NOVA FANTASIA » james bond

Cinco novas entregas con Daniel Craig
Con tan só dúas películas estreadas e con 43 anos de idade, o actor Daniel Craig podería converter-se no axente 007 mais lonxevo de todos cantos existiran, após de recebir unha oferta multimillonária.

Nunha entrevista coa prensa sensacionalista inglesa, o produtor da saga de James Bond Michael G. Wilson dixo que lle gostaría que Craig fixera cinco filmes mais após de rematar a rodaxe da súa actual terceira película, elevando asemade o total a oito.

Iso faría de Craig o James Bond con mais percorido, por riba de Roger Moore con sete, Sean Connery con seis e Pierce Brosnan con catro. Wilson dixo que «é de feito algo que temos que discutir con el unha vez que dea rematado esta rodaxe. A rodaxe foi moi ben até agora e encantaría-me que Daniel sobrepasase o récord de Roger e fixese oito películas«.

Ademáis engadiu: «Foi un absoluto pracer ter por aquí a Daniel porque se toma o papel moi en sério. Non hai ninguén mais apaixoado en lograr que estes filmes funcionen ca el, é o soño de calquera cineasta. Moita xente dixo que Daniel é o seu Bond favorito despois de Sean Connery e eu non podo discutir iso. Está a facer un grande traballo«.

Seica Craig está a gañar 9,5 millóns de euros polo seu traballo no filme dirixido por Sam Mendes Skyfall. Ao respeito do filme, Wilson dixo que o tón é moito mais próximo aos días do Bond interpretado por Connery: «o director Sam Mendes e mais Daniel están levándo-o de volta aos anos 60, mais tipo Sean. Coido que iso é o que os fans queren. Hai un senso máxico de Goldfinger ao seu redor. É moi emocionante«.

Acordo por 007
Nunha nota de prensa feita pública hoxe, a Sony Pictures Entertainment ven de anunciar que chegaron a un acordo coa MGM para co-financiar e distribuir nas salas de cinema a 23ª longametraxe de James Bond en todo o mundo.

A Sony estreará o vindeiro filme desta clásica saga fantástica e de espías o 9 de novembro de 2012 en todo o mundo, agás nos países onde a Metro conta con dereitos de distribución. O acordo inclúe o mesmo pacto para cando se faga a seguinte entrega da saga, a que será a número 24.

Após deste acordo, seica escomezará unha etapa de colaboración entre os dous xigantes, que chegaron ao compromiso de explorar conxuntamente as posibilidades de producir os filmes que fagan respectivamente durante os vindeiros cinco anos.

A Sony xa producira Casino Royale e Quantum of Solace, as mais recentes películas de 007 protagonizadas por Daniel Craig, o que lle reportou enormes benefícios á franquía.

Bardem, o malo de 007?
A Javier Bardem chóven-lle as ofertas nos últimos tempos, e algunhas delas semellan moi xugosas como para lles dicir que non. De feito, ven de recebir unha proposta para coprotagonizar o vindeiro filme, o número 23, da saga de James Bond, que deberá estrear-se o 9 de novembro de 2012.

Xeralmente o coprotagonista dos filmes de 007 é o vilán, así que ese é o papel que posíbelmente lle foi ofrecido ao actor español. A EON Productions fixo a oferta a semana pasada para que participe xunto a Daniel Craig e mais o director Sam Mendes nunha produción que debe escomezar a se rodar este outono.

Polo de agora o maior problema é que Bardem xa conta con outra excepcional oferta sobre a mesa, a do pistoleiro Roland Deschain na adaptación que Ron Howard dirixirá na pantalla grande da saga de libros de Stephen King A Torre Escura. En teoría Bardem podería facer ambos papeis, pero axustando moito a súa axenda.

