NOVA FANTASIA » Marvel

Hai outro Hulk en marcha?
Após de dúas películas que mais se poden considerar fracasos ca éxitos no despacho de billetes, a Marvel semellaba que non ía dar outra oportunidade ao Incríbel Hulk na pantalla grande. Pero entón chegou o filme dos Vingadores.

As primeiras críticas citan unánimemente a interpretación de Mark Ruffalo no papel do xigante verde coma unha das cousas a salientar neste filme, xa de por si grandioso, no que se pode considerar coma a primeira crítica positiva que recibe o persoaxe. As loubanzas á actuación de Ruffalo non pasaron desapercibidas para Kevin Feige, produtor da Marvel, e ainda que hai un par de semanas dixo que non tiña plans para facer outro filme de Hulk, podería estar a reconsiderar a súa postura.

De feito, nunha entrevista coa revista Forbes, o representante da Marvel Paul Glitter dixo que a compañía podería retomar ao persoaxe para facer un programa detelevisión o ano que ven, e logo un novo filme na pantalla grande para 2015.

Ruffalo pola súa banda asinou un contrato coa Marvel que o obriga a rodar seis películas para os estudos. A custión é se esta entrada pola porta grande será abondo para que Hulk continúe véndo-se nun filme para el só ou se a seguinte vez que o vexamos será de novo xunto co resto dos Vingadores, un escenários que polo de agora está mais preto da realidade e en liña coas intencións de Kevin Feige.

A Marvel recupera a Blade e ao Castigador
O director xeral da Marvel, Joe Quesada, ven de confirmar no decurso da pasada fin de semana que a Marvel Studios recuperou todos os dereitos sobre as franquías cinematográficas de Blade e Punisher, que até agora pertencían á New Line e mais á Lionsgate respectivamente.

Os diferentes estudos que posúen os dereitos sobre algunhas das franquías da Marvel, coma a Fox (X-Men, Daredevil) ou a Sony (Spiderman, Ghost Rider), teñen a obriga de seguir facendo filmes baseados nas devanditas propiedades cada poucos anos, ou do contrário os dereitos revirten automáticamente á Marvel segundo o contrato.

No caso de Blade e do Castigador, agora que regresaron á Marvel, non se agarda que se fagan secuelas nun futuro próximo. Quesada engadiu que os fans non deberían agardar ningún movemento neste senso durante moito tempo.

A morte de Peter Parker
A capa do cómic Ultimate Spider-Man

No ano 2000 o guionista de cómics Brian Michael Bendis creou a série Ultimate Spider-Man na Marvel para narrar as aventuras do trepamuros nunha versión moderna, quen expandeu a orixe clásica do heroe dende as iniciais 11 páxinas a un total de 180. Bendis traballou xunto ao debuxante Mark Bagley até o número 110 da série, cando Stuart Immonen sustituiu a Bagley. O español David Lafuente sustituiu a Immonen a partir do número 133, e o título pasou a ser Ultimate Comics: Spider-Man.

Ultimate Spider-Man foi a primeira série publicada do Universo Ultimate, un universo alternativo da Marvel que tentou facer unha reinvención dos persoaxes mais clásicos e con mais de 40 anos de história ás súas costas. E coma novo universo, as regras serían novas e libres de coincidir ou non co persoaxe orixinal. Nesta série, Peter Parker traballa nun restaurante de comida rápida mentres asiste ás súas clases na universidade. Vive xunto a Gwen Stacy, a súa tía May, á Antorcha Humana (morta noutra série da Marvel) e Iceman. O tón xeral da série é mais lixeiro e o debuxo está moi enfocado ao público xuvenil.

A cuestión é que o número 160 da série contará cunha importante novidade: a morte de Peter Parker, dentro da saga titulada Death of Spider-Man. Nesta série, o Trasno Verde fuxe da S.H.I.E.L.D. e tenta matar á tía May e a Mary Jane, o cal é evitado por Peter a costa de perder a vida. Segundo Bendis, «xa faláramos sobre o que sinifica Spiderman e sobre o que podería sinificar e que clase de novas histórias poderías contar. Se morrera salvando á tía May igual que cando non puido salvar ao tío Ben, daquela terías algo«.

Bendis non semellou moi impasíbel após de «matar» a Peter: «Escoita, eu sentei aquí tecleando todo isto con bágoas nos ollos coma un bebé grande! Subín as escaleiras e falei con miña muller e lle dixen ‘Estou moi avergoñado, coido quelevo chorando 45 minutos’ Na miña vida pasáron-me cousas de verdade polas que non chorei, pero ainda estou chorando por isto«.

