NOVA FANTASIA » frank miller

Adiante co guión de Xerxes
Zack Snyder (300, Watchmen) ven de confirmar que a adaptación ao cinema da precuela do seu filme 300 está a entrar xa na vía rápida.

«Nós [el e mais o seu colaborador no guión de 300, Kurt Johnstad] pechamos o trato co guión de Xerxes. Comezamos a escribir hai unha semana. Así que estamos a face-lo. Está a acontecer«, dixo Snyder nunha recente entrevista a un xornal de Califórnia.

Agárda-se que Snyder sexa o director, pero ainda non hai ren pechado neste senso: «Realmente vai depender do que os estudos queiran facer e o que fagamos nós cando rematemos, non teño un acordo de dirección vixente pero estamosa redacta-lo, así que cháma-o intento«, dixo Snyder.

O cómic Xerxes, orixinal de Frank Miller, está por ser publicado nos vindeiros meses, e vai sobre Temístocles e a batalla de Artemísia. Dado que os acontecementos entrecrúzan-se dalgún xeito cos de 300, Snyder confirmou que o estilo visual do filme será o mesmo que o da película orixinal.

Será Xerxes de 3D?
O director de Watchmen, Zack Snyder, ven de desvelar que hai unha moi grande posibilidade de que se rode Xerxes, a segunda parte do filme 300, e de que el sexa o director. Xerxes será a adaptación da novela gráfica de Frank Miller que é a continuación do seu anterior éxito, 300.

Snyder admintiu que sabe pouco sobre a história: «non lle dixen a Frank o que é o que tiña que escribir para a primeira parte, e non lle vou dicir o que escribir esta vez. Tomarei-no e adaptarei-no nunha película e escribirei un guión, pero quero que faga o que considere millor… supon-se que debe amosarme algo axiña, realmente nos vindeiros meses«.

Snyder tamén revelou que a Warner Bros. Pictures converteu unha parte do filme orixinal 300 ao formato 3D para demostrar as capacidades da tecnoloxía e que «van-se pensar face-lo para a seguinte película«, o que podería sinificar asemade que hai posibilidades dun relanzamento da primeira parte en 3D.

Xerxes, precuela de 300
O director de 300, Zack Snyder, leva moito tempo dicindo que non fará unha secuela do seu filme até que o guionista e debuxante Frank Miller remate a novela gráfica na que estaría baseada esa secuela. Pero agora todo semella indicar que Snyder podería ter que recoller de novo a súa espada espartana.

Nunha recente entrevista, Miller revelou que non só está a traballar nunha novela gráfica que será a continuación de 300, senón que ademais xa ten un título para ela: Xerxes, o nome do principal vilán do anterior filme, que interpretou o actor de Perdidos Rodrigo Santoro.

«É a batalla de Maratón a través dos meus ollos«, dixo Miller ao respecto do argumento da novela. «Xa rematei o guión e vou comezar axiña co debuxo«.

Se 300 ía sobre a tráxica derrota de Leónidas e mais dos seus guerreiros espartáns, Xerxes será o relato da batalla de Maratón, onde as forzas dos persas foron brutalmente dezmandas ás mans dos seus inimigos gregos. Dado que o pai de Xerxes era o rei dos persas daquela, se cadra a nova história será unha espécie de aventura de maioría de idade para o que posteriormente converterá-se no inimigo dos 300.

Mália que descoñecemos a narración exacta, todo o anterior semella indicar que Xerxes non será unha secuela de 300, senón unha precuela, ao contrário do que se viña falando até o momento.

Sin City 2 en 2010
O produtor Stephen L’Heureux ven de revelar nunha recente entrevista que hai unha secuela de Sin City que axiña entrará en fase de produción, concretamente para a segunda metade do ano que ven.

A secuela estará baseada nun guión orixinal de Frank Miller, quen ademáis será o director da mesma xunto a Robert Rodriguez.

Miller está asemade vencellado á dirección e ao guión de Hard Boiled, outra longametraxe que coma Sin City está baseada nun cómic da súa autoría, neste caso protagonizado por un detective privado empregado dunha emrpesa de seguros e que se converte nun cyborg asasino.

A secuela de 300 xa en marcha
A secuela de 300 xa está a se preparar. Zack Snyder, o director do filme orixinal, ven de confirmar que Frank Miller, o creador da novela gráfica na que se baseou a película, está a traballar nunha história que chegará aos andéis das librarías antes de dar o chimpo á pantalla grande.

