NOVA FANTASIA » j.k. rowling

Desestimada outra demanda contra J.K. Rowling
A xuiza Shira A. Scheindlin, titular do Xulgado de Districto para o Sul de New York, ven de desestimar unha demanda na que se lle acusaba á escritora J.K. Rowling de copiar o traballo doutro autor cando escribiu Harry Potter e o cáliz de fogo.

Os herdeiros do defunto escritor Adrian Jacobs denunciaran que a trama do libro, o cuarto dos sete que integran a exitosa saga do neno meigo, copiaba partes da obra Willy The Wizard, incluido un concurso de máxia, e que Rowling tomou prestada a ideia de meigos viaxando en trens.

A Scholastic Corp, a editorial que publica os libros da saga nos Estados Unidos, recibiu con ledícia a decisión e citou as palabras da senténcia cando din que «o contraste entre o concepto total e o ambiente das obras é tan absoluto que calquera comparación séria entre ambas forza a credulidade«. «A desestimación do xulgado apoia a nosa postura de que o caso estaba completamente infundado e que comparar Willy The Wizard coa série de Harry Potter era absurdo«, salientou a editorial nun comunicado.

En outubro, un xuíz a cargo dun caso semellante por pláxio en Londres dixera que as afirmacións feitas por Paul Allen, administrador da herdanza de Jacob, eran «improbábeis«, ainda que non aceptou a petición dos avogados de Rowling e da sua editorial británica para desestimar inmediatamente o caso.

Segundo o administrador da súa herdanza, Jacobs – que escribiu Willy The Wizard en 1987 – procurou os servizos do axente literário Christopher Little, quen posteriormente converteu-se en axente de Rowling. Ademais engadiu que Jacobs morreu na pobreza nun hospital de Londres en 1997.

A Bloomsbury, editora de Harry Potter no Reino Unido, dixo que Rowling nunca escoitara o nome de Jacobs antes de que en 2004 se presenta-se a primeira demanda por dereitos de autor, case sete anos despois da publicación do primeiro tomo da saga de Harry Potter.

J.K. Rowling acusada de pláxio
Harry Potter e a Pedra Filosofal

O pasado mes de xuño os herdeiros do escritor Adrian Jacobs interpuxeron unha demanda no Tribunal Supremo de Londres contra a editorial Bloomsbury, asegurando que J.K. Rowling copiara partes considerábeis de As aventuras de Willy o Mago, escrito por Jacobs en 1987.

A demanda aseguraba que o argumento de Harry Potter e o cáliz de fogo copiou argumentos da trama de Willy o Mago, incluido un concurso de meigos, e que a saga Potter tomou prestada a ideia de que os meigos viaxaran en trens.

Rowling foi engadida á causa como acusada, o que provocou a sua resposta personal: «Sínto-me entristecida porque se presentara outra demanda decindo que roubei material doutra fonte para escribir Harry«, dixo nun comunicado. «O feito é que nunca oíra falar do autor do libro antes da primeira acusación daqueles relacionados coa herdanza do autor en 2004; certamente nunca lin o seu libro«.

Rowling engadiu que «as denúncias que se presentaron non son só infundadas senon absurdas, e estou decepcionada porque se nos poña na situación de ter que nos defender a min a e miña editorial no Reino Unido, a Bloomsbury. Recurriremos ao tribunal decontado para que dictamine que a denúncia non ten validez e que polo tanto debería ser desestimada sen demora«.

Os sete libros do rapaz meigo, dos que Harry Potter e o cáliz de fogo é o cuarto, bateron récords de publicación, vendendo mais de 400 millóns de cópias en todo o mundo e dando orixe a unha saga cinematográfica que recadou miles de millóns de euros.

A Bloomsbury negou rotundamente as denúncias de pláxio cando o caso chegou por primeira vez aos tribunais.

A Stephen King non lle gusta Crepúsculo
Ao mestre do terror Stephen King no lle gusta ren a saga de Crepúsculo. De feito, o autor de best-sellers coma It, O relostro ou Carrie afirma que a creadora da saga de vampiros adolescentes, Stephenie Meyer, é unha escritora mediocre, que escribe para rapazas adolescentes e que é incapaz de crear nada que «pague a pena«.

