NOVA FANTASIA » steven spielberg

Steven Spielberg e o Moisés guerreiro
Primero perseguíro-no para que acepta-se, logo comezou conversas formais, e agora está «a punto de se gravar en pedra» que Steven Spielberg será o encargado de dirixir o filme épico sobre Moisés titulado Gods and Kings para a Warner Bros. Pictures.

Michael Green e Stuart Hazeldine escribiron un guión que narra a história completa do lendário semideus dos hebreos e cristiáns, dende o seu nacemento miragroso até a sú morte, e cobre toda a súa vida, incluindo a mítica liberación dos escravos xudeus, as sete pragas de Exipto, os dez mandamentos e as catro décadas de vagar polo deserto na procura da terra prometida.

O tón será menos tipo Cecile B. De Mille e mais Braveheart, e retratará a Moisés coma ún dos grandes guerreiros da história. Tamén rodará-se cun estilo o mais realista posíbel, coma xa fixera o mesmo Spielberg en Saving Private Ryan.

Dan Lin e Matti Leshem serán os produtores deste filme, que ten previsto escomezar a se rodar aló por marzo ou abril de 2013, cando Spielberg remate a produción de Robopocalypse na que se atopa xa traballando.

Spielberg negócia con deuses e reis
Steven Spielberg ven de escomezar a negociar formalmente a súa entrada coma director no proxecto de longametraxe épica sobre a figura mítica de Moisés titulada Gods and Kings para a Warner Bros. Pictures.

Michael Green e Stuart Hazeldine escribiron o guiíon, que narraa história completa de Moisés, un persoaxe lendário que segundo o libro sagrado dos xudeus liderou ao povo de Israel para ceiba-lo da tiranía dun misterioso faraón do que nunca se revela o nome nin a época exacta na que existiu. Moisés está vencellado a toda unha série de lendas e miragres, coma as pragas de Exipto, os dez mandamentos e o éxodo polo deserto e é considerado coma o pai de várias relixións.

Dan Lin e Matti Leshem eran os produtores orixinais deste filme, pero se Spielberg entra no proxecto, sen dúbida unirá-se a eles.

Queren a Spielberg para Moisés
A Warner Bros. Pictures está a tentar convencer a Steven Spielberg para que dirixa o seu vindeiro filme épico-mítico titulado Gods and Kings e que narrará a lenda de Moisés, o persoaxe central das aventuras dos xudeus na Bíblia, un libro sagrado de várias relixións.

A história narrará a vida enteira de Moisés, dende o seu lendário nacemento até a súa morte, baseándo-se nun dos capítulos da Bíblia, titulado Libro do Éxodo. Mália a evidente semellanza con outro filme fantástico dos anos 50, Os Dez mandamentos, esta non será un remake da clásica película de Cecil B. DeMille.

Michael Green e Stuart Hazeldine escribiron xa o guión, que seica está a lér Spielberg, se ben os estudos ainda non lle fixeron ningunha oferta en firme. De todos os xeitos, as posibilidades de que o famoso director acepte son moi escasas, dado que non adoita dirixir filmes que non pode controlar dende o princípio até o final, e iso inclúe o guión. Dan Lin e Matti Leshem son os produtores.

Terra Nova, adiada
A estrea na canle Fox do episódio piloto de Terra Nova, a nova e moi agardada série producida por Steven Spielberg, ven de se adiar alomenos até o vindeiro outono.

O plan era facer debutar o piloto en maio, coa intención de que se todo ía ben, se presentase o resto da tempada a partir de outono. Pero agora, nun comunicado de prensa oficial feito público antonte pola Fox, confirmou-se que o episódio piloto debutará tamén en outono, xunto o resto da tempada das outras séries da mesma canle.

Kevin Reilly, presidente de emisións da Fox, confirmou que o atraso é debido aos efectos especiais: «os efectos especiais de última xeración usados para crear o mundo de Terra Nova son dunha envergadura e un alcance xigantescos e requerirán mais tempo para a súa realización. Este aspecto da série é esencial, polo que imos adiar a estrea do especial para lle dar á quipa de efectos especiais o tempo abondo que precisan para  o seu traballo«.

