NOVA FANTASIA » oscars

Nominados para os Oscar 2012
As nominacións para a 83ª gala dos prémios da Académia de Cinema, os populares Oscar de Hollywood, xa se deron a coñecer e os filmes Hugo e The Artist son polo de agora os grandes trunfadores con 11 e 10 candidaturas respectivamente.

Coma é habitual, as grandes producións e o cinema fantástico ficaron fóra de todo tipo de nominacións, mália que son estas longametraxes as que cos seus grandes éxitos no despacho de billetes axudan a facer de Hollywood o lugar que é e dan-lle aos Oscars a releváncia que teñen.

Na lista aparecen Midnight in Paris e The Tree of Life coma nominadas á millor película e os seus directores, Woody Allen e Terrence Malick, coma nominados ao Oscar a millor director. Midnight in Paris foi nominada asemade ao millor guión orixinal.

Fóra deses prémios temos que nos ir até as candidaturas mais técnicas para ver títulos de xénero: Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two e Midnight in Paris á millor dirección artística e The Tree of Life á millor Montaxe.

Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two tamén é candidata ao Oscar á millor maquillaxe, e John Williams foi nominado pola súa banda sonora de The Adventures of Tintin. No apartado musical hai que incluir ademais ás canzóns Man or Muppet de The Muppets e Real in Rio do filme de debuxos animados Rio.

Finalmente, nos apartados mais estritamente técnicos, hai coma sempre abondosos exemplos de cinema fantástico: no Oscar ao millor Son e á millor edición de són figura Transformers: Dark of the Moon e no de millores efectos especiais temos a Harry Potter and the Deathly Hallows: Part Two, Real Steel, Rise of the Planet of the Apes e Transformers: Dark of the Moon.

Inception, nominada para 8 Oscars
A Académia de Cinema de Hollywood fixo onte públicas as súas candidaturas para os prémios Oscar deste ano, e tal e coma se agardaba, Inception acadou oito nominacións, se ben entre elas abraiantemente non está a de millor director para Christopher Nolan.

Inception foi nominada para os prémios á dirección artística, cinematografía, banda sonora orixinal, millor película, edición de són, mistura de són, efectos especiais e guión orixinal, pero Nolan, o derradeiro responsábel de todo o anterior, nin tan sequera foi relembrado á hora de presentar aos millores directores do ano.

Pola súa banda, Darren Aronofsky, cuxo filme Black Swan recebiu cinco nominacións, si que está na listaxe dos candidatos á recebir á estatuíña de millor director. Natalie Portman, a protagonista, será candidata a millor actriz.

Toy Story 3 levou outras cinco nominacións, e competirá con Inception, Black Swan e outros sete filmes que aspiran a ser a millor de 2010 cando sexan entregados os Oscar o vindeiro 27 de febreiro.

Outra das grandes decepcións dos afeccionados é a auséncia do grupo Daft Punk entre as millores bandas sonoras, polo seu traballo en Tron: Legacy. No seu lugar foi escollida a obra de John Powell por How To Train Your Dragon.

Benjamin Button aos Oscars
O curioso caso de Benjamin Button lidera as nominacións aos Oscar de Hollywood con 13 candidaturas, entre as que se inclúen as de millor filme, segundo ven de anunciar hoxe mesmo a Académia de Cinema dos Estados unidos. O filme acadou ademais nominacións ao millor actor, para Brad Pitt, á millor actriz, para Taraji P. Henson, e ao millor director, David Fincher.

O gañador póstumo do Globo de Ouro Heath Ledger, pola súa banda, acadou unha nominación ao millor actor secundário polo seu papel do Joker no filme O Cabaleiro Escuro. A aclamada secuela de Batman non puido facer-se con máis nominacións ás categorías mais salientábeis dos Oscar, ainda que era unha das grandes favoritas a millor filme e millor director, e tivo que se contentar cunha chea de nominacións a Oscars de menor calado, coma a millor realización, efectos especiais e edición.

A ciéncia-ficción, a fantasía e o sobrenatural ficaron coma adoita ser habitual iñorados polos membros da Académia entre as categorías importantes. Iron Man e Hellboy II: O Exército Dourado acadaron nominacións en categorías de tipo técnico.

Os que si tiveron algo mais de sorte foron os filmes de debuxos animados, xa que entre os nominados hai tres de xénero fantástico: Bolt, Kung Fu Panda e WALL-E.

WALL-E ademais acadou unha nominación ao millor guión orixinal, algo que non é nada habitual para un filme de debuxos animados, e outra nominación para a millor canzón orixinal.

A cerimónia de entrega dos Oscars terá lugar o vindeiro 27 de febreiro en Hollywood, Califórnia.

Ratatouille acada tres nominacións
Ratatouille e Enmeigada (Enchanted) foron os filmes de xénero fantástico que máis nominacións acadaron, con tres cadanseu, entre os contendentes dos para os prémios da Académia na súa 80ª edición, que foron anunciados o pasado día 22 de xaneiro en Beverly Hills, Califórnia.

O filme da Disney/Pixar Ratatouille acadou nominacións á millor película de debuxos animados, á millor banda sonora e á millor edición de sóns. Tolos polo Surf (Surf’s Up) tamén recebiu unha nominación á millor película de animación.

O filme da Disney Enchanted obtivo nominacións por tres das súas canzóns orixinais: Happy Working Song, So Close e That’s How You Know.

Pola súa banda, o filme de Michael Bay Transformers levou dúas nominacións: á edición de són e aos efectos especiais.

Piratas do Caribe 3 tamén levou dúas nominacións, á maquillaxe e aos efectos especiais, así coma O compás dourado, á millor dirección artística e aos efectos especiais.

Os Oscars están previstos para se entregar en Hollywood o vindeiro 24 de febreiro.