Nunha recente entrevista, King dixo que «A xente ve-se atraída polas histórias, polo ritmo, e no caso de Meyer está claro que ela escribe para unha xeración de rapazolas que ve como se abre perante os seus ollos a caixa forte do amor e o sexo nestes libros«. E engadiu que o mundo vampírico é unha espécie de «taquigrafía» para trasladar algúns sentimentos e experiéncias para as que as adolescentes ainda non están listas.

Ademais, King no tivo reparo en comparar a saga de Crepúsculo coa de Harry Potter, unha comparación na que o aprendiz de meigo sae moito millor parado cós vampiros xa que a preferéncia de King é clara cara J.K.Rowling. «As dúas, Rowling e Meyer, diríxen-se directamente ao público novo. A diferéncia real está en que Rowling é unha escritora fantástica e Stephanie Meyer non pode escribir ren que pague a pena. Non é moi boa«, sentenciou.

Novo ataque do Papa contra Harry Potter
O Papa (máximo dirixente) da igrexa católica, Bieito XVI, ven de nomear bispo auxiliar de Linz, a terceira cidade de Áustria, a Gerhard Maria Wagner, un relixioso de ideias ultraconservadoras que considera satánico ao persoaxe de ficción de Harry Potter.

O nomeamento foi anunciado antonte pola igrexa católica austríaca, precisando que a sua consagración será o próximo 22 de marzo en Linz.

Wagner, de 54 anos, é coñecido en Áustria polas súas posicións ultramontanas, difundidas por primeira vez en 2001, cando denunciou que as novelas da escritora J.K. Rowling sobre o meigo adolescente Harry Potter «levan a marca do satanismo«.

Non contento con iso, ademáis asegurou que as palabras en latín macarrónico que se usan na obra son semellantes a esconxuros diabólicos, porque segundo dixo, «fan uso dunha língua que ninguén entende, porque se queren mobilizar ás forzas máxicas«.

Beedle o Bardo ao cinema?
Non debería abraiar a ninguén saber que a Warner Brothers quere mais Harry Potter. O derradeiro libro da saga fantástica de J.K. Rowling xa está preparado para dar o chimpo á pantalla grande, pero cando se remate deixará á Warners sen unha das suas principais e mais fiábeis fontes de ingresos. E sabendo que o tren da máxia chega á súa estación terminal, a WB quere tirar mais proveito de Potter. Segundo vimos de saber, teñen o proxecto de pasar ao cinema outro libro de J.K. Rowling: The Tales of Beedle The Bard.

Os contos de Beedle o Bardo (The Tales of Beedle The Bard) é un libro dentro dun libro. A primeira referéncia apareceu en Harry Potter e as Relíquias da Morte, onde se fala del coma un libro de contos lido polos nenos no mundo máxico de Harry Potter. É unha colección de cinco histórias totalmente independentes que Rowling finalmente escribiu e publicou.

As cinco histórias incluidas en Beedle o Bardo son: The Wizard and the Hopping Pot, sobre o fillo dun meigo que hereda un caldeiro cun pe; The Fountain of Fair Fortune, sobre unha fonte onde a xente que se baña nela ve resoltos os seus problemas; The Warlock’s Hairy Heart, sobre un bruxo que utiliza máxia negra para evitar caer namorado; Babbitty Rabbitty and her Cackling Stump, sobre un rei que desexa ficar con toda a máxia para el, pero é vencido por un tocón que rí, e The Tale of the Three Brothers, sobre tres irmáns viaxeiros a quen a morte lles concedeu os seus desexos.

Ningunha desas histórias semella ter conexións entre elas, o que fai especialmente difícil para a Warners encaixa-las nunha soa película… así que poderían ser cinco? Iso semellaría pouco intelixente, xa que son contos curtos e non hai material abondo para facer cinco longametraxes.

A Warners ainda non ten decidido como facer este traballo, pero que ten un forte interese en converter Os contos de Beedle o Bardo en cinema semella moi claro.

