NOVA FANTASIA » Lara Croft

Guionistas da nova Lara Croft
Mark Fergus e Hawk Ostby, os guionistas que escribiron o primeiro Iron Man e Children of Men, foron contratados para facer o libreto do vindeiro relanzamento da franquía de Tomb Raider pola GK Films.

A popular série de videoxogos, publicada por primeira vez en 1996, ía sobre a valente arqueóloga Lara Croft, embarcada nunha série de misións por todo o mundo. A propiedade foi adaptada ao cinema en dúas ocasións, en 2001 e 2003, en senllos filmes protagonizados por Angelina Jolie.

A nova versión será un relanzamento en toda regra que ignorará totalmente as versións anteriores da Paramount. Nun comunicado de prensa, os guionistas aseguraron que tentarán crear unha «história da orixe de Lara Croft que a poña nun lugar seguro entre Ellen Ripley e Sarah Connor no panteón das grandes heroínas de acción«.

Graham King e Tim Headington serán os produtores deste filme, que ten previsto estrear-se en 2013.

O regreso de Lara Croft
A produtora GK Films, propriedade de Graham King, ven de se facer cos dereitos para o cinema da franquía de videoxogos de Tomb Raider e tentará relanzar a série cunha nova película en 2013.

A saga, extraordináriamente popular, escomezou cun videoxogo que apareceu en 1996, protagonizado pola ousada aventureira e arqueóloga Lara Croft nunha série de misións por todo o mundo, que continuaron con dous filmes que protagonizou Angelina Jolie no cinema. Lara Croft: Tomb Raider (2001) e Tomb Raider: The Cradle of Life (2003) recadaron 432 millóns de dólares en todo o mundo mália as pésimas críticas que recebiron ambos filmes.

Polo de agora non hai nin guionista nin director vencellados a este proxecto de relanzamento, que de todos os xeitos será posíbelmente un novo início e non unha continuación das dúas anteriores entregas producidas pola Paramount Pictures. Na súa nota de prensa, a GK Films di que a súa intención é «crear emocionantes nova aventuras para a xoven e dinámica Lara Croft«.

A Warner Bros. Pictures e mais o produtor Dan Lin tentaran un relanzamento hai un par de anos, pero nunca chegou a bó porto. Agora King e mais Tim Headington producirán a nova versión.

Tomb Raider unha prequela?
O produtor Dan Lin revelou á prensa que o previsto relanzamento da saga cinematográfica de Tomb Raider será, de feito, unha precuela. «É unha grande história sobre as orixes a que imos narrar», dixo nunha entrevista. «Moi orientada aos persoaxes, eu diría, e mais realista cós anteriores filmes de Lara Croft«.

Lin engadiu que o casting para o papel ainda ten que escomezar, pero que os realizadores queren definitivamente a alguén mais nova que Angelina Jolie, a actriz que interpretou á famosa superheroína nas anteriores entregas da saga.

Relanzamento de Tomb Raider
A Warners Bros. Pictures e mais o produtor Dan Lin (Sherlock Holmes, Jonny Quest) están nas primeiras fases de desenvolvemento dun relanzamento do videoxogo convertido en franquía cinematográfica Tomb Raider.

A reelección do reparto semella ser tamén un problema de dereitos. Ainda que a Paramount fixera anteriormente as dúas películas baseadas no xogo, os dereitos reverteron ao creadores do software, a compañía Eidos. A Time Warner subiu a súa poxa case un 20% perante a Eidos en decembro e os dereitos da propiedade eran parte dese trato.

O mesmo cás recentes longametraxes de Batman e 007, o novo proxecto ignorará os anteriores filmes e reimaxinará as orixes de Lara Croft, as súas relacións sentimentais e o falcatruán principal. Dado que o proxecto está ainda aberto, non hai nin un guionista nin un director asociados ao mesmo, e a protagonista no papel de Lara Croft tampouco está ainda escollida e non-o estará até dentro de moito.

A popular saga de videoxogos escomezou en 1996 e vai sobre as aventuras da arqueóloga Lara Croft en misións por todo o mundo. Após de catro xogos, a cadaún mais popular có anterior, a saga se puxo nas mans de novos desenvolvedores que efectivamente recrearon o programa en Tomb Raider: Legend. A secuela deste último, Tomb Raider: Underworld, chegou ás tendas o pasado mes de novembro.

Angelina Jolie, Jon Voight e Daniel Craig protagonizaron o primeiro filme que adaptou este videoxogo en 2001, e a mesma Jolie, Gerard Butler e Ciaran Hinds protagonizaron o segundo en 2003. Malia as pésimas críticas que recolleu, obtivo 275 millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo. A secuela, ainda que seica millorou ao orixinal, só chegou aos 157 millóns.