NOVA FANTASIA » joel silver

Ben 10 con acción real
Joel Silver será o encargado de desenvolver unha longametraxe con acción real baseada na franquía de debuxos animados de ciéncia-ficción Ben 10 que se emite na canle Cartoon Network e que a Warner Bros. Pictures ten xa case decidido distribuir.

Tanto a série de debuxos animados coma o telefilme con actores reais emitido en 2007 (Ben 10: Race Against Time) acadaron estupendos índices de audiéncia, polo que a intención de Silver é crear unha potencial nova franquía para a pantalla grande.

O argumento da série vai sobre Ben Tennyson, un rapaz normal de dez anos que un día atopa o Omnitrix, un misterioso artilúxio alieníxena que unha vez posto xa non se pode sacar. A cámbio, dá-lle o poder de se transformar a vontade en dez formas de vida álien diferentes, o que o converte nun superheroe.

O novo filme non incluiría a ningún dos actores de Ben 10: Race Against Time, xa que tanto Silver coma o produtor Steve Richards teñen a intención de crear unha longametraxe mais grande e cun orzamento importante.

Don Quixote non está tolo
A Warner Bros. Pictures e mais o produtor Joel Silver están a desenvolver unha nova adaptación do clásico de Miguel Cervantes Don Quixote orientado á acción.

Silver planea de feito un filme coa fasquía de Piratas do Caribe, coa ideia de que o Quixote non estaba realmente tolo, e que polo tanto existe de verdade un mundo fantástico após das súas aventuras.

O proxecto semella estar na lanzadeira de saída para o ano 2012 e a ideia é que poida converter-se nunha longametraxe de alto orzamento estilo Sherlock Holmes.

As novas chegan precisamente mentres que Terry Gilliam comeza a facer algúns progresos na súa segunda intentona de realizar The Man Who Killed Don Quixote, outra adaptación do meirande clásico das letras españolas.

O Rock do futuro
O produtor Joel Silver ven de revelar nunha entrevista que a longamente agardada adaptación ao cinema do cómic O Sarxento Rock será unha longametraxe estelar de alto orzamento.

Parte do motivo para esta millora é que Silver recebiu un novo guión esta semana e a história xa non estará ambientada na Segunda Guerra Mundial senón nun futuro non demasiado afastado.

Silver dixo que a história «acontecerá un pouco no futuro. Coma un filme de guerra, non vai ser onde aconteceron os feitos, senón onde van acontecer. Non quixemos ir a Irak, non queríamos unha guerra contemporánea. Queríamos algo coma unha guerra do futuro«.

O famoso produtor engadiu que «É moi forte. Chad St. John escribiu o guión e temos a Francis Lawrence vencellado ao proxecto para desenvolve-lo axudándo-nos. Ainda non ten a luz verde pero teño bos presáxios sobre el«. O filme xa conta coa distribución asegurada da Warner Bros. Pictures.

Holmes na pista rápida
O produtor Joel Silver ven de desvelar nunha recente entrevista que debido a que a segunda parte de Sherlock Holmes vai entrar en produción moi axiña, o director Guy Ritchie ficará fóra da adaptación á pantalla grande do popular persoaxe de cómic Lobo.

Silver, que é o produtor de ambos os dous filmes, dixo que «non coido que o vaia facer agora. Os estudos queren que Guy e mais eu nos centremos en facer outra Sherlock Holmes… así que estamos a tentar ver se podemos facer rápidamente outro filme de Sherlock Holmes. Temos algunhas ideias e algúns bós puntos para o argumento«. E no canto de se decidir por un adiamento, Silver engadiu que moi probábelmente elixirán a outro director para Lobo.

E respeito aos rumores que apuntan cara a Brad Pitt aparecendo no papel do Profesor Moriarty na seguinte entrega de Holmes, Silver dixo que «Ben, quero dicir, xa falamos sobre iso nalgún intre, pero xa sabes que agora mesmo non estamos seguros do que imos facer. Xa veremos o que pasa«.

A Cousa do Pantano
Mentres facía unha xira de promoción para a súa nova película de crimes ambientada na Antártida Whiteout, o produtor Joel Silver dixo á prensa que espera poder facer unha versión para o cinema do persoaxe clásico da DC Comics A Cousa do Pantano.