Publicarán os contos de Beedle o Bardo
O Children’s High Level Group (CHLG), a organización benéfica inglesa fundada pola creadora de Harry Potter, J.K. Rowling, e mais a eurodiputada Emma Nicholson para axudar aos nenos que viven internados en centros de asisténcia social, ven de anunciar que publicará Os contos de Beedle o Bardo.

Os fans de todo el mundo levan pedindo poder lér os contos infantís do mundo dos magos — creados, escritos a man e ilustrados por J.K. Rowling — dende o pasado ems de cembro, cando Amazon ofreceu 1,95 millóns de libras (2,5 millóns de euros) por un exemplar destinado a fins benéficos — ún dos únicos sete que existen — nunha poxa de Sotheby’s en Londres.

A CHLG xa anunciara que publicaría tres edicións en inglés do libro, que imprimirán e distribuirán Bloomsbury, Scholastic e Amazon, e que sairán á venda o xoves 4 de decembro de 2008. A organización benéfica compráce-se agora en anunciar que Edicións Salamandra recebiu os dereitos exclusivos para traducir, imprimir e distribuir o libro en español, que sairá á venda o 4 de decembro. Todos os cartos recadados coa venda dos exemplares serán doados á CHLG.

Nos contos de Beedle o Bardo están recopilados os cinco contos infantís do mundo máxico que Albus Dumbledore lle legou a Hermione Granger na sétima e derradeira entrega da série, Harry Potter e as Relíquias da Morte, onde só se narra ún: «A fábula dos tres irmáns». Nos contos de Beedle o Bardo aparecen por primeira vez as outras catro histórias.

Outra vitória para Rowling
Un xuiz americano sentenciou onte día 8 a favor da Warner Brothers Entertainment e da escritora J.K. Rowling no seu caso pola publicación dunha enciclopédia non oficial sobre a famosa saga de Harry Potter.

O xuiz Robert Patterson do Tribunal de Distrito de Manhattan sentenciou que a editorial independente RDR Books «non puido establecer unha defensa afirmativa de utilización lexítima» e polo tanto estableceu que debe deter-se a publicación do libro The Harry Potter Lexicon.

Harry Potter mete medo
Os produtores do vindeiro filme de Harry Potter teñen medo de que a seguinte entrega da popular saga de fantasía sexa un desastre, porque J.K. Rowling xa rematou a súa saga e non haberá máis novelas.

Os primeiros cinco filmes foron un grande éxito nos despachos de billetes, grazas en boa medida a que apareceron moi seguidos á publicación de cada ún dos libros de Rowling.

Pero o sétimo e derradeiro libro apareceu nos andeis das librarías o ano pasado, e ainda fican por se facer tres filmes de Harry Potter.

A adaptación ao cinema de Harry Potter e o Príncipe Mestizo está preparada para aparecer nas pantallas para o ano que ven, mentres que o sétimo e derradeiro libro Harry Potter e as relíquias da morte será dividido en dúas películas.

O guionista Steve Kloves admitiu á prensa que «non vou mentir. Estou algo desacougado porque os libros remataron, e a anticipación non será a mesma. Sería un completo desastre se ninguén o dixese«.

Mentres tanto, os fans de Harry Potter deberán agardar até o vindeiro mes de xullo para ver a seguinte entrega das súas aventuras na pantalla grande. O xoves os estudos anunciaron que a estrea de Harry Potter e o Príncipe Mestizo non será, coma estaba previsto, o 21 de novembro deste ano, senón o 17 de xullo de 2009. A Warner Bros dixo que non houbo atrasos na produción, pero que a folga de guionistas atrasara xa outras producións moi salientábeis cuxas estreas estaban previstas para os meses de verán.

O relato de J.K. Rowling vénde-se por 31.000 euros
O relato escrito pola creadora de Harry Potter, J.K. Rowling, que ésta doara para unha poxa en Londres con fins benéficos, foi axudicado o martes por 49.000 dólares (uns 31.000 euros).

O texto, que ten 800 palabras, constitúe unha precuela do seu famoso neno meigo, e o seu contido ficou en segredo  até agora.

Para a poxa os organizadores pediron a vários escritores ingleses, coma Sebastian Faulks, a Prémio Nobel de Literatura, Doris Lessing, ou Margaret Atwood que aportaran un manuscrito escrito por eles.