Este é o final definitivo de Peter Parker nesta série, pero non para Spiderman. Segundo o editor Axel Alonso, «vai haber un Spiderman totalmente novo nun uniforme totalmente novo«. Quen será o novo trepamuros? Para saber a resposta haberá que agardar até o mes de agosto, cando apareza o novo número da série, Ultimate Comics Fallout.

A pregunta é por suposto, aceptará o público lér un cómic de Spiderman onde non saia Peter Parker, ainda que sexa dentro desta série para rapaces?

A Pixar dí-lle non aos heroes da Marvel
Dende que a Disney mercou a Pixar e despois á Marvel, os fans dos cómics levan moito tempo preguntándo-se se sería posíbel que as dúas compañías colaboren baixo a mesma dirección e podamos ver un filme da Pixar cos persoaxes da Marvel Comics.

O ano pasado o xefe da Disney Bob Iger dera un pouco de esperanza aos fans cando dixo que «falamos dunha colaboración Marvel/Pixar internamente, o xefe da Pixar John Lasseter falou cos rapaces da Marvel sobre isto e todos están moi emocionados. Coidamos que hai definitivamente algún proxecto emocionante que pode xurdir de aí«.

Pero agora, o mesmo Lasseter ven de desbotar esa posibilidade nunha recente entrevista na IGN. Cando lle preguntaron se había algunha posibildiade de colaboración, o responsábel da Pixar dixo que «non, non na Pixar. Xa temos aos Incríbeos, así que xa fixemos aquí superheroes por nós mesmos«.

Ademais, engadiu que a razón principal é que eles prefiren que as ideias para as súas películas procedan dos mesmos realizadores, algo co que a Disney está de acordo: «coa Pixar é coma ‘seguide facendo o que estades a facer, rapaces’ É un estudo dirixido por realizadores. Todas as ideias veñen dos mesmos realizadores. Traballamos con eles para obter as nosas ideias«.

A Marvel e os Inhumáns
A Marvel Studios desenvolverá unha adaptación ao cinema dos Inhumáns, a raza de superseres que nos cómics do universo Marvel vive na beira oculta da Lúa, creada polos Kree hai millóns de anos após de experimentaren con seres humáns primitivos.

O filme será unha história de equipo na que poñen aos protagonistas na Terra coma céculas durmintes alieníxenas que finalmente deberán chamar á súa raza para que se apodere do noso planeta. Por suposto, o grupo de áliens está xa asimilado e non quererá causar unha guerra.

Esta non é a única ameaza extra-terrestre que nos prepara a Marvel, porque segundo os rumores mais recentes, tamén teñen previsto utilizar asemade á raza alieníxena dos Skrull coma os inimigos dos Vingadores no outro filme que están a preparar.

A Marvel mata a ún dos 4 Fantásticos
A editorial Marvel rematou co suspense que mantiña aos afeccionados apostando coma nunha ruleta rusa. Após de anunciar o mes pasado que ún dos integrantes d’Os 4 Fantásticos ía morrer, finalmente soubemos quen é o desafortunado que regresará ao limbo de onde saen todos os heroes.

[OLLO: SPOILERS MAIS ADIANTE]

Así pois, no número 587 da série Fantastic Four, posta onte á venda nos Estados Unidos, soubemos por fin que a Antorcha Humana é o persoaxe que perde a vida.

Seica a editorial levaba planeando esta morte dende había anos, e este será tan só o primeiro chanzo nunha série de acontecementos que poderían facer tremer os alicerces do Universo Marvel. Jonathan Hickman, o guionista dos Catro Fantásticos, tivo a ideia hai dous anos de facer evolucionar aos persoaxes e aos conceptos presentados ao público hai xa case 50 anos no número 1 do cómic. Segundo Tom Brevoort, Vicepresidente da Marvel Entertainment, «a morte da Antorcha Humana é o primeiro movemento importante nesta incríbelmente emocionante evolución da lendária franquía dos Catro Fantásticos e unha parte necesária da história mais grande que narraremos sobre os queridos persoaxes mais adiante«.

De feito, a Antorcha Humana non é o único que morre nesta história: o número 588 será o derradeiro dos Catro Fantásticos. Ainda non se sabe o que será dos tres sobrevivintes, pero o mais probábel é que creen un novo grupo (e un novo cómic) titulado Os Tres Fantásticos.

