Benjamin Button aos Oscars

23 de Xaneiro de 2009 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

Benjamin ButtonO curioso caso de Benjamin Button lidera as nominacións aos Oscar de Hollywood con 13 candidaturas, entre as que se inclúen as de millor filme, segundo ven de anunciar hoxe mesmo a Académia de Cinema dos Estados unidos. O filme acadou ademais nominacións ao millor actor, para Brad Pitt, á millor actriz, para Taraji P. Henson, e ao millor director, David Fincher.

O gañador póstumo do Globo de Ouro Heath Ledger, pola súa banda, acadou unha nominación ao millor actor secundário polo seu papel do Joker no filme O Cabaleiro Escuro. A aclamada secuela de Batman non puido facer-se con máis nominacións ás categorías mais salientábeis dos Oscar, ainda que era unha das grandes favoritas a millor filme e millor director, e tivo que se contentar cunha chea de nominacións a Oscars de menor calado, coma a millor realización, efectos especiais e edición.

A ciéncia-ficción, a fantasía e o sobrenatural ficaron coma adoita ser habitual iñorados polos membros da Académia entre as categorías importantes. Iron Man e Hellboy II: O Exército Dourado acadaron nominacións en categorías de tipo técnico.

Os que si tiveron algo mais de sorte foron os filmes de debuxos animados, xa que entre os nominados hai tres de xénero fantástico: Bolt, Kung Fu Panda e WALL-E.

WALL-E ademais acadou unha nominación ao millor guión orixinal, algo que non é nada habitual para un filme de debuxos animados, e outra nominación para a millor canzón orixinal.

A cerimónia de entrega dos Oscars terá lugar o vindeiro 27 de febreiro en Hollywood, Califórnia.

Ratatouille acada tres nominacións

24 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Comments Off

RatatouilleRatatouille e Enmeigada (Enchanted) foron os filmes de xénero fantástico que máis nominacións acadaron, con tres cadanseu, entre os contendentes dos para os prémios da Académia na súa 80ª edición, que foron anunciados o pasado día 22 de xaneiro en Beverly Hills, Califórnia.

O filme da Disney/Pixar Ratatouille acadou nominacións á millor película de debuxos animados, á millor banda sonora e á millor edición de sóns. Tolos polo Surf (Surf’s Up) tamén recebiu unha nominación á millor película de animación.

O filme da Disney Enchanted obtivo nominacións por tres das súas canzóns orixinais: Happy Working Song, So Close e That’s How You Know. Lér máis