«Sei que Frank está a escribi-la agora mesmo«, dixo Snyder nunha entrevista co gallo do lanzamento en Blu-Ray de Watchmen e da sua re-estrea nos cinemas dos Estados Unidos con novas escenas. O director asegurou que  Miller está «moi metido» neste proxecto e que mesmo «vai volver a Grécia a facer outro recoñecemento» para fixar na sua mente as localizacións. «Vai ser mais grande en canto á ambientación e o terreo. Imos ver Atenas, o Exeo e outros lugares«, revelou.

En todo caso, Snyder asegurou que a secuela manterá a eséncia e a estética da primeira película e que na rodaxe utilizarán a mesma tecnoloxía. «Coido que usaremos a mesma tecnoloxía… non quero que pareza a Guerra das Galáxias«, apuntou o director que recoñece que a tecnoloxía usada en 300 «non era revolucionária«, senon que é básicamente «a que utilizan os homes do tempo«.

Miller no novo Buck Rogers
Frank Miller e mais a Odd Lot Entertainment, o creador e mais a empresa produtora atrás da vindeira adaptación do clásico do cómic The Spirit, unirán unha vez mais as súas forzas para desenvovler un proxecto baseado noutro persoaxe clásico, nesta ocasión da ciéncia-ficción: Buck Rogers.

Odd Lot, a empresa propiedade de Gigi Pritzker e Deborah Del Prete, está en negociacións para se facer cos dereitos sobre Buck Rogers, que na actualidade pertencen á Nu Image/Millennium, que á súa vez os obtivo este ano da Dille Trust. A Millennium quere aparecer nos títulos de crédito do filme pero non estar vencellada na produción diária.

John Flint Dille, un amigo de Miller, opera a empresa, o que proababelmente foi o comezo dos rumores, iniciados no intre da adquisición da Millennium, que indican que o guionista de cómics reconvertido a director pdoería ser o realizador deste filme. Pero o certo é que Miller non estaba vencellado naquel intre, e que só chegou ao proxecto cando a Odd Lot entrou no mesmo.

Miller será o guionista e director desta adaptación do clásico persoaxe do cómic á pantalla grande; e ainda que polo de agora só se saben cousas moi superficiais, que son as primeiras ideias de Miller sobre o proxecto, agárda-se que sexa unha visión moi escura, con moitos dos elementos identificadores do seu cinema, coma a corrupción e a redención.

Este será con case total seguridade o novo proxecto de Miller, ainda que se comentaba que o seu seguinte filme sería a secuela de Sin City.

A história de Buck Rogers, unha das primeiras iconas do cómic que entrou no tema da exploración espacial, comezou nos anos 20 e xenerou ao longo do tempo moitos filmes e séries de televisión.

Miller confirma Sin City 2
O guionista de cómic e director de cinema Frank Miller estivo hoxe en Londres e os xornalistas lle preguntaron sobre a agardada secuela do filme que dirixiu el mesmo en 2006, Sin City. E a súa resposta foi moi positiva, xa que confirmou que a segunda parte xa está en marcha.

«Sin City 2 está escrita«, dixo. «É principalmente un asunto de traballar nos detalles da produción. Espero facer isto con Robert Rodriguez outra vez nas mesmas circunstáncias nas que fixemos a primeira, e poderiamos comezar a rodar en abril«.

O que non quixo revelar foi ningún detalle sobre o argumento, pero si deixou entrever que hai moitas posibilidades de que Sin City 2 visite as salas de cinema antes de que remate o ano que ven.

Zero-G, un videoxogo ao cinema
A 20th Century se fixo cos dereitos de Zero-G, un videoxogo de ciéncia-ficción da Union Entertainment creado por Daniel Jevons, e que ainda está por aparecer. O seu argumento é un thriller baseado nun ataque devastador con armas nunca vistas até agora contra unha cidade americana.

O proxecto é pasar ao cinema este xogo contando para elo coa produción de Richard Leibowitz, Wyck Godfrey da Temple Hill Entertainment e Marty Bowen e mais Ellen Goldsmith-Vein da Gotham Group.

O trato supón a primeira vez que un videoxogo da Union pasa a se converter en película, pero non é a primeira vez que unha película é transformada en videoxogo pola Union, xa que en 2007 apareceu The Darkness e ainda está por chegar ao mercado Sin City, baseadas ambas as dúas en novelas gráficas de Frank Miller.