«Estou a desenvolver unha longametraxe agora que quería facer. Espero facer A Cousa do Pantano, que é un filme que temos pendende dende hai moito. Coidamos que sería xenial poder face-lo en 3D. Hai un par de proxectos nos que estou pensando para este formato, non é para todos. Se cadra farémo-lo. Gósta-me«, dixo Silver.

Nos cómics, o persoaxe é unha masa humanoide de vexetación que loita por manter e protexer o seu fogar nos pantanos, o medio ambiente en xeral e a humanidade de várias ameazas sobrenaturais ou terroristas.

Creado nos primeiros anos 70, a série levaba camiño de ser cancelada até que en 1983 Alan Moore (Watchmen, V for Vendetta) relanzou ao persoaxe creando unha incríbel obra de arte do cómic, modificando moitos dos seus detalles e enfocándo-o cara ao terror nun reino fantástico dirixido sobre todo aos lectores adultos.

O persoaxe pasou xa polas pantallas en dous filmes con acción real: Swamp Thing, dirixido en 1982 por Wes Craven e The Return of Swamp Thing, dirixido en 1989 por Jim Wynorski. Nos anos 90 tamén pasou pola televisión nunha série con actores reais para unha canle por cable nos Estados Unidos que durou tres tempadas e mais unha série de debuxos animados na Fox en 1991.

Volve o Poder de Grayskull!
John Stevenson, ún dos co-directores de Kung Fu Panda, será quen sinta o poder de Grayskull, xa que ven de asinar o contrato polo que pasará a dirixir Masters of the Universe, a versión con acción real que a Warner Bros. e mais a Silver Pictures realizarán do popular persoaxe de debuxos animados e dos xoguetes dos anos 80.

A série, realizada en asociación coa compañía xoguetera Mattel, representaba a un forzudo loiro chamado Príncipe Adam, quen ao pronunciar as palabras máxicas «Polo poder de Grayskull, eu teño o poder«, convertía-se no heroe He-Man. E e mais os seus aliados (Battle Cat, Man-at-Arms e Orko) defendían ao planeta Eternia das diabólicas forzas de Skeletor, quen semana tras semana tentaba conquistar o castelo de Grayskull, o que lle dá os poderes a He-Man.

Justin Marks escribiu o guión, que se decanta mais cara a fantasía e reimaxina a Adam como un soldado que parte na procura do seu destino, chegando ao mundo máxico de Eternia. Alí, o malvado Skeletor posúe un exército tecnolóxico que tenta eliminar todo rasto de máxia no mundo.

Joel Silver será o produtor, e Barry Waldo, o xefe de marketing e estratéxia da Mattel será o produtor executivo.

Este será o segundo intento de achegar a He-Man ao cinema, xa que o anterior, de 1987, tivo un resultado penoso. Aquel filme contou coa dirección de Gary Goddard e estivo protagonizado por Dolph Lundgren, Frank Langella e Meg Foster.

Silver: Wonder Woman está morta
Joel Silver, que estabaa producir o filme estancado Wonder Woman, relevou aos xornalistas que o proxecto tivo que se adiar por mor da aparición doutro filme de superheroes. «Van facer a Liga da Xustiza e daquela temos que deter a Wonder Woman«, dixo nunha rolda de prensa mentres promocionaba Fred Claus. «Deixémolos que fagan primeiro ese filme de seu«.

A superheroina amazona, prpocedente da série da DC Cómics, é unha dasprincipais integrantes da Liga da Xustiza de América. «E se todo sae xunto, Wonder Woman será parte desa história«, engadiu Silver. «E xa veremos a onde imos despóis. Loitamos por todo isto durante un tempo. Agardo que podamos solucionalo e facela algún día«.

Wonder Woman ía ser escrita e dirixida orixinalmente polo creador de Buffy Cazavampiros, Joss Whedon. Pero ele deixou o proxecto por mor de diferéncias creativas con Silver e os estudos. Dende aquela, o filme non fixo outra cousa que tambalearse polos estudos sen ninguén que o dirixira realmente.