Esta série de ciéncia-ficción, producida por Steven Spielberg, vai sobre un pequeno grupo de humáns que fuxen 85 millóns de anos ao pasado para formar un asentamento nunha terra prohibida. Pero os aventureiros axiña descubren que este mundo saudábel e cheo de vida non é tan idílico coma semella, e que non só os dinosáuros son perigosos.

Spielberg fará Robopocalypse
A DreamWorks ven de facer público un comunicado de prensa no que confirman que Steven Spielberg será o director dunha longametraxe de ciéncia-ficción e acción titulada Robopocalypse e que este será o seu seguinte proxecto.

O director, que está a rematar Warhorse, un filme ambientado na Segunda Guerra Mundial, escomezará a rodar Robopocalypse en xaneiro de 2012 coa ideia de poder estrear no verán de 2013.

Baseado nun manuscrito ainda non publicado orixinal de Daniel H. Wilson, este conto con moralexa explora o destino da raza humana após dunha rebelión dos robots. Wilson, que posúe un Doutorado en Robótica, escribiu o seu conto cun altísimo grao de autenticidade, derivada do seu coñecemento da tecnoloxía real dos robots.

O guionista de Cloverfield Drew Goddard é o autor do libreto mais recente. A Dreamworks fíxo-se cos dereitos o ano pasado e Spielberg resultou vencellado ao proxecto hai só un mes.

Eldard e Emmerich en Super 8
Ron Eldard, Noah Emmerich, Gabriel Basso, Joel Courtney, Riley Griffiths, Ryan Lee e Zach Mills son os actores cuxos nomes únen-se aos dos protagonistas do vindeiro proxecto conxunto de J.J. Abrams e Steven Spielberg Super 8 na Paramount Pictures.

Os papeis principais xa estaban ocupados por Kyle Chandler (Friday Night Lights) e Elle Fanning (Somewhere) pero polo de agora isto é todo o que se sabe do proxecto super secreto cuxa rodaxe escomezou o martes en Weirton, West Virginia, unha vila que foi transformada para se asemellar ao Ohio de 1979.

Ainda que o argumento e mais os persoaxes continúan sendo un mistério, xa hai algunhas fotos dos escenários de rodaxe e dalgúns actores espallándo-se pola rede.

Spielberg desata o Robopocalipse
Seica o mesmo Steven Spielberg en persoa está a considerar a ideia de dirixir o filme Robopocalypse coma ún dos seus seguintes proxectos para a Dreamworks Pictures.

Baseada nun manuscrito non publicado de Daniel H. Wilson, a história explora o destino da raza humán após dunha revolución dos robots. Wilson, que posúe un doutorado en Robótica, puido aportar á súa ideia un alto grao de autenticidade derivada dos seuscoñecementos naauténtica tecnoloxía dos robots.

Drew Goddard (Cloverfield) ven de lle entregar un novo guión aos estudos, que o están a ler nestes intres. Spielberg pola súa banda ainda non ten claro cal será o seu seguinte traballo após de rematar de dirixir The War Horse.

Spielberg após Interstellar
O cambio do representante de Jonathan Nolan, guionista de O Cabaleiro Escuro ou O Prestíxio, está a se interpretar en diversos médios como un sinal de que Steven Spielberg podería elixi-lo a el para o seu seguinte proxecto.

Así, algúns médios informan que Nolan leva dous anos a traballar no guión de Interstellar, un filme de ciéncia-ficción escrito orixinalmente polo físico teórico Kip Thorne. Spielberg leva moito tempo atrás deste proxecto coa intención de dirixi-lo.

Agora que Nolan cambiou aos seus axentes, seica podería ser un movemento cara a permitir que este sexa o vindeiro proxecto coma director de Spielberg após de As Aventuras de Tintín: O segredo do Alicórnio.

Ford fala de Indy 5
Harrison Ford ven de revelar que el, Steven Spielberg e mais George Lucas xa teñen «o xérmolo dunha ideia» para a quinta entrega da saga de Indiana Jones.

