NOVA FANTASIA » johnny depp

Haythe adaptará ao Lone Ranger
Justin Haythe (Revolutionary Road) está en negociacións para escribir o guión da adaptación ao cinema da clásica série da rádio, o cómic e a televisión do Vello Oeste The Lone Ranger para a Disney Pictures.

A história, que en España titulou-se El llanero solitário e que xamais foi emitida cun título de seu en galego, vai sobre un ranger de Texas enmascarado no Vello Oeste que loita contra a inxustiza coa axuda do seu cabalo Silver e mais o seu amigo índio Tonto. Johnny Depp xa está contratado para facer o papel de Tonto, pero o papel do Ranger ainda non ten dono e tampouco hai ningún director vencellado a este proxecto (o ano pasado xurdira o rumor de que George Clooney podería protagoniza-lo e que Mike Newell sería o director).

Jerry Bruckheimer é o produtor. Os guionistas Ted Elliott e Terry Rossio (Piratas do Caribe) foron os anteriores encargados do libreto. Entre os traballos anteriores de Haythe está o da recente 20.000 légoas de viaxe submariña que se ía rodar na Disney pero que se veu abaixo cando mudou o seu director executivo recentemente.

Tamén falamos de...

25 de Setembro de 2008 -- Johnny Depp en Piratas do Caribe 4

13 de Febreiro de 2010 -- Cruz e o fantástico

23 de Setembro de 2009 -- Os Piratas en perigo

13 de Setembro de 2009 -- En mareas extrañas

3 de Decembro de 2008 -- Depp nas mans de Dante

Cruz e o fantástico
A amada e detestada por partes iguais Penelope Cruz está en negociacións para se reunir unha vez mais co actor Johhny Depp (con quen xa coincidira en Blow) para coprotagonizar esta vez a cuarta entrega de Piratas do Caribe, Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides para a Disney Pictures.

Tal e coma se anunciara previamente, Depp repetirá o seu papel de capitán Jack Sparrow, que parte na procura da Fonte da Xoventude. O persoaxe de Cruz sería o de compañeira e case igual de Sparrow, segundo as fontes consultadas por NOVA FANTASIA.

O director de Cruz en Nine, Rob Marshall, será quen dirixa esta cuarta entrega dos Piratas, que comezará a se filmar en Hawaii este verán coa vista posta nunha estrea que se producirá ao longo do an oque ven.

Por outra banda, a actriz latina podería ser a protagonista do vindeiro proxecto do director de filmes coma Antichrist e Dogville, o cineasta dinamarqués Lars von Trier, un thriller psicolóxico titulado Melancholia.

O proxecto, de 5 millóns de dólares, utilizará algúns elementos de ciéncia-ficción e moitos efectos especiais, pero segundo se comenta, será sobre todo unha exploración escura do punto de vista psicolóxico dun desastre.

A rodaxe dará comezo en Suécia e Alemaña a finais deste ano, coa vista posta nunha estrea que podería ser no Festival de Cinema de Cannes de 2011. Peter Aalbaek Jensen será o produtor.

Tamén falamos de...

23 de Setembro de 2009 -- Os Piratas en perigo

13 de Setembro de 2009 -- En mareas extrañas

28 de Setembro de 2008 -- Keira Knigthley rexeita Piratas do Caribe

25 de Setembro de 2008 -- Johnny Depp en Piratas do Caribe 4

8 de Maio de 2010 -- A crise dos Piratas

Os Piratas en perigo
Tan só uns dias despois de se facer público o título definitivo da cuarta e esperada entrega de Piratas do Caribe, o proxecto comeza a presentar fendas. E é que a factoría Disney decidiu despedir a Dick Cook, presidente da Walt Disney Studios, despois de 38 anos de adicación á compañía, nunha decisión tomada polo seu presidente executivo, Bob Iger.

Cook foi o principal impulsor da saga de Piratas do Caribe, e de feito, o papel de Jack Sparrow foi a parar ás mans de Johnny Depp, grazas a el. Por iso, non estrañou que despois de se facer público o despido, o actor estea a duvidar da sua participación na cuarta entrega.

Piratas do Caribe 4: On Stranger Tides, apresentou-se durante a D23 Expo, un acto convocado pola Disney para apresentar os seus proxectos. Mesmo Johnny Depp acudiu á cita, ataviado co vestiário do seu personaxe na saga. Nombergantes, daquela nada se sabia verbo do inesperado despido. O próprio Johnny dixo que “ninguén o viu vir“.

Polo momento, o actor, que non agochou o seu descontento, quere reconsiderá-lo todo, xa que o ocorrido “crebou a confianza” que depositara no proxecto. O actor di que o entusiasmo que tiña por este filme apagou-se.