Nunha recente entrevista no xornal The Los Angeles Times, o mesmo Bardem dixo que é un grande fan da saga de James Bond e que ainda non lle confirmou nada a Sam Mendes, e que primeiro quere lér o guión. Nombergantes, xa se reuniu con el e todo semella indicar que este é un papel difícil de rexeitar: «están a muda-lo todo, a dinámica enteira. Eu sería a némese de Bond, si, pero non é tan óbvio. Todo é mais subtil. É moi intrigante«, dixo.

007, o regreso oficial
Unha nota de prensa oficial da MGM ven de confirmar por fin a boa nova que estabamos a agardar sobre o regreso de James Bond á pantalla grande. Segundo o comunicado, Michael G. Wilson e Barbara Broccoli da EON Productions, xunto a Gary Barber e Roger Birnbaum, copresidente e CEO da Metro-Goldwyn-Mayer, anúncian que a 23ª entrega da série de James Bond comezará a súa produción a finais de 2011, coa vista posta nunha estrea que deberá producir-se para o 9 de novembro de 2012.

Como xa estaba anunciado, Daniel Craig regresará ao papel do lendário axente secreto británico, con Sam Mendes dirixindo un guión escrito por Neal Purvis, Robert Wade e John Logan.

Nas últimas novas rumoreába-se que o actor de teatro Simon Russell Beale, a quen puidemos ver interpretando ao novo ministro do interior inglés na série da BBC Spooks, podería interpretar o papel de vilán neste filme.

Bond de volta
Mentres que a MGM continúa o seu proceso de reorganización após do concurso de acreedores que está a pasar, os seus plans para a seguinte entrega da franquía da saga de James Bond comezan a ser pasos mais e mais decididos.

O mércores da semana pasada o compositor David Arnold, autor da música das cinco anteriores fitas de 007, dixo nunha entrevista que ven de recibir novas de que o filme está en marcha e que el só está a agardar ao novo guión para se poñer mans á obra.

E o luns a actriz Kate Winslet revelou nunha entrevista nun tabloide inglés que o seu home, Sam Mendes, aínda está vencellado á dirección: «Sam vai facer o seguinte filme de James Bond, todo vai ben, e todos estaremos en Inglaterra se iso acontece. É un compromiso tan importante para el que non é xusto andar viaxando todo o tempo dende New York a Londres«, dixo Winslet. O xornal indicou asemade que Mendes e mais a produtora Barbara Broccoli xa mantiveron várias entrevistas para falar do casting, para o que a mesma Winslet non está interesada.

Nombergantes, o veterán actor teatral e amigo de Mendes Simon Russell Beale semella estar a ser considerado para un papel. Mália ser un actor do teatro, Beale xa apareceu en filmes anteriormente, coma The Deep Blue Sea, ainda por estrear. E na televisión xa conta con algunha experiéncia en fitas de espías, porque é o intérprete do Ministro do Interior inglés William Towers na série da BBC Spooks.

James Bond desbloquéa-se
A produción do vindeiro filme da saga de James Bond seica poderá retomar-se após de que os estudos que posúen os dereitos sobre a franquía, a Metro Goldwyn Meyer, semellen ter resoltos os seus recentes problemas financeiros. Dende había meses a continuación do filme de 2008 Quantum Of Solace estaba paralisada por mor das débedas dos estudos.

Nombergantes, o acordo de reestruturación da débeda coa Spyglass Entertainment salvou á Metro e tamén ás moitas películas que estaban por ficar no estado de proxectos pendentes para sempre.

«A MGM moverá-se rapidamente para implementar ese plan, que reducirá dramáticamente a súa carga de débedas e porá á compañía nunha posición forte para executar a súa estratéxia de negócio«, segundo explicaron fontes dos estudos nun comunicado feito público hoxe mesmo.

Mália o anterior, algunhas voces advirten que o vindeiro filme de Bond deberá rebaixar considerábelmente o seu orzamento. Bond é unha aposta segura polos cartos, pero xa ficou demostrado noutras ocasións que se pdoe facer unha boa película de 007 sen acudir tanto a explosións e efectos visuais.

Sam Mendes era o director que estaba vencellado a este proxecto antes da súa suspensión e agárda-se que ainda estea dispoñíbel para continua-lo.