O actor dixo nunha entrevista á BBC que «xa veremos o que sae dela…O proceso funciona así, chegamos a algún acordo básico e logo George marcha por un longo tempo para traballar nel. Despois Steven e mais eu poñemo-lo en forma [de guión], unha forma embriónica. Logo se nos gusta comezamos a traballar con George sobre el e nalgún momento posterior está listo e facémo-lo«.

Isto sinifica que mesmo que se chegan a un acordo sobre o primeiro esbozo de guión de Lucas, ainda nos quedan moitos anos para que o filme se faga totalmente. E mália as malas críticas colleitadas, a cuarta entrega de Indiana Jones, o Reino da Caveira de Cristal, fixo-se con nada menos ca 800 millóns de dólares no despacho de billetes.

Spielberg fala de Tintín
Steven Spielberg ven de revelar nunha recente entrevista que el e mais Peter Jackson decidiron facer o filme que adaptará ao persoaxe de Hergé, Tintín, en formato mo-cap (captura de movementos) debido ao seu respecto polo material orixinal porque queren «achegar-se o mais posíbel a esa arte coma poidamos«.

Spielberg engadiu que «Hergé escribiu sobre xente fictícia nun mundo real, non nun universo fantástico. El traballaba co mundo real, e usaba o National Geographic para investigar nas súas histórias de aventuras. Semellaba que a acción real sería algo demasiado estilizado para a audiéncia á que nos diriximos. Terías que ter vestidos que son demasiado rechamantes coma para que os leven os actores. Os disfraces semellan encaixar mellor cando o médio elixido é un mundo dixital«.

Debido a que moita da produción deste filme foi rodada coas mesmas técnicas cás escenas de Pandora no Avatar de James Cameron, Spielberg permitiu-se o luxo de poder ver como vai quedar o produto final mentres o ía rodando: «Cando o Capitán Haddock corre pola pantalla, as cámaras capturan toda a información dos seus movementos físicos e emocionais. Así que cando Andy Serkis corre pola pantalla, aí está o Capitán Haddock no monitor, en animación total, correndo polas rúas de Bélxica. Non só están os actores representados en trmpo real, senón que entran nun mundo en tres dimensións«.

O domínio dixital permite ao director ir atrás e trocar elementos coma os movementos da cámara ou a orientación espacial moito despois de que o actor deixara o plató. O primeiro filme, As Aventuras de Tintín: O Segredo do Alicórnio, está previsto para unha estrea internacional a mediados de 2011, mentres que nos Estados Unidos non chegará até finais de outono dese ano.

Spielberg non fará Harvey
Após de pasar seis meses de desenvolvemento, Steven Spielberg ven de abandoar o proxecto do seu remake do filme Harvey, que ía supoñer a súa primeira película como director na reconstituída DreamWorks.

Spielberg comprometéara-se en agosto con este proxecto, unha adaptación da obra de teatro galardonada cun prémio Pulitzer e escrita por Mary Chase sobre un home que se fai amigo dun coello invisíbel de dous metros. A Fox e mais a Dreamworks chegaran a un acordo para cofinanciar o filme, que xa estaba na axenda de todos para se comezar a filmar a princípios de 2010.

Pero as dificultades xurdiron primeiro para atopar un protagonista. Tom Hanks foi o primeiro elixido pero o actor rexeitou o proxecto. Os produtores andiveron atrás de Robert Downey Jr. durante meses tentando convence-lo pero el e mais Spielberg nunca entraron nunha boa sintonía.

Así pois o director ven de se desvencellar totalmente do proxecto, deixando á Fox 2000 que o continúe en solitário ou coa axuda doutra produtora.

Ainda que a súa axenda como produtor está chea, Spielberg desexa regresar axiña á cadeira de director e realizar o seu primeiro filme para os seus novos parceiros na Reliance. Pero o seu seguinte proxecto é algo incerto, após de rematar a rodaxe e mais a edición da primeira das películas que fará xunto a Peter Jackson sobre Tintín. Este proxecto ven de amosar que se pode realizar en pouco tempo, polo que resultará perfecto para ambos directores como xeito de facer cousas entre proxectos mais importantes.