En declaracións á prensa, Depp dicia que toda a cidade (Los Angeles) ficou “en estado de shock” após da notícia. Johnny tamén contou que Cook chamou-no persoalmente para lle contar o ocorrido; “Dixo-me que preferia dicir-mo el antes de que me enteirase doutra forma — ‘É o meu último dia’, dixo, pero non me deu ningunha razón“.

Tamén falamos de...

13 de Febreiro de 2010 -- Cruz e o fantástico

13 de Setembro de 2009 -- En mareas extrañas

28 de Setembro de 2008 -- Keira Knigthley rexeita Piratas do Caribe

25 de Setembro de 2008 -- Johnny Depp en Piratas do Caribe 4

8 de Maio de 2010 -- A crise dos Piratas

En mareas extrañas
O maior e probábelmente millor anúncio realizado na recente exposición D23 da Disney Pictures deste ano foi un simples título: o venres a compañía fixo saber que a cuarta entrega da saga de Piratas do Caribe levará por título Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides e que xa conta oficialmente coa data de verán de 2011 para a súa estrea mundial.

Non lle levou moito tempo á prensa relembrar unha novela do escritor fantástico Tim Powers titulada precisamente On Stranger Tides e que casualmente vai sobre un pirata chamado Jack Shandy que se ve inmerso nunha carreira contra o lendário pirata Barba Negra e mais a súa tripulación de vivos e mortos para chegaren os primeiros á Fonte da Xoventude.

A Fonte da Xoventude é precisamente a pista final da derradeira escena de Piratas do Caribe 3: Na Fin do Mundo, o que fai que a conexión entre este libro e mais a cuarta parte da saga cinematográfica sexa bastante óbvia.

A novela de Powers inclúe elementos coma loitas con espadas, batallas mariñas, e mais un amor en prisión e mesmo convertido en monicreque.

A fita está definitivamente aprobada e conta con Johnny Depp novamente como protagonista no papel do capitán Jack Sparrow. Para rebaixar un pouco o orzamento, nin Orlando Bloom nin Kiera Knightley regresarán á história, de non ser que conten con algún cameo. Tamén é de agardar que regrese Geoffrey Rush coma o capitán Barbossa, se ben isto ainda non está confirmado.

Tamén falamos de...

13 de Febreiro de 2010 -- Cruz e o fantástico

16 de Outubro de 2009 -- As mareas de Powers

23 de Setembro de 2009 -- Os Piratas en perigo

8 de Outubro de 2008 -- Anne Hathaway será a Raíña Branca

28 de Setembro de 2008 -- Keira Knigthley rexeita Piratas do Caribe

Depp nas mans de Dante
A compañía produtora de Johnny Depp, a Infinitum Nihil, ven de se facer cos dereitos para o cinema da novela orixinal de Nick Tosches In the Hand of Dante. A novela podería ser convertida en longametraxe, que protagonizaría o mesmo Depp.

O libro trata sobre a obra mestra do escritor italiano do século XIV Dante Alighieri A Divina Comédia, e narra liñas argumentais paralelas ao redor da figura do autor na Itália do Rexurdimento mentres trata de completar a súa obra e unha história no presente ao redor de Tosches, a quen lle piden que autentifique un manuscrito que podería ser o orixinal de Date. Depp interpretaría a Tosches.

En calquera caso, Depp será o produtor a través da súa empresa Infinitum Nihil e xunto co seu parceiro Christi Dembrowski. A produtora, que ten un contrato de preferéncia coa Warner Bros. e coa GK Films de Graham King, se fixo cos dereitos do libro, editado en 2002, con cartos de seu.

Tamén falamos de...

3 de Novembro de 2008 -- O Inferno, á Universal

14 de Febreiro de 2010 -- Haythe adaptará ao Lone Ranger

13 de Febreiro de 2010 -- Cruz e o fantástico

23 de Setembro de 2009 -- Os Piratas en perigo

13 de Setembro de 2009 -- En mareas extrañas

Anne Hathaway será a Raíña Branca
Anne Hathaway, de moda na actualidade por mor da súa participación na série Rachel Getting Married e a quen veremos axiña no thriller de terror Passengers, ven de asinar para protagonizar Alice in Wonderland, o filme que Tim Burton está a dirixir para a Disney.

Helena Bonham Carter, unha das actrices musa de Burton (con quen xa traballou en filmes coma O cadáver da noiva, Charlie e a Fábrica de Chocolate e O Planeta dos Símios), tamén uniu-se ao reparto.

O filme, que protagonizan Mia Wasikowska como Alícia e Johnny Depp coma o Sombrereiro Tolo, utilizará unha combinación de acción real e tecnoloxía de captura de imaxes para narrar o famoso libro de Lewis Carroll.

