NOVA FANTASIA » joe johnston

Candidatos para ser o Capi
John Krasinski (da série de TV The Office) semella ser o favorito nunha lista de candidatos que manexan os estudos Marvel para protagonizar o seu vindeiro filme The First Avenger: Captain America.

As probas de pantalla están a ter lugar estes días e durante as seguintes duas semanas para ver quen se fai co papel de Steve Rogers (o Capitán Amárica) na nova versión para o cinema do superheroe dos cómics que dirixirá Joe Johnston (The Wolfman, Jurassic Park III).

Na lista están ademais outros xóvenes actores que resultarán mais ou menos familiares aos afeccionados á televisión pero que son ainda relativamente descoñecidos para o grande público. Así, temos a Scott Porter (da série de TV Friday Night Lights, The Good Guy), Mike Vogel (Cloverfield, Poseidon), Michael Cassidy (Smallville, OC) e a Patrick Fluger (Os 4400, Brothers).

Chace Crawford (da série Gossip Girl, The Covenant) está en conversas para facer as probas pero ainda non foi confirmado. Garret Hedlund (Troy, Four Brothers, Tron: Legacy) estivo na listaxe pero seica o seu nome caiu, o mesmo có de Jensen Ackles (Supernatural, My Bloody Valentine 3D) por mor de conflitos coa axenda.

O proceso de todos os xeitos podería rematar sen que ninguén sexa elixido, ou volver sobre os pasos após dunha primeira elección. No filme Thor, tamén da Marvel, o australiano Chris Hemsworth non foi o primeiro elixido e mesmo chegou estar fóra das apostas, pero após de várias semanas o seu nome foi o que saiu e levou-se o papel.

Parte do problema que teñen os produtores nestes intres para elixir a un protagonista é o orzamento. Quen sexa elixido agora podería participar até en nove filmes para a mesma produtora, mentres que o salári oque se rumorea non sería precismente para tirar foguetes.

O Capitán América non chegará ás salas de cinema até xullo de 2011.

O Capi, en marcha
O director da recente The Wolfman, Joe Johnston, ven de escomezar a súa promoción para o devandito novo filme, pero non escapou das preguntas das prensa que xa lle están a cuestionar sobre o seu seguinte proxecto, o filme de alto orzamento da Marvel Studios sobre o Capitán América.

Johnston revelou que xa está a traballar na preprodución en Manhattan Beach (Califórnia) con Rick Heinrichs, un experto no deseño de produción: «É a parte do proceso que mais me gusta. Temos oito ou dez artistas de talento, e sentamos todo o día e debuxamos propostas… esta é a fase da produción onde non importan os cartos«, dixo moi emocionado.

Actualmente o plan é comezar a acción do filme en 1942 e 1943 durante a Segunda Guerra Mundial, e logo «ir cara adiante ao que están a facer co Capitán América hoxe en día… imos tentar evitar todo ese rollo dos cómics dos anos 60 e 70«.

O filme comezará a súa produción a finais deste ano, coa vista posta nunha estrea que será o 22 de xullo de 2011.

Johnston e os proxectos
Nunha entrevista antes de regresar ao traballo de The Wolfman, o director Joe Johnston tocou algúns temas que os fans do xénero fantástico non podemos deixar de lle preguntar: os seus proxectos cos filmes The First Avenger: Captain America e Jurassic Park 4.

Respeito ao Capitán América, confirmou que será unha história orixinal de como Steve Rogers se converte no superheroe e que probabelmente a súa orixe dos anso 40 sexa reconvertida nunha nova orixe nos tempos actuais.

Johnston semella moi contento de salientar que o Capitán América é un home poderoso, pero que non ten superpoderes: «É un home ordinário ao que se lle concedeu este abraiante regalo da transformación no espécime perfecto, o culme da perfección humana. Como lle afecta iso? Que sinifica para el emocionalmente e psicolóxicamente? Podes pensar que ten todo o que quería. Pois non, non-o ten. As regras mudan nese punto e a súa vida convérte-se en mais arriscada e perigosa«.

Respeito ao argumento, Johnston non quixo dar detalles: «Terá algunhas esceas de acción moi boas e cousas que nunca víramos até agora. Pero no fondo, hai unha história sobre este rapaz que todo o que quere é encaixar. Estas cousas acontecen e ainda non as aceptou. E ten que se probar a si mesmo que é un heroe, esencialmente debe desertar para salvar a un amigo«.

E sobre unha cuarta entrega de Parque Xurásico, Johnston só dixo que vai acontecer: «Vai ser algo moi distinto do que xa víchedes. Racha totalmente coas outras tres, é esencialemente o escomezo da segunda triloxía do Parque Xurásico. Vai-se facer dun xieto totalmente distinto. E iso é todo o que vos podo dicir polo de agora«.

Heroes en acción en 2011
Nunha recente entrevista, o director de The Wolfman, Joe Johnston, ven de desvelar que o seu seguinte filme será The First Avenger: Captain America e que escomezará a se rodar en xuño. Isto último non é demasiado sorprendente tendo en conta que os estudos xa puxeran unha data de estrea para o 22 de xullo de 2011, polo que a rodaxe debería escomezar canto antes. Johnston (a quen tamén lle debemos outros filmes coma Jumanji) está xa a traballar co departamento artístico.