James Bond, suspendido
Hai un poucos meses que o desenvolvemento da 23ª película da saga de James Bond foi paralisada indefinidamente pola EON Productions, polo menos até que as finanzas da MGM se aclarasen un pouco.

E dende aquela non temos nin unha soa nova mais. Excepto que esta semana dous informes aparecidos na prensa inglesa anunciaban que fontes internas dos estudos afirman que o proxecto non está no limbo, senón directamente morto.

Pero pola súa banda, a EON quere manter o tema dentro dunha vaguedade ben calculada, sen confirmar oficialmente a cancelación do proxecto e sen suxerir que non haxa novas nesta história: «Non sabemos cando se continuará o proxecto e non podemos comentar ren mais neste intre«.

O que sinifica todo isto? Pois que non hai moitas cousas novas que dicir. Para escomezar, Sam Mendes xa non será o director? É moi probábel. Os problemas da MGM manterán-se ao longo dos vindeiros meses como mínimo e Mendes non pode estar agardando a que rematen.

E o que acontece co guión de Peter Morgan? Iso tamén é incerto pero seica xa non podemos contar con el. Todos os anteriores esbozos de guión presentados para todos os filmes da saga de James Bond pasaron por importantes graos de reescritura. Hai pouco soubo-se ao respecto do filme dos anos 90 O Mañá nunca morre que durante o desenvolvemento do proxecto titulou-se Shatterhand e que nel aparecía un doutor malvado que usaba armas químicas e que pretendía evitar que Inglaterra devolvese a súa colónia de Hong Kong aos chineses en 1996. Como é óbvio, nada disto chegou ás pantallas nunca, polo que xa podemos imaxinar como de grande foron as modificacións no guión final.

Daquela está morto James Bond? Para nada. A pregunta non é se a franquía está morta ou vai desaparecer, senón de que xeito regresará ás pantallas. Sendo unha das sagas mais lucrativas da história do cinema, é mais ca dubidoso que os problemas nos estudos que a producen sexan abondo para matar ao superespía ao servizo da Súa Maxestade Británica.

Nombergantes, o tempo segue pasando e cada vez é mais seguro que Daniel Craig deixará de ser James Bond e que será sustituido após de tan só dúas películas interpretando ao persoaxe, a primeira delas con moito éxito e a segunda non tanto. Pero como pode testemuñar Timothy Dalton, non sería a primeira vez que o actor que dá vida a 007 marche antes de tempo.

Atrasos na MGM
Peter Jackson ven de confirmar que os problemas da MGM terán un impacto directo na adaptación ao cinema da novela de J.R.R. Tolkien O Hobbit.

Preguntado sobre o atraso na rodaxe até o final de ano, Jackson respondeu decindo que os estudos ainda non lle deron luz verde ao proxecto e que mália todas as especulacións, nunca houbo unha data oficial de lanzamento do filme. O cásting non pode escomezar até que se aprobe o proxecto, e iso é algo que non acontecerá até que alguén merque á MGM ou os estudos pasen por unha profunda reestruturación dalgún xeito.

Pero todos estes problemas non detiveron a Jackson de seguir traballando no guión do segundo filme. O director e produtor revelou que «vimos de entregar o guión. Literalmente a semana pasada, entregamos o segundo dos dous guións, o primeiro esbozo. Así que os estudos xa teñen os dous guións, o que é un fito; e se había algo polo que estabamos a agardar, era por nós a que remataramos os guións, porque estivemos a escribir os mais rápido que puidemos, pero levou-nos todo este tempo poder remata-lo. Así que aceptamos calquera responsabilidade que haxa pola velocidade«.

Asi que como están as cousas agora? Jackson di que «estamos no proceso de presupostar os filmes, e logo esperamos poder chegar a un orzamento co que a xente dos estudos estea contenta, e que lle dean a luz verde ás películas e anunciemos as datas de rodaxe. Estaría contento de poder rodar antes de finais de ano. Imaxinaría outubro, novembro, que esteamos por aló de rodaxe. Pero eu non vou anuncia-lo«.

