NOVA FANTASIA » jack kirby

A Marvel contra-ataca nos xulgados
A compañía Marvel Entertainment, proprietária de mais de 5.000 personaxes de ficción, apresentou unha demanda contra os herdeiros do debuxante Jack Kirby, que pretenden recuperar os dereitos sobre alguns súper-heroes, incluídos Spiderman ou O Incríbel Hulk.

Na demanda tramitada nun tribunal federal en Manhattan esta compañía, que foi adquirida pola Disney o ano pasado, pide ao xuiz que declare inválidas as reclamacións dos herdeiros de Kirby, quen traballou durante mais dunha década na empresa.

A Marvel explicou que en setembro pasado recibeu 45 avisos legais dos herdeiros de Kirby alusivos á cancelación futura dos dereitos de propriedade da empresa sobre alguns súper-heroes, incluídos os X-Men e Os Catro Fantásticos, e histórias publicadas entre 1958 e 1963. Os herdeiros do debuxante consideran que entre 2014 e 2019 lles corresponderá recuperar alguns dereitos trasferidos á Marvel, algo para o que esta empresa considera que non hai base legal.

A compañía de cómics, que ten a súa sede en New York, considera que as aportacións de Kirby ás suas publicacións, como os de outros escritores e debuxantes coetáneos, eran traballos contratados e dos que a Marvel é a única proprietária.

O avogado da empresa, John Turitzin, manifestou que as reclamacións dos herdeiros «son un intento de escribir de novo a história das relacións de Kirby coa Marvel«.

Marvel explicou que as leis federais sobre dereitos de autor estabelecen que aqueles traballos creados a petición e a costa dun editor durante os anos nos que ese artista traballou para a empresa son propriedade da compañía contratante e sinalou que os traballos aos que aluden os herdeiros axustan-se a esa categoría.

A empresa manifestou que os editores eran os encarregados de determinar en que traballos participaría Kirby, ao igual que con outros escritores e debuxantes, e eran pagados por iso.

O propósito da demanda apresentada pola empresa «é simplemente deixar as cousas claras» e obter unha declaración xudicial de que os avisos de cancelación de dereitos non son validos, segundo Turitzin.

Os herdeiros de Kack Kirby darán batalla
Os herdeiros de Jack Kirby, o lendário co-creador de case todos os persoaxes da Marvel Comics, coma o Capitán América, Os Catro Fantásticos, a Patrulla X, os Vingadores, Iron Man, Hulk, Silver Surfer e Thor, anunciaron que teñen intención de demandar á Marvel e mais á Disney coa intención de que se declare que os dereitos de autor sobre os persoaxes lles deben ser reintegrados a eles. A demanda incluirá ás produtoras que fixeron filmes e séries de televisión cos seus persoaxes, coma a Sony, a Universal, a 20th Century Fox ou a Paramount Pictures.

Coma no caso de Jerry Siegel, cuxos herdeiros veñen de gañar un preito polo que se lles recoñece a propriedade sobre o persoaxe de Superman, os herdeiros de Kirby desexan que os dereitos de autor sobre os persoaxes e polo tanto os benefícios xerados con eles regresen ás súas mans. Para elo, os herdeiros servirán-se dos mesmos avogados que xa obtiveron esta vitória no caso de Siegel. O despacho de Toberoff & Associates está especializado nestes casos e a súa sona nestes intres é inmensa após de gañar o caso contra a DC e mais a Warner.

As alegacións, se son xustificadas, permitirían que os dereitos regresasen aos herdeiros a partir de 2014. Mentres tanto, a Marvel e mais a Disney continuarían explotando eses dereitos nos cómics e nos filmes. A posibilidade que se abre é que os herdeiros de entren en negociacións coa Marvel e cheguen a un acordo que lles permita seguir publicando os cómics baseados no seu traballo.

Mentres viviu, Kirby loitou coa Marvel durante anos para que lle fose recoñecido o dereito á propiedade sobre alomenos o traballo físico que realizou (os debuxos en si mesmos), e se lle pediu que asinase documentos polos que renunciaba específica e irrevocábelmente aos dereitos de autor sobre os persoaxes, algo que sempre se negou a facer. Ademais, contribuiu á loita doutros creadores dentro da Marvel, coma Steve Gerber, co-creando Destroyer Duck xunto a Gerber nun libro adicado ao Pato Howard que ía no benefício destes artistas.

Nacido co nome de Jacob Kurtzberg, Jack Kirby está considerado coma o debuxante de superheroes mais salientábel do mundo, se ben traballou noutros xéneros de cómic, coma o romance, os cómics de guerra e os de ciéncia-ficción. O seu traballo dentro da DC tamén proporcionou moito para poder facer o recente éxito de vendas da série Final Crisis da DC. Actualmente, a editorial Dynamite, de acordo cos herdeiros de Kirby, está a traballar nunha nova liña de persoaxes deste autor, o «Kirbyverso», publicando persoaxes que nunca apareceron nin na Marvel nin na DC.

Jack Kirby finou en 1994, deixando catro fillos, Susan, Neal, Barbara e Lisa, e dous netos, Jeremy e Tracy.

O Home Formiga segue a se escribir
O director Edgar Wright desvelou á prensa que o seu proxecto de filme Ant Man ainda está na fase de guión.

«Está escrito, e estamos a facer un segundo guión«, dixo Wright (Shaun of the Dead). «Vai ser menos abertamente cómico do que nunca fixen até agora. É máis coma unha aventura de acción de ciéncia-ficción pero cun toque de comédia, co mesmo espíritu dos escapistas e todo iso. Certamente non vai ser unha paródia dos superheroes nin un pastiche, e certamente non vai ser algo coma Cariño, encollín aos nenos«.

Ant Man está baseado na franquía do popular superheroe dos Comics Marvel sobre un persoaxe que pode encoller-se e comunicar-se cos insectos.

Wright revelou que o filme fará uso das dúas encarnacións do persoaxe: o científico Hank Pym, tal e coma foi creado por Stan Lee e Jack Kirby, e Scott Lang, a última encarnación do heroe. «Ah, ben, podería ser Scott Lang ou Hank Pym, ou se cadra os dous«, dixo Wright. «OK, serán os dous. Agora xa tedes a exclusiva«. Wright está a co-escribir Ant Man xunto a Joe Cornish.