Johnny Storm converteu-se na Antorcha Humana aos 16 anos, mentres viaxaba a bordo da nave espacial que resultou exposta aos raios cósmicos que mutaron aos pasaxeiros e os converteron nos Catro Fantásticos. Durante a súa carreira, Johnny foi actor, xefe financeiro de Fantastic Four Inc., mecánico e membro dos Vingadores Secretos. A última vez que vimos ao heroe foi mentres se enfrontaba a unha invasión extra-terrestre.

De calqueraxeito, a morte nos cómics non adoita ser tan definitiva coma na vida real. Os persoaxes poden regresar de entre os mortos e este tamén podería ser o caso. Tom Brevoort non quixo confirma-lo, pero en declaracións a unha emisora detelevisión dixo que «o feito da morte é algo co que todos os sers humanos podemos identificar-nos. Eu diría que unha história ben narrada da morte dun persoaxe non é necesáriamente desfeita polo seu regreso posterior«.

A Marvel non aproba Runaways
Ainda que non cancelaron o proxecto tal e coma se rumoreaba, a Marvel Studios ven de adiar os seus plans para escomezar unha nova franquía no cinema baseada nos seus superheroes xuvenís de Runaways.

A Marvel non estaba moi de acordo co escomezo deste proxecto despois de que o filme Kick-Ass non tivese o éxito agardado nos despachos de billetes, se ben o motivo oficial para ralentizar a produción é que os estudos teñen xa moitos outros proxectos na carteira e este filme non entra nos seus plans xusto agora.

A história vai sobre un grupo de adolescentes que descubren que os seus pais son superfalcatruáns e deciden aliar-se para loitar xuntos, usando os seus poderes para o ben.

Peter Sollett (Nick and Norah’s Infinite Playlist) ainda está vencellado á dirección, pero agora deberá procurar outros proxectos antes de se adicar a este. Brian K. Vaughan (Perdidos) foi o autor do guión.

O spinoff da Viúva Negra
Corre o rumor de que Scarlett Johansson está en conversas coa Marvel Studios para protagonizar no cinema unha secuela do seu persoaxe de Iron Man 2, a espía asasina Natasha Romanoff, mais coñecida entre os afeccionadosaos cómics coma a Viúva Negra.

Nunha conferéncia de prensa co gallo do lanzamento de Iron Man 2 en DVD, o xefe da Marvel Kevin Feige dixo que «xa comezamos a discutir con Scarlett sobre a ideia dun filme con ela de protagonista única e temos que axuntar algúns conceptos, pero [o filme de] Os Vingadores está antes«.

Johansson xa ten decidido repetir o seu papel de Romanoff neste vindeiro proxecto da Marvel, que axuntará aos seus millores super-heroes no grupo d’Os Vingadores.

Pelexa por Lobeto
Matt Reeves (Let Me In, Cloverfield) e mais Tony Scott (Deja Vu, Top Gun) son arestora os dous máximos candidatos para se facer coa cadeira de director do vindeiro filme de Lobeto, a secuela do éxito do ano pasado que confirma que os mutantes non só están de moda e deixan moitos cartos, senón que as grandes figuras de Hollywood anceian poñer un pé dentro.

A parella superou nas apostas a outros grandes talentos que tamén tiñan intención de dirixir ao Home X, coma Kathryn Bigelow (The Hurt Locker), Timur Bekmambetov (Wanted) e Daniel Espinosa (Snabba Cash).

Wolverine 2 estará baseada nunha história orixinal de Frank Miller e Chris Claremont e está ambientada principalmente en Xapón. A rodaxe estaba prevista para escomezar en xaneiro, pero probábelmente adiará-se.

Thor e o Capi en 3D
Nun longo artigo publicado hai uns días no xornal americano Los Angeles Times, a Marvel Studios ven de confirmar que tanto Thor coma O Capitán América, os seus dous vindeiros filmes de superheroes, serán convertidos ao formato 3D e estrados deste xeito.

Tal e coma se dixera anteriormente, Thor está-se a rodar en 2D e será convertido a 3D con posterioridade. No artigo, a Marvel confirmou que o director de Capitán América, Joe Johnston, fixo algunhasprobas con cámaras en 3D para rodar directamente o filme con este formato, pero tras declarar que o proceso foi «un pesadelo«, a Marvel decidiu que este filme tamén se rodaría íntegramente en 2D e sería convertido a 3D mais tarde.