Por outra banda, pouco despois de que Jackson anunciase este atraso, os produtores da saga de James Bond Michael G. Wilson e Barbara Broccoli dixeron practicamente o mesmo sobre a vindeira entrega de 007.

O traballo no filme ficou paralisado por parte da EON Productions após de que a Metro fracasara no seu intento de atopar un comprador. O protagonista Daniel Craig dixo que ten confianza nos produtores e que agarda que se continúa axiña a rodaxe.

A produción estaba prevista para se estrear en novembro de 2011, pero de continuar a paralisación, o atraso podería afectar á data de estrea.

Mendes dirixirá a 007?
Todo semella indicar que o director inglés Sam Mendes (Revolutionary Road, Jarhead) está en negociacións para se encargar da realizacion da 23ª entrega da saga de James Bond.

Mália que nun primeiro intre anunciara-se que podería haber un adiamento nesta franquía por mor dos problemas financeiros da MGM, que está á venda, seica os plans para este filme seguen adiante e mesmo podería escomezar-se a rodaxe a mediados de verán. A Metro ainda non confirmou ren de todo isto.

En declaracións anteriores, o produtor Michael Wilson revelara á prensa que «a nosa axenda está un pouco no aire coa situación da Metro Goldwyn Mayer, así que temos que ser flexíbeis. Simplemente non sabemos abondo sobre a situación para poder comenta-la, pero sabemos que é incerta«.

As novas chegan pouco despois dos comentários escoitados ao guionista Peter Morgan, que está a traballar no guión deste filme, e que indicou que o atraso era inevitábel. A MGM espera que lle comecen a chegar as primeiras ofertas de compra nas vindeiras semanas.

A principal preocupación é que se regrese ao problema legal que en 1989 rematou con seis anos de pausa na saga, e que impediu rodar mais filmes desta franquía até que regresou en 1995 con Goldeneye e cun novo James Bond, Pierce Brosnan.

O que si que é oficial é que os guionistas habituais de Bond Neal Purvis e Robert Wade volverán a se encargar do libreto, xunto ao autor de Frost/Nixon, Peter Morgan. Coma sempre, Michael Wilson e Barbara Broccoli serán os produtores, mentres que Daniel Craig repetirá o seu papel como axente 007. Craig e Mendes xa traballaran anteriormente xuntos no filme de 2002 Camiño á Perdición.

Problemas graves na MGM?
O bombazo desta semana estivo protagonizado por un rumor aparecido en vários médios de comunicación e segundo o cal a MGM Pictures está por crebar.

Segundo fontes internas, os estudos do león precisarían 20 millóns de dólares de contado para facer fronte a diversos pagos inminentes, e outros 150 millóns para poder rematar o ano e poder continuar producindo os proxectos pendentes. Durante a fin de semana houbo contactos con todos os accionistas en conversas que duraron segundo din várias fontes entre dúas e seis horas, coa intención de obter financiamento e de adiar algúns pagos, pero seica non se resolveu grande cousa. A compañía aínda ten débedas por un total de 3.700 millóns de dólares e os acreedores queren obter a creba xudicial como última opción de poder cobrar parte das inversións que fixeron no seu día.

Como é lóxico, de ir adiante acreba, iso sinificaría o final de dous salientábeis proxectos que están a se realizar nestes intres: O Hobbit de Peter Jackson e mais a seguinte entrega de James Bond, que após de dúas películas rodadas pola Sony regresa á Metro. Nombergantes, en ambos os dous casos nin a Warner Bros. nin a Eon Productions teñen intención de que lles afecte unha posíbel bancarrota da MGM xa que os filmes teñen evidentes esperanzas de seren senllos éxitos no despacho de billetes e de que a inversión sexa mais ca recuperada.

