NOVA FANTASIA » Joss Whedon

Os Vingadores terán dous e tres dimensións
A Disney Studios ven de anunciar que o seu filme estrela de 2012, The Avengers, será lanzado simultánemente en 2D e en 3D, unha estratéxia que está a dar moi bós resultados ultimamente.

As novas non supoñen unha grande surpresa, considerando que as dúas anteriores estreas da Marvel xa pasaron polo mesmo proceso. Joss Whedon, director da fita, dixo que pensou sobre o formato «cada segundo» da rodaxe, e que este filme non será «descaradamente en 3D«.

«Non haberá un ‘ou, mira, imos pasar vinte minutos pasando por este túnel só porque o filme é en 3D’. E ninguén vai estar apuntando á pantalla todo o tempo. Pero é un filme de acción. As cousas tenden a pasar voando a toda velocidade cara á pantalla de todos os xeitos… non son un grande fan das lentes de longo alcance, eu gosto de ver o espazo no que estou e acomodar-me a el, así que o 3D encaixa coa miña estética de todos os xeitos. E a tecnoloxía avanzou moito no último par de anos«.

Whedon contra Buffy
Nunha nota de prensa oficial, a Atlas Entertainment anunciou o pasado luns os seus plans para relanzar a série de televisión Buffy Cazavampiros en forma de longametraxe para o cinema, nun proxecto que pretende converter-se en franquía e que producirá a Warner Bros. Pictures.

Buffy comezou a súa vida coma unha película con moi malas críticas en 1992. Dirixida principalmente a un público xuvenil, estaba protagonizada por Kristy Swanson, Donald Sutherland, Luke Perry, Hilary Swank, Paul Reubens, David Arquette e Rutger Hauer. A fita, cun orzamento de 7 millóns de dólares, contaba cun guión de Joss Whedon e estaba dirixida por Fran Rubel Kuzui, pero só obtivo unha recadación de 16 millóns.

Cando xa semellaba un filme destinado ao esquecemento, cinco anos despois Whedon, Kuzui e Gail Berman uníron-se para vender o concepto coma unha série de televisión ainda dirixida aos xóvenes pero con un transfondo mais dramático e de terror. Completamente diferente e cun tón mais escuro e sinistro có filme orixinal, esta série contaba con elementos de mitoloxía, medo, e mesmo humor, romance e moita acción e efectos especiais. Durante todo o tempo que estivo en pantalla, até rematar en 2004, acadou un enorme éxito, boas audiéncias, moitos prémios e a súa propia série secuela.

Kuzui Enterprises, a produtora propiedade de Kuzui, posúe os dereitos do persoaxe, o que lle permite facer o que queiran con el. Xa no mes de maio do ano pasado o;ira-se falar desta posibilidade e dos plans de crear unha nova franquía para o cinema, mais escura e con moitos mais acontecementos e persoaxes.

Whit Anderson está xa a escribir o guión, mentres que Charles Roven, Steven Alexander, Doug Davison e Roy Lee encargarán-se da produción.

Pouco despois do anúncio, o mesmo Whedon enviou unha mensaxe de resposta ao sítio web E! Online para falar do proxecto, oo que el non está vencellado de ningún xeito. A súa reacción, comprensíbelmente, non é de alegría:

«Esta é unha triste, triste reflexión para os nosos tempos, cando a xente debe desprender-se das carcasas doas histórias mais queridas da súa xuventude porque non poden atopar unha ideia orixinal de seu, coma fixen eu coma miña ideia dos Vingadores que inventei eu mesmo.

Obviamente sinto emocións fortes e contraditórias sobre algo coma is5to. A miña primeira reacción ao saber quen ía escribi-lo foi ‘Whit Stillman e Wes Anderson? Este vai ser o filme mais sardónicamente adorábel de todos os tempos! Pero seica estaba mal informado. Logo pensei ‘Gañarei moitos cartos! Istovale mais ca todos os meus subprodutos de Toy Story xuntos!’ Seica estou sempre mal informado. E posíbelmente sexa un pouco lento. Pero en sério, ainda son populares os vampiros?

Eu sempre esperei que Buffy viviría após morrer eu. Pero xa sabes, APÓS morrer eu. Non me gusta a ideia da miña creación nas mans doutro, pero ben sei que moitas mais mans cás miñas estiveron implicadas na creación da série. E non hai base legal para facer nada agás ca un salouco ben forte. Non podo desexar nada malo áxente que está apaixoada polo meu pequeno mito. Podo, nombergantes, aproveitar esta oportunidade para anunciar que estou a facer un filme de Batman. Porque esa é unha franquía que de verdade precisa renovar-se. Así que agardade por The Dark Knight Rexurde Moito Antes Ca Esa Outra E Ademais Mais Barata E En Toronto, relanzándo-se nun cinema preto de vós.