Tanto Johnston, coma o director de Thor Kenneth Branagh e mais o voceiro da Marvel Kevin Feige recoñeceron que hai un estigma negativo contra o cinema «reconvertido» a 3D: «Diría que non hai un grande sentimento a prol da conversión, baseada en filmes que tiveron éxito financeiro pero que foron atacados artísticamente», comentou Feige, quen engadiu que «adicará-se unha cantidade de tempo sen precedentes ao proceso de conversión«, e que os efectos especiais para ambos os dous filmes foron concebidos dende o princípio en 3D. As «cidadelas de Asgard» especialmente préstan-se á dimensión extra.

A ira de Norton con Hulk
Non importa canto o desexen, a Marvel non é capaz de converter ao seu persoaxe Hulk nunha boa película. O filme de Ang Lee de 2003 tivo críticas negativas e 245 millóns de recadación, mentres que o de Louis Leterrier de 2008 só tivo críticas un pouco millores e 263 millóns de dólares de recadación.

O venres pasado saltou a nova de que a Marvel decidira despedir a Edward Norton, o protagonista da versión de 2008, polo que non repetirá o seu papel no vindeiro filme adicado aos Vingadores. Seica o director Joss Whedon mantivera un encontro con Norton e chegaran a un acordo, pero a Marvel só uns días despois informou ao actor de que non participaría no filme.

O voceiro da Marvel, Kevin Feige, confirmou as novas nunha declaración: «A nosa decisión non está baseada en factores económicos, senón que ten as súas raíces na necesidade de contar cun actor que represente a creatividade e mais o espírito creativo dos outros membros do noso reparto. Os Vingadores requiren actores que traballen coma parte dun grupo. Procuramos anunciar un nome de actor que encaixe nestes requisitos e teña paixón polo papel icona nas vindeiras semanas«.

O axente de Norton contraatacou de contado: «Esta ofensiva declaración de Kevin Feige na Marvel é confusa a mantenta e un intento inaxeitado de pintar ao noso cliente cunha luz negativa«. Na súa declaración, confirmou que o auténtico problema de fondo é económico e que aceptan que a Marvel non quera pagar o que pide Norton.

Nos días seguintes os rumores sobre quen será o xigante esmeralda semellan apuntar cara a Mark Ruffalo (Zodiac, Collateral) quen estaría negociando coa Marvel Studios a súa incorporación. Outros nomes que tamén soaron estes días foron os de Joaquin Phoenix, Adrien Brody, Nathan Fillion e David Tennant.

As curtas da Marvel
Con Kick Ass, The Losers e Jonah Hex agardando na recámara, os espectadores de cinema seica xa teñen unha ración abondo grande de adaptacións de persoaxes non demasiado populares procedentes do mundo do cómic este ano. Así que a Marvel está a considerar unha nova estratéxia para sacar adiante os seus moitos proxectos con persoaxes menores: curtometraxes.

Dun xeito moi semellante ao que fai Pixar coas súas películas, seica a Marvel está a considerar producir curtometraxes de dez minutos de duración nas que se presente a persoaxes do seu universo menos coñecidos (coma Luke Cage, ou o Dr. Strange) e proxecta-los xusto antes do comezo das dúas películas principais da Marvel para o ano que ven: Thor e mais O Capitán América.

Este movemento semella contradecir o acordo que adoptara anteriormente a Marvel, que consistía en crear filmes de baixo orzamento con directores novatos nos que se presenta-se aos persoaxes menos coñecidos. O único certo polo de agora é que non hai ningún comunicado oficial e que polo tanto todo é posíbel.

Guionistas para o Doutor Strange
A prometedora parella de guionistas formada por Thomas Donnelly e Joshua Oppenheimer (Sahara, A Sound of Thunder) ven de recibir o encargo de adaptar ao cinema a outro persoaxe da Marvel Comics: o Doutor Strange.

Coma xa saben todos os fans do mundo do cómic, a história vai sobre un cirurxán de New York que após dun accidente de coche perde a habilidade de usar as súas mans para operar. Frustrado, decide facer unha viaxe ao Himalaia, onde atopará a un curandeiro e axuda que lle fan gañar poderes psíquicos cos que se converte nun superheroe capaz de loitar contra os falcatruáns.

Wes Craven, David Goyer, Stephen Norrington e Guillermo del Toro estiveron nalgún intre vencellados a este proxecto, que coma élóxico tratándo-se deste persoaxe, pasou por várias reencarnacións, e agora seica será o primeiro da Marvel que se faga en colaboración coa Disney Pictures, após de que a compañía do rato mercase á Marvel.