Dende o princípio confiába-se en que a obra doada por Rowling, que hai só un ano anunciou que non escribiría ningún outro libro de Harry Potter até que pasaran alomenos dez anos, vendería-se a un prezo moi alto.

Esta vez, nombergantes, non acadou os 2,7 millóns de euros que se pagaran noutra poxa por unha série de relatos de fadas escritos e ilustrados a man pola novelista.

O recadado será destinado a English PEN, unha organización que apoia a literatura para un millor entendemento entre culturas, e para Dyslexia Action, que axuda ás persoas con problemas de disléxia.

Orson Scott Card aldraxa a J.K. Rowling
O escritor Orson Scott Card, autor de obras mestras coma O Xogo de Ender, despachou-se a gosto na sua coluna semanal sobre a actitude da súa parceira de profisión J.K. Rowling. A autora da saga de Harry Potter logrou deter este ano a publicación de Lexicon, unha enciclopédia creada por un suposto fan sobre os nomes, feitizos e personaxes deste mundo máxico.

Mália que Steve Vander Ark, o autor da enciclopédia, afirmou que a creara polo amor que sente pola obra, Rowling xustificou a demanda alegando que sentía que as suas palabras foran roubadas. Para Scott Card isto foi a pinga que faltaba, porque «diaños, coido que o argumento de O Xogo de Ender foi roubado por J.K. Rowling«.

Scott Card apóñe-lle a Rowling non o feito de que a obra de Potter poida ter algunha inspiración na súa, se non que proteste polas influéncias doutros autores. Ademáis, lembra que ainda está por se resolver a demanda que ten aberta por parte de Nancy K. Stouffer, autora do libro A Lenda de Rah e os Muggles, protagonizada por un tal «Larry Potter».

Vander Ark sempre afirmou que Lexicon era unha obra de referéncia, non unha creación de seu, e que antes da publicación das novelas xurdiran escolmas semellantes que foran aceptadas de bo grao pola escritora inglesa, pois servian para publicitar os seus libros.

E por riba, a mesma Rowling afirmou en moitas ocasións que mentres escribia, acostumaba acceder a Webs de fans para resolver algunhas dúbidas sobre os próprios nomes que usou na saga e que mesmo o Lexicon estivo online durante vários anos antes de pasar a papel. Card remata dicindo: «A hipocresía de Rowling é tan espesa que me custa respirar«.

Unha precuela de Harry Potter
O segredo do que aconteceu antes de que o neno meigo Harry Potter fora á escola de Hogwarts sairá á luz o vindeiro mes, nunha inusual poxa con fins benéficos.

A escritora J.K. Rowling ven de redactar un esbozo de 800 palabras sobre o que aconteceu antes da saga de sete libros que a converteu en multimillonária, un texto que se poxará o 10 de xuño na libraría Waterstones.

O relato, que remata coa frase «Da história prévia na que non estou traballando — pero foi divertido!«, é unha das 13 pezas creadas por famosos autores, coma o novo escritor de James Bond, Sebastian Faulks, e a prémio Nobel Doris Lessing, que se poxarán no tradicional remate.

«Cal é a túa história? pon-se cada vez máis emocionante, todos estes brillantes traballos de incríbeis escritores e ilustradores, cadaún unha pequena obra de arte«, dixo Gerry Johnson, director da Waterstone. «Nunca soñamos con que J.K. Rowling podería doar algo tan prezado, e estamos incríbelmente agradecidos«, engadiu.

Os cartos recadados doarán-se a institucións benéficas coma English PEN e Dyslexia Action.

Outros autores que doaron os seus traballos son Lisa Appignanesi, Margaret Atwood, Lauren Child, Richard Ford, Neil Gaiman, Nick Hornby, Michael Rosen, Axel Scheffler, Tom Stoppard e Irvine Welsh.

Harry Potter repite primeira parte
Co gallo do décimo aniversário da publicación da primeira novela da saga de J.K. Rowling, Harry Potter e a pedra filosofal, a editorial dos libros do pequeno meigo nos Estados Unidos, a Scholastic, sacará á venda a partir de setembro unha edición especial da sua primeira aventura en Hogwarts.