Deixáde-me coa miña dor! Afectuosamente, Joss Whedon.«

Os Vingadores teñen director
O creador de Buffy Cazavampiros e de Serenity, Joss Whedon, conta con todas as cartas para se converter no encargado da realización do filme de superheroes The Avengers para a Marvel Studios e mais a Paramount Pictures.

O nome de Whedon fora xa mencionado en distintos rumores que corrían pola Rede dende hai semanas. A rodaxe debe dar comezo o ano que ven e a data de estrea é o 4 de maio de 2012.

Mentres tanto, dous dos superheroes que protagonizarán este filme terán oportunidade de aparecer un pouco antes noutras duas longametraxes. Unha escena co Capitán América e mais Thor aparecerá despois dos títulos de crédito de Iron Man 2, xusto coma Nick Fúria apareceu nunha escena ao remate do filme de 2008 Iron Man.

Será posíbel ver daquela aos dous musculosos Chris (Chris Evans e Chris Hemsworth) cos seus uniformes? É pouco probábel, xa que o que se di é que a escena é «sobre» eles, non que vaian aparecer na pantalla en absoluto.

Filme de Buffy sen Buffy
Xa está en preparación unha nova reencarnación de Buffy Cazavampiros para a pantalla grande, pero olliño, porque esta nova versión non inclúe ao creador da série Joss Whedon, seica non terá conexión coa série da tele e por riba non sairán os seus principais persoaxes: Angel, Willow, Xander ou Spike.

A cuestión é que o filme, que será desenvolvido por Roy Lee e Doug Davison da Vertigo Entertainment e Fran Rubel Kuzui, a directora do filme orixinal de 1992 Buffy the Vampire Slayer, e mais o seu home Kaz Kuzui, será chamado remake ou relanzamento, pero nin secuela nin precuela.

E todo porque Kuzui e mais a súa empresa, a Kuzui Enterprises, teñen os dereitos sobre Buffy dende o comezo, cando ela descubriu o guión de Buffy que escribira o daquela descoñecido Whedon. Kuzui desenvolveu o guión mentres o seu home puxo os cartos para financiar o filme, que pasou en pena nen glória polas pantallas en 1992 baixo a distribución da Fox.

Kuzui mais tarde aliou-se con Gail Berman, daquela presidente da Sandollar Television, e trouxo de volta a Whedon para que fixera a série de televisión, que foi producida pola Fox e emitida pola canle da WB en 1997 (mais tarde mudou-se á UPN). Kuzui e Sandollar recebiron cretos como produtores executivos sobre Buffy e mais a súa secuela, Angel.

Polo de agora as partes mantiveron xuntanzas detraballo e están á procura duns estudos que fagan o proxecto. Os produtores non contan coa intervención de Whedon pero polo de agora tampouco se puxeron en contacto con el.

Mais para a cabana do bosque
Chris Hemsworth (Star Trek), Kristen Connolly (Revolutionary Road), Anna Hutchison (Underbelly), Fran Kranz (The Village) e Jesse Williams (The Sisterhood of the Traveling Pants 2) serán os actores protagonistas do novo filme de terror The Cabin in the Woods que desenvolverá a United Artists.

Joss Whedon foi quen escribiu o guión, ainda que o argumento e mais a descripción dos persoaxes están ainda baixo sete chaves gardados polos estudos. Richard Jenkins (The Visitor) e Bradley Whitford (Bottle Shock) xa foran contratados anteriormente para o reparto.

Whedon será o produtor, e o seu antigo parceiro na série de TV Angel, Drew Goddard, será o director. A rodaxe xa leva vários días, pero a estrea adiou-se recentemente e non coincidirá en Halloween deste ano senón o 5 de febreiro do ano que ven.

Joss Whedon gaña o Prémio Bradbury
O presidente da SFWA (Asociación de Escritores de Ciéncia-Ficción), Russell Davis, anunciou o pasado día 16 que Joss Whedon, creador de séries de TV coma Buffy Cazavampiros, Angel, Firefly ou Dollhouse, será quen reciba o prémio Bradbury á exceléncia na escritura de guións.

«Coma todo aquel que colle un bolígrafo, eu fun un rabioso fan de Bradbury e mais influenciado por el ca por ningún outro escritor que lin. Recibir o prémio que leva o seu nome é unha honra co que nunca soñara«, dixo Whedon. «Na miña defensa, nunca pretendín copia-lo. O que fixen foi imitar as histórias tan encantadoras, rebiricadas e humanas que ficaron na miña mente impresionábel, e que eu intentei, por calquera médio que me permitiron, tentar igualar«.

Whedon recibirá o seu prémio no decurso da Fin de Semana dos Prémios Nebula, que se celebrará en Los Angeles do 24 ao 26 de abril.