Donnelly e Oppenheimer son tamén os encargados de escribir o guión para o vindeiro relanzamento de Conan e para a adaptación á pantalla grande do videoxogo Uncharted: Drake’s Fortune.

Guionistas Motoristas
Os directores e guionistas de Crank e Gamer, Mark Neveldine e Brian Taylor, están en conversas moi avanzadas para se faceren cargo da secuela do filme que adaptou ao cinema ao heroe do cómic Ghost Rider e que levará por título Spirit of Vengeance na Sony Pictures.

Nicolas Cage está ainda a negociar repetir o seu papel do protagonista Johnny Blaze, un motociclista especialista en tomas arriscadas que fai un pacto co demo e se converte nunha caveira en lapas que conduce unha moto polo inferno.

Os detalles do argumento desta segunda parte ainda non se deron a coñecer e non se sabe se se utilizarán as moitas tomas que se rodaron no filme anterior de 2007, que mália as pésimas críticas acadou recadar nada menos ca 230 millóns de dólares por todo o mundo. David Goyer escribiu a história e non se sabe se Neveldine e Taylor lle darán un segundo repaso antes de converte-la no guión definitivo.

Avi Arad, Ari Arad, Michael De Luca e Steven Paul son os produtores. A rodaxe ten previsto o seu escomezo para finais de outono, xusto antes de que os dereitos volvan a pertencer á Marvel Comics.

Renner e McDonough, superheroes
Ainda que se leva a rumorear dende hai meses, semella agora mais seguro que Jeremy Renner está en negociacións moi avanzadas para se facer co cobizado papel de Hawkeye no filme d’Os Vingadores.

Renner fora vencellado co mesmo papel para aparecer en Thor o ano pasado, pero os rumores decaeron cando se soubo que Renner estaba a negociar a súa incorporación a outros proxectos, un dos cales nunca chegou a asinar e outro dos cales non puido sair adiante por falla de financiamento.

Agora todo semella indicar que será o escollido para interpretar ao superheroe Hawkeye no filme que axuntará a moitos dos mais famosos heroes da Marvel e que comezará a se rodar o ano que ven.

Pola súa banda, Neal McDonough está a manter conversas para se facer co papel de Dum Dum Dugan no filme de Joe Johnston Captain America: The First Avenger.

O persoaxe é un oficial da S.H.I.E.L.D. e un dos mais experimentados membros da equipa de Nick Fúria. É coñecido polo seu chapeu redondo, que e é o seu sinal de identidade, e mais por ser un excelente francotirador.

A rodaxe do Capitán América escomezará o mes que ven en Inglaterra.

Lobeto en galego
Segundo informa o xornal El Correo Galego, a editorial santiaguesa El Patito Editorial está a preparar o primeiro cómic de Marvel en galego: será Lobeto, un volume debuxado polo ilustrador galego Julio Das Pastoras. O libro recolle as dúas historias que o debuxante ribeirense realizou o ano pasado nos Estados Unidos, Switchback e Revolver, cun Logan totalmente diferente ao que estamos afeitos

Julio Martínez (Ribeira, 1956), coñecido como Julio Das Pastoras, é un dos ilustradores galegos de maior sona, establecido dende hai moitos anos en Barcelona. Publicou as súas series en revistas coma Splatter, 1984, El Víbora, El Jueves, Comix Internacional ou Madriz. Participou en numerosas mostras internacionais e álbumes colectivos, coma La Historia del Blues (Undercomic). Este último proxecto de Siniestro Total xurdiu en boa parte grazas á adaptación que Das Pastoras fixera dunha canzón do grupo no álbum colectivo Pop Español. Traballou para o mercado francobelga coa serie Os heresiarcas, con guión de Carlos Portela, publicada en EEUU coma Deicide. Con guións de Jodorowsky empezou en 2007 a colección de álbumes Castaka. En Marvel Comics participou con historietas curtas entre outras en Punisher: Frank Castle (2009) e Deadpool: Merc without a mouth (2010).

Pola súa banda, a editorial El Patito acudirá ao Salón do Cómic de Barcelona que remata o domingo. Nela xa vimos a posta de longo do libro Vento do Norte de Álex Cal que ven de chegar ao mercado. A aposta que durante estes dous anos de vida fixo a editorial polo cómic de autores galegos podera-se ver na caseta número 55: Hexed. A marca de Lucifer de Emma Ríos; Aventura de Cacauequi de Jacobo Fernández; Aventura no Camiño de Primitivo Marcos; Cidades de Papel de David Pintor; Mensaxes de Mariano Casas; Golfiño en portada de Fausto; Os Compañeiros. A Orde da Pedra de Miguelanxo Prado ou North Wind de Álex Cal, son algunhas das obras que levan á feira.

