Tomb Raider unha prequela?
O produtor Dan Lin revelou á prensa que o previsto relanzamento da saga cinematográfica de Tomb Raider será, de feito, unha precuela. “É unha grande história sobre as orixes a que imos narrar”, dixo nunha entrevista. “Moi orientada aos persoaxes, eu diría, e mais realista cós anteriores filmes de Lara Croft“.
Lin engadiu que o casting para o papel ainda ten que escomezar, pero que os realizadores queren definitivamente a alguén mais nova que Angelina Jolie, a actriz que interpretou á famosa superheroína nas anteriores entregas da saga.
Relanzamento de Tomb Raider
A Warners Bros. Pictures e mais o produtor Dan Lin (Sherlock Holmes, Jonny Quest) están nas primeiras fases de desenvolvemento dun relanzamento do videoxogo convertido en franquía cinematográfica Tomb Raider.
A reelección do reparto semella ser tamén un problema de dereitos. Ainda que a Paramount fixera anteriormente as dúas películas baseadas no xogo, os dereitos reverteron ao creadores do software, a compañía Eidos. A Time Warner subiu a súa poxa case un 20% perante a Eidos en decembro e os dereitos da propiedade eran parte dese trato.
O mesmo cás recentes longametraxes de Batman e 007, o novo proxecto ignorará os anteriores filmes e reimaxinará as orixes de Lara Croft, as súas relacións sentimentais e o falcatruán principal. Dado que o proxecto está ainda aberto, non hai nin un guionista nin un director asociados ao mesmo, e a protagonista no papel de Lara Croft tampouco está ainda escollida e non-o estará até dentro de moito.
A popular saga de videoxogos escomezou en 1996 e vai sobre as aventuras da arqueóloga Lara Croft en misións por todo o mundo. Após de catro xogos, a cadaún mais popular có anterior, a saga se puxo nas mans de novos desenvolvedores que efectivamente recrearon o programa en Tomb Raider: Legend. A secuela deste último, Tomb Raider: Underworld, chegou ás tendas o pasado mes de novembro.
Angelina Jolie, Jon Voight e Daniel Craig protagonizaron o primeiro filme que adaptou este videoxogo en 2001, e a mesma Jolie, Gerard Butler e Ciaran Hinds protagonizaron o segundo en 2003. Malia as pésimas críticas que recolleu, obtivo 275 millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo. A secuela, ainda que seica millorou ao orixinal, só chegou aos 157 millóns.