Casting para Cabin in the Woods
Richard Jenkins xa está a bordo e Bradley Whitford está en negociacións finais para protagonizar o proxecto de terror e mistério da Metro Goldwyn Meyer e United Artists Cabin in the Woods, que foi escrito por Joss Whedon e que dirixirá Drew Goddard. Whedon será o produtor.

Moi semellante a Cloverfield, que escribiu Goddard, a história de Cabin in the Woods dá-lle unha volta de rosca a un escenário clásico, neste caso o da xente atrapada nun bosque misterioso.

Os papeis de Jenkins e Whitford son os de dous colegas de traballo que teñen unha misteriosa conexión coa cabana do filme. O guión, que asinan tanto coma de Whedon, para este filme está a erguer moita expectación e descrebeu-se coma o filme de terror que rematará con todos os filmes de terror.

A produción ten previsto escomezar a se rodar en priomavera e xa ten a estrea prevista para o 5 de febreiro de 2010 baixoa distribución da MGM.

Buffy Cazavampiros ao cinema?
Cando a série Buffy Cazavampiros rematou en 2003, seica non se limitou a morrer sen mais. Sunnydale (a vila onde acontecían os feitos) pode que fose esquecida, pero o universo que creou Joss Whedon xerou novas secuelas, telefilmes e diversas aparicións na pantalla grande. Nos últimos cinco anos o que mais soou foi a aparición dun cómic baseado na série, pero agora os rumores apuntan á realización dunha longametraxe.

En Hollywood escóita-se estes días que Whedon xa dispón dun guión baseado na súa famosa série televisiva e que está disposto a produci-lo en canto algún estudo lle dea a luz verde. O certo é que ainda que exista ese guión, habería que saber se é unha continuación da série, unha história nova ou unha recreación dos novos feitos que se narran nos cómics.

O enorme éxito que está a ter o filme Twilight nos cinemas americanos e as ganas de regresar ás pantallas de Sarah Michelle Gellar e David Borenaz, protagonistas de Buffy, poderían non ser abondo como para convencer a Whedon de realizar este filme, polo que haberá que esperar a ver o que el teña que dicir.

Whedon volverá a rodar Dollhouse
Joss Whedon, que está a lle dar os últimos toques á súa nova série de ciéncia-ficción Dollhouse para a canle Fox, revelou aos seus fans no seu blogue oficial que está a rodar un novo primeiro episódio para clarexar o argumento da série.

O episódio piloto orixinal, que algúns espectadores atoparon algo confuso, convertirá-se polo tanto no segundo episódio da serie.

«O feito é que estou moi orgulloso do episódio que rodamos, e que a série está a me volver tolo coa emoción«, escribiu Whedon. «Pero eu tendo a ver as cousas dende todos os ángulos, e hai uns pequenos problemas de claridade para algúns espectadores. Tamén houbo algúns problemiñas co tón – Eu estaba nun lugar escuro e mouro (onde, como algúns de vós sabedes, teño a miña casa) e non acadei o tón visceral que a Fox agardaba a partir do guión«.

Whedon apurou a aclarar que a rodaxe dun novo primeiro capítulo foi unha ideia de seu, non da Fox, para asemade evitar comparacións con outros proxectos que fixo para a mesma canle, coma a fracasada Firefly, na que aconteceu exactamente a mesma circunstáncia.

Whedon dixo que xa non poderá amosar os vídeos de Dollhouse, coma quería facer orixinalmente, na Comic-Con International que escomezará hoxe.

Dollhouse, protagonizado por Eliza Dushku, está previsto para se estrear o vindeiro xaneiro de 2009.

O novo da MGM
A MGM, baixo a dirección da súa nova presidenta Mary Parent, ven de dar a luz verde a un esbozo de guión presentado polos gurús da ciéncia-ficción Joss Whedon e Drew Goddard titulado The Cabin in the Woods.

Goddard (Cloverfield) fará o seu debut na dirección con este filme; o seu mentor na série Buffy Cazavampiros Whedon será o produtor.

Parent está tamén a traballar no remake do filme apocalíptico de 1980 da MGM Red Dawn (Amencer Vermello), e os estudos xa contrataron ao guionista Carl Ellsworth para que recree a história. Dan Bradley, até agora director de segunda unidade e coordinador de dobres en filmes coma O Ultimato Bourne, Spiderman 3 e a vindeira Quantum of Solace, dará un paso até a cadeira do director.

O filme Amencer Vermello orixinal era un clásico da guerra fría entre rusos e americanos, que imaxinaba uns Estados Unidos recén invadidos polos soviéticos e mais os cubanos xusto após de rematar a Terceira Guerra Mundial.

Parent, antiga vicepresidenta da Universal Pictures, xa traballara anteriormente con Whedon en Serenity, o filme de ciéncia-ficción baseado na súa fallida série de televisión Firefly. Parent é tamén a produtora de Goners, un guión secreto de Whedon que a Universal mercou en 2005.