O novo Bond xa ten tres guionistas
O guionista de Frost/Nixon Peter Morgan unirá-se aos veteráns da saga de James Bond Neal Purvis e Robert Wade para escribir conxuntamente o guión da vindeira entrega do superaxente secreto británico.

Os produtores Michael G. Wilson e Barbara Broccoli da EON Prods. e mais a MGM queren sacar adiante canto antes a que será a 23ª entrega da popular série de espías.

Purvis e Wade traballaran xuntos en Quantum of Solace e Casino Royale.

Xa se sabe que Daniel Craig repetirá o seu papel como axente 007, e que Wilson e Broccoli serán unha vez mais os produtores. Ainda non hai data para o escomezo da rodaxe, pero a EON e mais a MGM queren que todo estea disposto para poder estrear o filme en 2011.

Este novo filme será o primeiro no que a MGM sexa a única distribuidora após de que nos dous anteriores tivera que compartir esta tarefa con diversas empresas. As primeiras 20 películas tamén foran distribuidas pola Metro.

Morgan escribiu o guión e mais a adaptación á pantalla grande de Frost/Nixon, así coma O derradeiro rei de Escócia e A Raíña. Ultimamente estivo a traballar en The Special Relationship para a HBO, e en Hereafter para a DreamWorks.

O traballo de Purvis e Wade puidémo-lo ver en The Brazilian Job, a secuela de The Italian Job, na que tamén foron os guionistas.

Winehouse quere vingar-se de James Bond
A cantante londinense Amy Winehouse prepara a súa vinganza após de ser humillantemente descartada do último filme de James Bond, Quantum of Solace, que se estreará o 31 de outubro en Inglaterra, e no que ela ía compoñer e interpretar o tema principal.

A polémica cantante revelou que pensa rematar a gravación de Another way to die que empezou con Mark Ronson e podería mesmo saca-la ao mercado o mesmo día da estrea do filme, para fastidiar aos produtores.

Os americanos Alicia Keys e Jack White, da banda White Stripes, foron os finalmente elixidos para gravar a dúo a canzón para a película, despois de que en maio se fixera público que Winehouse non estaba en condicións de face-lo.

O compositor e produtor musical Mark Ronson, colaborador de Amy no proxecto, confirmou que ían abandoa-lo a médias ao non estar ela «preparada para se centrar na música» tras vários problemas de saúde por mor da súa adición ás drogas.

«Deberían ter agardado un pouco máis«, dixo en alusión aos productores da película. «Se querían un éxito mundial, téño-os todos aquí dentro«, engadiu, sinalándo-se a cabeza.

Amy quere amosar aos directivos cinematográficos que «cometeron un erro» ao prescindir dela: «Supoño que querían algo ben definido e aburrido. Cando saque a miña versión, e estou tentada de face-lo o mismo día da estrea, será o maior éxito«, presumiu a cantante.

Amy Winehouse cantará para James Bond
A polémica cantante inglesa Amy Winehouse ven de ser a elixida para compoñer, xunto a Mark Ronson, o tema principal da nova entrega de James Bond, papel que volverá encarnar Daniel Craig. Ambos atopan-se xa gravando Quantum of Solace.

Esta canción será «moi escura«, segundo se puido saber, pero encaixará «perfectamente» no peculiar estilo da artista, quen recebiu a nova o pasado mes de febreiro, se ben tivo que mante-la en segredo.

Como anécdota, os produtores esixiron a Winehouse a condición de que se manteña «limpa de drogas» até alomenos uns días despóis da gravación da banda sonora.

007, fóra de Perú
Quantum of Solace, a vindeira 22ª película da saga de James Bond, non se rodará finalmente en Cusco, Perú, por mor do tempo atmosférico que resulta imprevisíbel.

As condicións metereolóxicas, imposíbeis de predicir, poderían dar ao traste coa produción, segundo informaron fontes próximas aos estudos.

Segundo Margarita Morales, de Iguana Productions, a compañía peruana que axuda á inglesa EON Productions na rodaxe, os ingleses non queren arriscar-se a entrar na cidadela inca sen saber de antemán se o tempo lles será favorábel.