Hathaway interpretará á Raíña Branca, unha monarca benévola que é deposta e desterrada pola súa irmá, a Raíña Vermella (Carter), quen ten afección por andar berrando “Que lle curten a cabeza!“. A Raíña Branca precisará de Alícia para poder matar a unha creatura coñecida coma Bandersnatch (en español adóita-se traducir coma Zamarraco ou cousas semellantes).

Richard Zanuck, Joe Roth e Jennifer e Suzanne Todd serán os produtores.

Tamén falamos de...

25 de Setembro de 2008 -- Johnny Depp en Piratas do Caribe 4

25 de Xullo de 2008 -- Tim Burton xa ten á súa Alícia

28 de Maio de 2010 -- Alícia, xa entre os grandes

13 de Setembro de 2009 -- En mareas extrañas

4 de Xuño de 2008 -- Tim Burton quere a Johnny Depp

Keira Knigthley rexeita Piratas do Caribe
Ainda que a Disney ven de confirmar que haberá cuarta entrega da saga Piratas do Caribe, unha das suas protagonistas, a actriz inglesa Keira Knightley, non estará nela.

Do trío de actores que estiveron nas tres entregas anteriores só Johnny Depp confirmou a súa participación na cuarta, na que dará vida unha vez máis ao capitán Jack Sparrow, persoaxe para o cal o actor se inspirou no guitarrista dos Rolling Stones, Keith Richards.

En plea promoción da sua nova película, a fita de época A Duquesa, Knightley explicou que a súa participación na saga chegou ao seu remate e que non voltará interpretar á aristócrata metida a pirata Elizabeth Swann. “Fixen unha viaxe incríbel facendo estas tres películas, pero coido que agora as cousas son totalmente diferentes. Non sei ren desa nova entrega e non voltarei“, dixo nunhas declaracións á MTV.

Após da definición dos dous actores xa só fixa por confirmar a participación do terceiro protagonista da película inspirada nunha atracción da Disney World. Orlando Bloom, que interpreta ao garrido Hill, non se definiu ainda sobre a súa participación nunha franquía que recadou máis de 1.800 millóns de euros nos cinemas de todo o mundo.

Tamén falamos de...

25 de Setembro de 2008 -- Johnny Depp en Piratas do Caribe 4

13 de Febreiro de 2010 -- Cruz e o fantástico

23 de Setembro de 2009 -- Os Piratas en perigo

13 de Setembro de 2009 -- En mareas extrañas

8 de Maio de 2010 -- A crise dos Piratas

Johnny Depp en Piratas do Caribe 4
A Walt Disney anunciou hoxe, nunha rolda de prensa no Kodak Theatre de Los Angeles, que Johnny Depp aceitou voltar a interpretar a Jack Sparrow nunha cuarta entrega de Piratas do Caribe. O mesmo actor apareceu na conferéncia de prensa para confirmar a sua participación, e fixo-o vestido como o capitán Sparrow.

A triloxía, que se iniciou en 2003 con A maldición da pérola negra, recadou só nos cinemas mais de 1.800 millóns de euros, situando-se como unha das sagas mais rendíbeis da história do cinema.

Ainda se descoñecen mais detalles, pero o seguinte moi probabelmente será negociar co director dos tres filmes, Gore Verbinski, e con Orlando Bloom e Keira Knightley para que volten retomar os seus roles xunto ao capitán Sparrow.

Ademais, a Disney tamén informou que Depp estará noutros dous proxectos da compañía: confirma-se que será o Sombrereiro Tolo no filme de animación Alice in Wonderland, unha revisitación do clásico de Lewis Carroll que prepara Tim Burton. Realizará-se en 3D e mediante unha técnica moi semellante á de Beowulf. A sua estrea prevé-se en 2010.

Tamén participará noutra longametraxe que planea Jerry Bruckheimer, o produtor da série Piratas do Caribe. Trata-se dunha adaptación de The Lone Ranger: o personaxe criado por George W. Trendle foi un serial radiofónico moi popular nos Estados Unidos desde o seu primeiro capítulo de emisón, en 1933, e despois triunfaría como espectáculo televisivo durante a década dos 50.

O Lone Ranger inspirou numerosos cómics e tamén algun filme, de escasa repercusión, coma The Legend of Lone Ranger (1981).

Concretamente, Johnny Depp encarnaría ao personaxe de Tonto (chamado Toro en España), o índio que é o amigo mais fiel do heroe protagonista, un xusticeiro enmascarado após do que se agocha o Ranger de Texas John Ride. Ainda non hai actor elixido para este papel.

Tamén falamos de...