O Motorista sen Cage?
A secuela de Ghost Rider podería estar mais preto do que coidamos, e incluir a Nicolas Cage… ou non.

A Sony Pictures, que produciu o filme orixinal en 2007, é a propietária dos dereitos sobre o persoaxe da Marvel Comics e o será mentres o continúen utilizando en novos filmes. É un contrato que obriga á Fox, á Sony, á Universal e mais á Lionsgate a continuar facendo filmes con persoaxes coma os X-Men, Spiderman, o Castigador, Hulk, Os Catro Fantásticos e Daredevil ou do contrário os dereitos revertirán á Marvel, que estará encantada de poder vende-los mais caros a outra empresa… ou á mesma.

E agora todo semella indicar que os dereitos sobre o motorista pantasma regresarán á Marvel a final deste ano de non ser que a Sony comece a produción dunha secuela coma moi tarde o 14 de novembro. É un escenário arriscado porque o primeiro filme foi un desastre para os médios especializados e custou 110 millóns de dólares produci-lo. Nombergantes, e mália que non todo o mundo está familirizado co persoaxe, a recadación subiu até os 228 millóns en todo o mundo.

Claro que unha boa parte do éxito nos despachos de billetes é grazas a que o protagonista foi Nicolas Cage, polo que a súa implicación no proxecto semella ser da máxima importáncia. A súa axenda, nombergantes, non está aberta antes do final do prazo porque a Disney quere contar con el para unha terceira entrega da saga de National Treasure, que comezará a se rodar en outono se todo vai segundo o previsto.

Por outra banda, a secuela de Ghost Rider simplemente non está preparada. Scott Gimple e Seth Hoffman entregaron un primeiro guión para o que a Sony está a procurar director, pero aínda está lonxe de chegar a un acordo con ninguén.

A Sony podería usar o filme para apuntalar unha axenda que semella moi parada para 2011 e seica ten intención de lle pedir unha prórroga á Marvel antes de que remate o contrato, pero é moi dubidoso que lle sexa aceptado. Ningún estudo quere perder unha propiedade que pode pasar ás mans dun rival que o faga moito mais rendíbel. Así que a pregunta é: atreverán-se a face-lo sen Cage?

O futuro da Marvel é gastar menos
Cando xa medraches e chegaches todo o alto ao que podías aspirar, din que a chave da lonxevidade é non tentar seguir medrando senón ir nunha dirección totalmente oposta.

Así que unha vez que o seu seguinte filme de grande orzamento, Os Vingadores, remate de se rodar, a Marvel Studios ten a intención de seguir por outra vía, a de comezar a facer filmes con presupostos pequenos ou moderados, baseados en persoaxes menores ou menos coñecidos.

Así, persoaxes coma o Dr. Strange, Luke Cage, Dazzler etc. que non son recoñecidos por ningén agás polos afeccionados aos cómics (o contrário ca Spiderman ou a Patrulla X, da que moitos que nunca leron os seus comics xa oiran falar con anterioridade) terán a súa oportunidade de aparecer na pantalla grande e de acadar un óco entre o público. E é que realmente a ideia de gastar unha chea de cartos en filmes sobre persoaxes que non todo o mundo coñece non é a mais axeitada no mundo dos negócios.

A decisión semella intelixente e así a Marvel pretende rebaixar os seus orzamentos para cada filmek e poñe-los ao redor dos 20 ou 40 millóns de dólares. O sistema evitará os riscos de fracasos e permitirá facer vários filmes simultáneamente, producindo a un ritmo moi superior.

O millor de todo é que os directores poderán permitir-se o luxo de tomar mais riscos cos persoaxes, seren mais creativos e utilizar o material dun xeito no que até agora nunca tiveran a oportunidade. A parte malaé que obviamente filmes adicados a persoaxes coma os de Kick Ass ou en filmes coma Punisher: War Zone, que non teñen interese para o grande público, non obterán nunca grandes benefícios.

Agárda-se que esta nova liña de acción por parte da Marvel se dea a coñecer no decurso da vindeira Comic-Con.