Segundo informa a própria editorial, o novo libro incluirá novo material escrito pola autora J.K. Rowling ademáis dunha nova ilustración para a portada de Mary Grandpré.

«É marabilloso para min ter de novo a oportunidade de debuxar outra vez a Harry para os fans«, dixo Grandpré. «Agora amosará-se outro lado de Harry… o máis vulnerábel«, engadiu ao se referir ao seu traballo que representa ao cativo Harry ollando para o espello de Oxesed.

O libro sairá á venda o 23 de setembro a un prezo de 30 dólares (19 euros).

O xuizo de Rowling
A escritora inglesa J.K. Rowling pediu este luns con bágoas nos ollos á xustiza americana que impida a publicación dunha enciclopedia sobre a súa série de novelas de Harry Potter por un pequeno editor de Michigan que segundo ela quére-lle roubar 17 anos de traballo.

«Ese libro constitúe un roubo ao por maior de 17 anos de traballo duro«, dixo Rowling perante o tribunal do distrito sul de Manhattan, na xornada de apertura dun xuizo que se anticipa que durará vários días.

Rowling e mais os estudos de Hollywood Warner Bros, que adaptaron os seus libros á pantalla grande, escomezaron unha demanda por violación de propiedade intelectual á editorial RDR Books de Michigan. A saga do popular neno meigo vendeu máis de 350 millóns de ibros en todo o mundo e foi xa traducida a 65 idiomas.

Rowling acusou á editorial de alterar a integridade dos persoaxes e o seu universo de ficción, e dixo que iso motivou a demanda, e non os cartos.

Anthony Falzone, avogado da RDR Books, rebatiu os argumentos afirmando que «se se suprime a publicación deste libro, o público vai perder unha guía de referéncia útil» sobre a longa e complexa saga infantil.

«A enciclopédia non é un sustituto plausíbel de ningunha das novelas da saga de Harry Potter», engadiu Falzone. «É perante todo unha guía de referéncia«.

Segundo Falzone, «a cuestión aquí é saber se a señora Rowling ten o poder para facer desaparecer ao noso libro«.

Vestida cun traxe sastre escuro con finas raias brancas, a escritora admitiu na súa declaración perante o tribunal coa súa avogada que estaba «nervosa» ao comparecer por primeira vez na sua vida perante un tribunal.

Nun intre no que evocaba as dificultades do início da sua carrera literária, Rowling contivo con dificultade as bágoas. «Era todo o que tiña na vida, á parte dos meus fillos«, dixo ao se referir á importáncia das suas novelas.

A escritora de 42 anos dixo posteriormente que se dispón a publicar unha enciclopédia Harry Potter de seu, nun prazo de dous a tres anos, e que case abandoa a querela porque afecta á súa actividade creadora.

«Escribir unha novela é un traballo de amor«, dixo Rowling. «Escribir unha enciclopédia é algo diferente«. «Dous a tres anos sería un prazo razoábel, quero face-lo correctamente«, sinalou. Precisou que o fruto das vendas será directamente entregado a obras de caridade para nenos.

A enciclopedia que RDR Books quere poñer en venda por 24,95 dólares (15,75 euros) é obra de Steve Vander Ark, un admirador de Rowling que posúe un sítio na internet sobre Harry Potter e que segundo os seus avogados «liu as obras de Rowling unhas 50 veces«.

Rowling, quen anteriormente apoiara o sío Web de Vander Ark, dixo no xulgado que ao se enterar do seu proxecto de publicar o libro sentiu-se «sumamente indignada«. «Sentín certo grao de traizón«.

A autora criticou a guía non autorizada: «a enciclopedia non é unha obra de calidade«, dixo. «Hai partes nas que Vander Ark directamente non entendeu a obra«.

Os avogados de Warner pediron ao xuiz que impedira a publicación do libro, que segundo eles limíta-se a reordear alfabéticamente a complexa obra, sen engadir grande cousa. «Toma demasiado e non aporta case nada«, dixo unha das letradas de Rowling.

