado conxunto asinado polas asociacións de traballadores inglesas, a SAG (americana) e mais a australián MEAA.

O mesmo Peter Jackson tivo que emitir outro comunicado oficial rapidamente, no que dixo que a petición dos sindicatos para os seus afiliados é un «intento de se facer co poder» da MEAA e ameazou con levar-se a produción ao leste de Europa se os sindicatos non se pregan aos seus intereses. Ademais engaiu que os salários para os seus traballadores xa son «abondo xenerosos«.

Os principais estudos vencellados a esta macroprodución, a New Line, a Warner Bros. Pictures e mais a MGM, apoiaron de seguido a Jackson, noutro comunicado no que afirman que «non pode haber ningún acordo colectivo coa MEAA nesta produción novacelandesa, xa que face-lo expoñería á produtora a unha sanción das autoridades de Nova Celándia«.

Os estudos engadiron que debido á falla de seguridade respeito a se a produción pdoerá continuar sen problemas, a súa política xeral é «evitar facer rodaxes en lugares onde hai unha potencial inseguridade laboral ou outras formas de inestabilidade«. E que agora están a «explorar outras alternativas a fin de protexer os seus intereses empresariais«.

Adéus a unha folga, óla a outra?
O remate da folga de guionistas de Hollywood podería afectar a moitos proxectos de xénero adiados ou retidos por mor dos atrasos provocados, entre os que se atopan Anxos e Demos, que precisa revisións no seu guión, e mais ao filme da Warner Brothers A Liga da Xustiza. Os estudos tamén terán agora que avaliar de que xeito volven a reaxustar as súas axendas para a máis ca previsíbel folga que o Sindicato de Actores planea para xuño.

A Sony reiterou esta semana que Anxos e Demos, a precuela de O Código Da Vinci, está adiada tan só por mor da folga e depende do seu remate para continuar, pero outras fontes consultadas por NOVA FANTASIA suxiren que até verán non continuaría a produción deste proxecto, e iso supoñendo que todo vaia ben. O mesmo acontece co filme da DreamWorks e a Paramount Transformers 2. Ambos teñen prevista a súa estrea para 2009: Anxos e Demos para o 15 de maio e Transformers 2 para o 26 de xuño.

A meirande parte dos filmes da Warner que tiñan prevista a súa estrea este ano están xa completos ou en post-produción; a Warner só ten unha película até agora datada para 2009, o Watchmen de Zack Snyder, previsto para se estrear o 6 de marzo.

Marvel e Lionsgate: fin á folga
A Lionsgate e mais os Estudos Marvel veñen de chegar a un acordo temporal co Sindicato de Guionistas dos Estados Unidos  para rematar coa folga de guionistas de Hollywood e que lles permitirá traballar nos proxectos destas empresas.

A Marvel Studios, unha filial da Marvel Entertainment Inc., está a producir versións de Iron Man e do Incríbel Hulk.

Os guionistas e os produtores retomaron as súas conversas esta mesma semana e poideron asemade rematar cunha folga que xa duraba tres meses e que xa detivo moitas producións na televisión americana. Ainda que a Marvel non é unha empresa das grandes dentro dos estudos cinematográficos, este acordo pon-lle presión aos estudos importantes para que cheguen a acordos semellantes cos guionistas.

Entre os vindeiros filmes da Lionsgate están The Eye, e entre as súas séries da televisión están Mad Men e unha nova série, Fear Itself.

O exorcismo dos guionistas
Cantando «Fóra, demos, fóra!«, un grupo de máis de 65 guionistas de cinema de terror escenificaron un exorcismo fronte as portas dos estudos da Warner Brothers en Burbank (Califórnia) o pasado 27 de novembro, como parte da folga de guionistas de Hollywood.

Os piquetes levaban postas camisetas co lema «Guionistas de terror en folga: comemos esquirois«. Outros guionistas levaban postos traxes de curas e monxas e botaron auga bendita. O obxectivo era «librar-nos do mal que infesta os estudos«, segundo dixeron.

A ideia para o exorcismo xurdiu de Scott Kosar, quen escribiu os remakes dos clásicos de terror dos anos 70 A Masacre de Texas e o Terror de Amityville.

Entre os guionistas que participaron na charada estaban Steve Niles (30 Days of Night), Mick Garris (Masters of Horror), Stephen Susco (The Grudge) e Drew McWeeny (Masters of Horror).