Os Vingadores teñen director
O creador de Buffy Cazavampiros e de Serenity, Joss Whedon, conta con todas as cartas para se converter no encargado da realización do filme de superheroes The Avengers para a Marvel Studios e mais a Paramount Pictures.

O nome de Whedon fora xa mencionado en distintos rumores que corrían pola Rede dende hai semanas. A rodaxe debe dar comezo o ano que ven e a data de estrea é o 4 de maio de 2012.

Mentres tanto, dous dos superheroes que protagonizarán este filme terán oportunidade de aparecer un pouco antes noutras duas longametraxes. Unha escena co Capitán América e mais Thor aparecerá despois dos títulos de crédito de Iron Man 2, xusto coma Nick Fúria apareceu nunha escena ao remate do filme de 2008 Iron Man.

Será posíbel ver daquela aos dous musculosos Chris (Chris Evans e Chris Hemsworth) cos seus uniformes? É pouco probábel, xa que o que se di é que a escena é «sobre» eles, non que vaian aparecer na pantalla en absoluto.

Atwell no Capitán América
A Marvel Studios ven de anunciar que finalmente será a actriz Hayley Atwell a que interprete a Peggy Carter na agardada vindeira produción dos estudos, Captain America: The First Avenger.

Nos primeiros cómics da série, Peggy Carter era a namorada do Capitán América (Chris Evans) mentres ambos loitaban xuntos na Segunda Guerra Mundial. O persoaxe deberá pasar por unha adaptación xa que ten moito que poñer ao día.

En anteriores informacións, Emily Blunt era a principal candidata, pero rexeitou o papel, polo que este ficou pendente dunha decisión entre Atwell e mais a Alice Eve. A actriz británica finalmente foi a desbotada.

A Atwell puidemos ve-la en filmes coma The Duchess, Brideshead Revisited, Cassandra’s Dream e mais na recente minisérie remake de O Prisioneiro.

Ed Norton nos Vingadores?
Mália que as malas línguas din que tivo unha liorta cos responsábeis dos estudos após de protagonizar The Incredible Hulk, Edward Norton ven de revelar que está mais optimista ca nunca para regresar ao papel de Bruce Banner e mais ao universo Marvel para o potencial proxecto de Os Vingadores, que axuntará a vários superheroes nun só filme.

Preguntado sobre se a Marvel se puxera en contacto con el para escomezar a traballar, Norton dixo: «Si, até certo punto, a través dos meus axentes… Pero sempre houbo unha axenda que coido que teñen que aclarar moito no universo Marvel e logo regresar… coido que teñen moito material novo que están a descubrir e daquela nalgún intre van averiguar como poden facer Os Vingadores«.

Ademais engadiu que «o tipo co que tiven unha liorta xa marchou dalí de todos os xeitos, coma sempre acontece. Coma dixo David Mamet, ‘Só espera a que marchen e ti ainda seguirás alí’«, o que explica os seus motivos para o seu novo optimismo.

Daredevil, volve o heroe
Coa 20th Century Fox falando xa dun relanzamento da súa saga dos Catro Fantásticos, semella non ser unha grande sorpresa que os estudos estean tamén a planear outro volta de rosca sobre o persoaxe da Marvel Comics Daredevil.

O mesmo que acontece con outros casos semellantes, os estudos teñen a obriga contratual de seguir facendo filmes baseados en certos persoaxes se non queren perder os dereitos sobre os mesmos, que regresarían ao seu dono (neste caso a Disney, recente compradora da Marvel).

O cómic fora adaptado previamente en 2003 con Ben Affleck, Jennifer Garner, Michael Clarke Duncan e Colin Farrell nos papeis principais. Cun orzamento de 78 millóns de dólares e uns ingresos no despacho de billetes de 179,2 millóns en todo o mundo mália unhas críticas moi negativas (especialmente dirixidas a Affleck), agora os estudos queren facer algo distinto e pode que tenten unha versión dirixida a un público mais adulto. De feito, en 2005 lanzou-se unha versión para maiores de 18 en DVD con 30 minutos mais de esceas, e obtivo unha resposta mais positiva.

Para a nova versión, David Scarpa (The Day the Earth stood still) escribirá o guión e Peter Chernin será o produtor.

O Capi, en marcha
O director da recente The Wolfman, Joe Johnston, ven de escomezar a súa promoción para o devandito novo filme, pero non escapou das preguntas das prensa que xa lle están a cuestionar sobre o seu seguinte proxecto, o filme de alto orzamento da Marvel Studios sobre o Capitán América.