Os fans están a agardar que Spielberg se decida a pasar á pantalla grande a novela épica de ciéncia-ficción de Jonathan Nolan, cuxos dereitos foron adquiridos hai tres anos pero o proxecto está aínda empantanado. O remake de Oldboy tamén está morto, e unha quinta entrega de Indiana Jones está aínda a moitos anos de chegar a ser unha realidade.

Baixo a cúpula
A seguinte novela do mestre do terror Stephen King, un thriller sobrenatural que levará por título Under the Dome, xa apunta directamente ás pantallas de televisión e podería converter-se nunha minisérie antes do pensado.

A DreamWorks TV ven de se facer cos dereitos sobre o libro  e planea converte-lo nunha minisérie que se seguirá a través dalgunha canle por cable. Os guionistas xa están a manter xuntanzas cos estudos para ver o mellor xeito de enfocar esta tarefa.

O argumento da novela é un drama que se desenvolve ao redor dunha pequena vila de vacacións en Maine, onde un campo de forza invisíbel descende sobre a mesma deixándo-a atrapada dentro. E mentres os habitantes da vila loitan por sobrevivir, comezan a xurdir faccións rivais lideradas pro persoaxes enigmáticos.

King, Steven Spielberg, Stacey Snider, Darryl Frank e Justin Falvey serán os produtores executivos.

Spielberg resucita Halo
Steven Spielberg está a negociar activamente o desenvolvemento do filme que pretende adaptar ao cinema o videoxogo mais famoso da Microsoft: Halo.

Os intentos anteriores por desenvolver este filme fracasaron por mor dos cada vez mais elevados orzamentos, incluindo unha tentativa en 2006 a cargo de Peter Jackson como produtor e Neil Blomkamp (District 9) como director. Nombergantes, o proxecto, unha coprodución da Universal e mais a Fox, fracasou cando as rifas entre Jackson e mais os produtores chegaron a un punto tal que foi imposíbel continuar negociando, xusto antes da Comic Con en San Diego.

Hai uns meses durante a folga de guionistas a finais de 2007 e comezos de 2008, Stuart Beattie (G.I. Joe, Collateral) escribiu un esbozode guión para este filme, baseado na novela de Eric Nyland Halo: The Fall of Reach. A história do libro é unha precuela para o videoxogo Halo orixinal e explica as orixes dos soldados de Esparta e mais do heroe e protagonista do xogo, o «Master Chief 117″, xunto co terríbel primeiro contacto coas hordas de Covenant e mais a caída da base da UNSC en Reach.

O guión pretende ser o comezo dunha triloxía, na que a segunda parte estaría totalmente ambientada no mundo do videoxogo e a terceira sería a continuación dos acontecementos que se viven na terceira parte do xogo. Ademais, a Covenant non aparece até a segunda metade do filme, permitindo con elo que o orzamento non se dispare demasiado.

Steven Spielberg dirixirá Harvey
De todos os filmes dos que se ven rumoreando que Steven Spielberg podería ser o director, era pouco previsíbel que finalmente se decanta-se polo proxecto que a DreamWorks e mais a 20th Century Fox anunciaron o domingo: unha adaptación contemporánea da obra de teatro Harvey, o prémio Pulitzer en 1945, sobre Elwood P. Dowd, un home tolo e mais o seu amigo, un coello invisíbel de dous metros.

Harvey, que contará cun guión do debutante Jonathan Tropper, é a história dun homiño excéntrico e mais un coello invisíbel, que segundo o protagonista, é un «pooka», unha criatura benigna pero rebuldeira da mitoloxía celta e de como isto afecta a todos os membros da súa família e da comunidade. O coello tiña unha aparición en Donnie Darko, se ben cun tón moi diferente ao amábel e bondadoso da obra de teatro orixinal.