«Non van filmar porque se requerían unhas condicións especial para o filme e estas xa non existen. A suspensión débe-se principalmente aos trocos climáticos«, dixo Morales.

Morales negou que a decisión dos estudos se debese ás protestas ou aos conflitos políticos que están a ter lugar na rexión.

Quantum Of Solace
O título do vindeiro filme de James Bond será Quantum of Solace (algo así coma Anaco de consolo), segundo veñen de anunciar os produtores nunha rolda de prensa celebrada o día 24 nos Estudos Pinewood ás afóras de Londres, onde está a se rodar a película.

Daniel Craig regresará no papel de 007. A 22ª entrega desta venerábel saga é a continuación do filme de 2006 Casino Royale e retomará os acontecementos onde ficaron na anterior parte, con James Bond considerando a vinganza após da traizón do seu amor, Vesper Lynd.

A rodaxe escomezou nos estudos Pinewood a primeiros deste mes. Após de Londres, a rodaxe continuará en Áustria, Itália e Panamá. Judi Dench regresa no papel da xefa do MI-6, M, e Mathieu Amalric (Le scaphandre et le papillon) interpreta ao vilán de turno. No reparto está incluida ademáis a actriz ucraína Olga Kurylenko no papel da misteriosa «rapaza Bond» Camille.

Quantum of Solace ten prevista a súa estrea en Inglaterra e nos Estados Unidos para o vindeiro 7 de novembro.

Amalric, novo falcatruán de Bond
O actor francés Mathieu Amalric (Le Scaphandre et le papillon) interpretará ao principal personaxe malvado na vindeira 22ª entrega da saga de filmes de James Bond, ainda sen título oficial.

Amalric deberá enfrontar-se ao axente 007, encarnado novamente por Daniel Craig nesta produción da Columbia Pictures e da MGM.

Un executivo dos estudos confirmou asemade o papel de Jeffrey Wright, quen interpretou ao axente da CIA Felix Leiter no anterior filme, Casino Royale, e que repetirá o mesmo papel en Bond 22.

A rodaxe xa escomezou nos estudos Pinewood de Londres, case un mes máis tarde do que se tiña previsto orixinalmente. Ainda así, a data de estrea segue a se manter para o 7 de novembro, baixo a dirección de Marc Forster.

Pola súa banda, o xornal suízo Sonntags Zeitung informara de que o actor desa nacionalidade Anatole Taubman fora contratado para facer un papeliño tamén coma malvado opoñente de James Bond.

Mentres, os produtores Michael G. Wilson e Barbara Broccoli e mais os estudos están ainda considerando a quen contratar para o papel feminino protagonista, pero darán a coñecer a súa decisión dentro das vindeiras dúas semanas.

Finou a señorita Moneypenny
A actriz Lois Maxwell, a inesquecíbel señorita Moneypenny nas películas de James Bond, morreu este sábado nun hospital australiano aos 80 anos de idade.

Maxwell, nacida na cidade canadiana de Kitchener, na província de Ontário, interpretou o papel da secretária do xefe do MI6, o servizo de espionaxe inglés, até en catorce ocasións, máis ca ningunha outra actriz.

Gañadora do Globo de Ouro á actriz revelación a finais dos anos 40 e cunha longa carreira en cinema e televisión, Maxwell será especialmente lembrada polo papel daquela secretária namorada de James Bond, coa que éste desplegaba todos os seus encantos.

A súa primeira actuación foi en Dr. Non en 1962, xunto a Sean Connery, e a derradeira, en Panorama para matar, en 1985, con Roger Moore.

En declaracións á cadea inglesa BBC, este último actor amosou-se apenado pola nova e lembrou a Maxwell coma unha excelente actriz e unha persoa «sempre divertida» e «absolutamente perfecta para o papel» de Moneypenny.

Moore laiou-se de que, unha vez que el deixou de interpretar a 007, ela non seguise nas películas protagonizadas por Timothy Dalton.