Johnston revelou que xa está a traballar na preprodución en Manhattan Beach (Califórnia) con Rick Heinrichs, un experto no deseño de produción: «É a parte do proceso que mais me gusta. Temos oito ou dez artistas de talento, e sentamos todo o día e debuxamos propostas… esta é a fase da produción onde non importan os cartos«, dixo moi emocionado.

Actualmente o plan é comezar a acción do filme en 1942 e 1943 durante a Segunda Guerra Mundial, e logo «ir cara adiante ao que están a facer co Capitán América hoxe en día… imos tentar evitar todo ese rollo dos cómics dos anos 60 e 70«.

O filme comezará a súa produción a finais deste ano, coa vista posta nunha estrea que será o 22 de xullo de 2011.

Spiderman relánza-se
O luns coñeceu-se a nova de que a Sony Pictures e mais o director Sam Raimi, que levaban vários meses de tira e afrouxa por mor das diferéncias creativas ao redor da cuarta entrega da saga de Spiderman, veñen de rachar os seus acordos, e anunciaron que a Sony Pictures e mais a Marvel Studios teñen novos plans, que consistirán no relanzamento da franquía contando cunha equipa de produción totalmente nova.

A história utilizará o guión rexeitado de James Vanderbilt, que fai regresar a Parker ao seu papel de adolescente ateazado polos seus problemas como persoa humana e como superheroe: «Peter Parker é un adulto novo normal que conta con poderes extraordinários, o que sempre foi o fundamento que fixo deste persoaxe algo intemporal e atraínte para xeracións de fans. Estamos moi emocionados polas posibilidades creativas que veñen das raíces de Peter«, dixo a xefa da Sony Amy Pascal nunha rolda de prensa oficial.

Como resultado deste movemento, Sam Raimi (director) e Tobey Maguire (protagonista) fican fóra, con tan só unha nota de agradecemento da Sony. Raimi esencialmente dixera aos estudos que non podía ter un filme preparado para o verán de 2011, e os estudos, en vez de tenta-lo sen el, preferiron escomezar de novo, cun relanzamento da franquía no canto dunha cuarta entrega da saga actual.

O director de (500) Days of Summer, Marc Webb, é o principal candidato para sustituir a Raimi. Os estudos contan cunha «lista de desexos» na que aparecen James Cameron, David Fincher e Wes Anderson. Pero Webb é o único que polo de agora mantivo reunións cos produtores e mais os executivos dos estudos.

Estas novas fan que todas as anteriores notícias e rumores sobre Spiderman 4 fiquen anuladas: Kirsten Dunst non regresará e todas as conversas que contaban con o Vuitre e mais a Gata Negra xa non teñen valor algún. Os produtores Avi Arad e Laura Ziskin aínda están vencellados ao filme, coa mesma capacidade que antes, mentres están á procura dunha data no verán de 2012 para un Spiderman que mesmo podería rodar-se en 3D, a tecnoloxía de moda.

Os motivos de todo isto non están nada claros. Ainda que o orzamento de Spiderman 3 foi de 250 millóns de dólares e as críticas foron moi negativas, os fans acudiron en masa os cinemas e o filme recadou 890 millóns en todo o mundo, polo que á Sony non lle debería importar moito as subas de orzamento, o caché dos protagonistas nin o do seu caprichoso director. A Sony ten que seguir facendo filmes de Spiderman para non perder os dereitos sobre o persoaxe, así que aquí hai algo mais que non nos contaron.

Dende o punto de vista dun executivo dos estudos, todo cobra sentido porque se poden reducir os custes da rodaxe da seguinte película e se recuperaría o control creativo sobre a propiedade, ao contar cun director mais disposto a aceptar ordes. O regreso aos anos de mocidade do persoaxe no canto de explorar a vida dun trintaneiro casado semella mais doada de aceptar polo público e polos creativos. Voltar ao Peter de sempre, dándo-lle énfase ao romance, podería incrementar a audiéncia feminina e fará que de novo destaquen as súas diferéncias co seu máximo rival no despacho de billetes, o superheroe da DC Comics Batman, do que axiña se verán dúas novas entregas.

Todo isto ten o seu lado negativo: os fans de sempre perderán-se, a xente que é leal sobre todo a Raimi deixará de ir a ver o filme, e nos fóros da Internet as críticas mesmo antes de escomezar a se producir o novo Spiderman xa arrécian e poderían danar á franquía. En todo caso, a presión está agora do lado da Sony, obrigada a cumprir coa súa palabra e ter un bó filme en verán de 2012.