8 de Outubro de 2008 -- Anne Hathaway será a Raíña Branca

28 de Setembro de 2008 -- Keira Knigthley rexeita Piratas do Caribe

28 de Maio de 2010 -- Alícia, xa entre os grandes

8 de Maio de 2010 -- A crise dos Piratas

14 de Febreiro de 2010 -- Haythe adaptará ao Lone Ranger

Michael Caine revela datos sobre Batman
Un dos meirandes e máis quentes debates entre os fans é que actores e que persoaxes aparecerán no vindeiro filme de Batman, e que superfalcatruán escollerá o director Christopher Nolan para esta terceira entrega da saga do Señor da Noite. Os rumores abondan pero Nolan ven ficando en silenzo polo de agora.

Nunha recente entrevista concedida antes do escomezo do Festival de Cinema de Toronto, o actor Michael Caine seica confirmou algúns dos rumores que corren pola Rede ao respecto de dous persoaxes que terán cabida no guión: o Riddler e mais o Pingüín. “Xa os teñen en mente“, dixo Caine, cando lle preguntaron a quen lle gustaría ver loitar contra o cruzado con capa. “É Johnny Depp coma o Riddler. E o Pengüín é Philip Seymour Hoffman. Linno nos xornais“.

Isto seica é coma se Caine se limitara a reproducir os rumores que aparecen na prensa, pero segundo o actor, o que el fixo é confirmar as novas que lle chegaron dos mesmos estudos.

Caine, que interpreta ao leal mordomo de Bruce Wayne, Alfred Pennyworth, dixo: “[eu lle preguntei a Nolan] De que vai a história? E el dixo que sobre o Joker. Eu dixen ou, merda! Como vas facer para superar a Jack [Nicholson]? E el contestou: contratei a Heath Ledger. E eu dixen: Ha! Eu non podería superar a Jack, pero se alguén puidera, se cadra sería Heath“.

“Logo estiven cun executivo [da Warner Bros.] e dixen: imos facer outra? Eles dixeron que si. Eu dixen: E como diaños imos superar a Heath? E el contestou Direi-te coo imos superar a Heath — con Johnny Depp coma o Riddler e Philip Seymour Hoffman coma o Pengüín“.

Esta é a primeira vez que os rumores sobre Depp e Hoffman chegan dende unha fonte no interior dos estudos, ainda que Caine non citou ningún nome concreto.

Tamén falamos de...

26 de Agosto de 2008 -- Podería Cher interpretar a Catwoman?

11 de Xaneiro de 2009 -- O Cabaleiro dos Prémios

8 de Setembro de 2008 -- Sylvester Stallone o Batman perfecto?

14 de Maio de 2010 -- Superheroes do porno

8 de Maio de 2010 -- Inception ten argumento

Podería Cher interpretar a Catwoman?
A cantante e actriz de 62 anos de idade Cher é seica unha das máximas candidatas para interpretar a Catwoman coma principal inimiga de Christian Bale na terceira entrega da saga de Batman que está a ofrecer o director inglés Christopher Nolan.

Cher, gañadora dun Oscar, uniría-se asemade a un reparto no que xa figuran Johnny Depp no papel do Riddler. O persoaxe de Catwoman, unha ladrona que ten un látigo como arma, xa foi interpretado anteriormente por Michelle Pfeiffer e Halle Berry en diversas etapas e filmes.

Un executivo dos estudos Warner Bros. dixo: “Cher é a primeira elección de Nolan para interpretar a Catwoman. El quere retrata-la coma unha vampiresa nos seus anos crepusculares. Pero a nova Catwoman será o contrário completo das creacións ronroneantes de Michelle Pfeiffer e Halle Berry“.

O comezo da rodaxe da nova entrega de Batman, que polo de agora leva o título de traballo de The Caped Crusader [O cruzado con capa], está previsto para primeiros do ano que ven en Vancouver (Canadá).

O Cabaleiro Escuro, o grande éxito nos despachos de billetes deste verán, xa é oficialmente o filme de máis éxito na saga de Batman. A Warner Bros ten a intención de chegar aos 530 millóns de dólares de recadación (uns 360 millóns de euros).

O Cabaleiro Escuro está protagonizado polo defunto Heath Ledger, que apareceu morto no seu apartamento de Manhattan por mor dunha sobredose de drogas. A súa interpretación do malvado Joker podería mesmo gañar a título póstumo unha nominación aos Oscar.

A aparición máis recente de Cher nas pantallas grandes foi Tea with Mussolini en 1999 e Stuck on You, en 2003, na que se interpretaba a si mesma. A súa única incursión polo de agora no cinema fantástico foi en As bruxas de Eastwick en 1987.

Tamén falamos de...

16 de Xaneiro de 2009 -- Globos de Ouro fantásticos

24 de Novembro de 2008 -- Piden o Oscar para Heath Ledger

11 de Setembro de 2008 -- Michael Caine revela datos sobre Batman

8 de Setembro de 2008 -- Sylvester Stallone o Batman perfecto?

22 de Xullo de 2008 -- Gyllenhaal apoia o Oscar para Ledger