As relíquias da morte serán dous filmes
Harry Potter e as relíquias da morte, a sétima e definitiva entrega das aventuras do meigo máis popular da literatura, será levada ao cinema en dúas películas que se estrearán en novembro de 2010 e maio de 2011, respectivamente.

Segundo soubo NOVA FANTASIA por médio das súas fontes en Los Angeles, os estudos Warner Bros e os produtores da franquía, baseada nos persoaxes da escritora inglesa J.K. Rowling, anunciarán este xoves que pretenden converter esa obra en dúas películas que se estrearán por separado.

As fitas levarán por nome, simplemente, Harry Potter e as relíquias da morte: Parte I e Harry Potter e as relíquias da morte: Parte II, segundo desvelou o produtor David Heyman.

O director David Yates, que xa se fixo cargo das tarefas de realización en Harry Potter e a Orde do Fénix e Harry Potter e o mistério do Príncipe – en produción -, volverá a se poñer tras das cámaras para dirixir estes dous filmes, que se rodarán de forma continuada.

O escritor Steve Kloves será o encargado de redactar o guión, unha tarea que xa realizou en sete das oito fitas que compoñen a saga.

Harry Potter en galego
Onte púxose á venda Harry Potter e as reliquias da morte, última entrega da serie de novelas de J. K. Rowling, publicado por Editorial Galaxia.

Para celebrar este lanzamento Editorial Galaxia organizou unha série de actividades na FNAC da Coruña e na Casa do Libro de Vigo co fin de lles ofrecer aos harrypotólogos a posibilidade de compartir a espera do lanzamento dun xeito entretido. Unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter tivo lugar un concurso de disfraces de personaxes desta série de libros. Tamén houbo unha charla-presentación a cargo dun grupo de lectores e coñecedores cualificados das aventuras de Harry Potter.

Editorial Galaxia vén publicando, en colaboración con Ediciones Salamandra de Barcelona, a serie Harry Potter en lingua galega. A última entrega, Harry Potter e as reliquias da morte, foi traducida por Laura Sáez, quen tamén prepara a tradución de Harry Potter e a Orde do Fénix. Carlos Acevedo é o tradutor de Harry Potter e o misterio do príncipe.

Este último libro narra os acontecementos que seguen directamente ao libro anterior: Harry Potter e o misterio do príncipe, e conclúe co enfrentamento final, largamente esperado, entre Harry Potter e o mago Lord Voldemort. Éste é o único libro da serie que non inclúe algún comentario da crítica no interior de la portada, na que en cambio se pode ler: «We now present the seventh and final installment in the epic tale of Harry Potter«.

Con estas novas saídas editoriais no ano 2008 Editorial Galaxia presenta en lingua galega a série completa do popular personaxe. O compromiso entre os editores é ofrecer aos seus lectores as obras ao mesmo tempo nas tres lénguas, de xeito que os lectores galegos poidan acceder á novela de J. K. Rowling nas mesmas datas que calquera outro lector do estado español. Este á a filosofía na que Editorial Galaxia vén desenvolvendo a súa política de traducións nos últimos anos. As novelas de Paul Auster, Martin Amis, Andrea Camilleri, Daniel Kehlmann están a ser publicadas á par que as outras línguas europeas.

Un conto de fadas por 2,7 millóns
Unha das sete cópias de Os contos de Beedle o bardo, un conxunto de relatos de fadas escritos e ilustrados a man pola escritora inglesa J.K. Rowling, ven de se axudicar en Londres por 1,95 millóns de libras (uns 2,7 millóns de euros).

Esta cifra, que marca o récord mundial para un manuscrito dun autor vivo e a cantidade máis alta pagada por unha obra da creadora de Harry Potter, multiplica por 39 as previsións máis optimistas da casa de poxas Sotheby’s, que estimaba que o prezo podía chegar ás 50.000 libras (case 70.000 euros).

Tráta-se da primeira obra que Rowling escribe dende a publicación en xullo da sétima e derradeira entrega da saga do famoso meigo, Harry Potter and the Deathly Hallows, e os case dous millóns de libras recadados coa sua venda irán a unha organización benéfica cofundada pola escritora, The Children’s Voice.