E mentres tanto, a adaptación que realizará Martin Campbell de outro superheroe, nesta ocasión Lanterna Verde, tamén deu algunhas novidades: seica o filme contará no seu reparto con algúns gañadores dun Oscar, ainda que sexan dos que están atrás das cámaras. Así, en primeiro lugar, o cinematógrafo Dion Beebe (gañador por Memórias dunha Geisha). E logo, ao deseñador de produción Grant Major e mais á deseñadora de vestiário Ngila Dickson (Oscars por O Señor dos Anéis: O Retorno do Rei). E finalmente, ainda que non gañou un Oscar, o filme contará co director artístico François Audouy, quen conta coa experiéncia dos tres filmes anteriores de Spiderman, Transformers e Watchmen.

Polo tanto, e mentres agardamos por mais actoresque se unan ao xa confirmado Ryan Reynolds no papel de Lanterna Verde, non hai dúbida de que Campbell quere rodear-se dunha equipa gañadora dende o comezo, todo coa intención de sacar do esquecemento a outro superheroe da DC Comics.

Lanterna Verde ten a data de estrea prefixada para o 17 de xuño de 2011.

Johnston noutro Xurásico
O director de Parque Xurásico III e The Wolfman, Joe Johnston, ven de revelar á prensa que xa está após da ideia dunha cuarta entrega da saga dos dinosáuros e que sen dúbida está moi interesado en formar parte do proxecto.

«Hai unha estupenda história para a cuarta parte da que estou interesado en formar parte e non te nren que ver coas tres primeiras. É como levar á franquía por unha nova dirección completamente distinta, e ése é o único xeito no que eu podería querer estar vencellado«, dixo Johnston.

Ademais, engadiu que non será o típico argumento de xente que debe sobrevivir a un ataque de dinosáuros nunha illa, coma xa se viu nas outras tres entregas.

A nova ideia nombergantes será o despegue dunha nova triloxía básicamente, «pero cando as cousas chegan a ese nivel xa é hora de implicar aos estudos e a Steven Spielberg, así que quen sabe«, dixo.

Guionistas para o Capitán América
Capitan América

A Marvel Studios ven de contratar a Christopher Markus e mais a Stephen McFeely para que escriban o guión de Capitán América, o filme sobre o clásico heroe do cómic que dirixirá Joe Johnston.

O heroe do uniforme vermello, branco e azul co escudo indestructíbel se fixo famoso xusto despois da invasión de Pearl Harbor pola que os americanos lle declararon a guerra ao Xapón. O heroe é o persoaxe da Marvel máis de preto asociado cos Estados Unidos.

O produtor do filme será Kevin Feige.

Markus e McFeely xa foron os coguionistas das dúas entregas da saga das Crónicas de Nárnia.

Joe Johnston dirixirá ao Capitán América
Capitan América

Joe Johnston (Hidalgo, The Rocketeer, Jurassic Park III) será o director de First Avenger: Captain America para a Marvel Studios.

O cómic orixinal, nado nos anos 40, ía sobre Steve Rogers, un rapaz que é rexeitado polo Exército para o alistamento e que decide someter-se a un experimento que lle converte nun súper-soldado, chegando a se converter no ser humano perfecto.

O persoaxe foi resucitado recentemente e reintroducido como parte do equipo de superheroes coñecido coma Os Vingadores, grazas a que o seu corpo permaneceu en suspensión no xelo dende o remate da Segunda Guerra Mundial.

O novo filme estará ambientado durante a Segunda Guerra Mundial, ainda que o filme dos Vingadores que se está a preparar e no que o Capitán América terá un papel salientábel terá como escenário o presente. Ese filme tamén está previsto para se estrear no verán de 2011.

Ainda non hai guionistas vencellados a este proxecto, que nombergantes si que ten xa unha data de estrea: o 6 de maio de 2011. Kevin Feige será o produtor.

O seguinte filme que ten Johnston na axenda é o remake de O Lobishome, que xa está case rematado e que ten prevista a súa estrea para primeiros do ano que ven.

Johnston dirixirá ao Lobishome
A Universal contratou o pasado día 3 os servizos de Joe Johnston para sustituir a Mark Romanek coma director de The Wolf Man, permitindo asemade que o filme continúe o seu curso e que a produción poida escomezar en Londres o vindeiro mes de marzo.

Romanek deixara o thriller cun orzamento de 100 millóns de dólares (uns 68 millóns de euros) a semana pasada, por mor de diferéncias creativas.

Benicio Del Toro está vencellado a este proxecto dende hai tempo para interpretar ao persoaxe principal, pero a saída de Romanek veu despóis de que os estudos contratasen a Anthony Hopkins para interpretar ao pai do protagonista e mais a Emily Blunt (Charlie Wilson’s War) para o papel feminino principal.

O Lobishome é o remake dun dos clásicos de todos os tempos dos estudos Universal. Andrew Kevin Walker escribiu o guión. Johnston é o director de filmes coma Parque Xurásico III ou Jumanji.