A obra de teatro gañou o Pulitzer en 1945 e foi interpretada en Broadway 1.775 veces entre 1944 e 1949. Despois sería adaptada ao cinema nun filme clásico da Universal de 1950 que protagonizaron Jimmy Stewart e Josephine Hull.

Tropper, o guionista, é o autor das novelas The Book of Joe, Everything Changes, Plan B, How to Talk to a Widower e This is Where I Leave You.

Mentres, na Rede coménta-se que o actor ideal para o papel sería Tom Hanks.

Despois de dirixir a última de Indiana Jones, a Spielberg se lle vencellou cunha chea de proxectos, dos que tan só ún é seguro, pero sen data: O Segredo do Alicórnio, a aventura que levará a Tintín ao cinema.

A pre-produción de Harvey escomezará axiña, agardándo-se que a filmación escomece o ano que ven. Spielberg, Don Gregory, Elizabeth Gabler e Carla Hacken serán os produtores.

Spielberg e mais Matt Helm
Seica Steven Spielberg será finalmente o produtor dun filme sobre o axente secreto fictício Matt Helm no seu vindeiro proxecto.

Helm é un axente de contraespionaxe do governo americano cuxo traballo principal é asasinar aos axentes inimigos. O persoaxe apareceu en 27 libros ao longo dun periodo de 33 anos que escomezou en 1960 e que convertiu a Helm nun dos axentes mais duros, pragmáticos e competentes da ficción. A séries contaba cun senso de continuidade entre libros, algo raro para a época, e finalmente, nos derradeiros tomos, o axente deixou de estar ambientado como heroe da Segunda Guerra Mundial e pasou a ser un axente sen idade. O novelista Donald Hamilton foi o creador deste persoaxe.

Spielberg, Alex Kurtzman e Roberto Orci serán os produtores. Paul Attanasio entregou un novo guión a semana pasada que seica foi o que convenceu a Spielberg de entrar no proxecto. Nombergantes, é moi dubidoso que el sexa o director, xa que a Paramount Pictures ten ainda os dereitos.

O persoaxe xa foi levado ao cinema anteriormente, da man de Dean Martin en catro comédias, e á televisión, onde foi interpretado por Tony Franciosa nos anos 70.

Spielberg e Noah Wyle nunha de áliens
A antiga estrela da série de televisión Urxéncias, Noah Wyle, quen hai pouco se converteu nun heroe de acción grazas aos seus telefilmes da saga de Librarian (O Bibliotecário, en España), será o protagonista dunha nova película deseñada para a pequena pantalla, nesta ocasión para a canle TNT, e que irá sobre unha invasión álien. O telefilme será un episódio piloto para unha posíbel nova série e marcará a súa reunión co produtor e director Steven Spielberg.

«É un priviléxio poder escomezar unha segunda série con Noah«, dixo Spielberg, cuxa compañía estivo xa atrás de Urxéncias. «A primeira vez non foi de todo mal«.

O proxecto, escrito por Robert Rodat a partir dunha ideia que el mesmo concebiu xunto a Spielberg, está ambientado xusto despois de que os áliens aliminaran a case toda a povoación da Terra. Wyle interpretará ao líder dun grupo de soldados e civís famentos que loitan contra as forzas de ocupación alieníxenas.

Wyle xa protagonizou catro filmes anteriormente para esta mesma canle: as da saga de Librarian, que xa levan tres entregas, e a mítica Piratas de Silicon Valley, na que interpretou a Steve Jobs.

«Non podería sentir-me mais na casa«, dixo Wyle.

Steven Spielberg nunha série de áliens
A TNT ven de ordear a produción dun episódio piloto para unha nova série ainda sen título pero que conta co apoio da DreamWorks TV e con produtores executivos da talla de Steven Spielberg, Justin Falvey, Darryl Frank e Robert Rodat.

A série estaría ambientada nun futuro próximo, tan só seis meses despois de que se produxera a invasión da Terra por uns seres alieníxenas. Rodat, o guionista de Salvar ao Soldado Ryan, está a escribir o guión do episódio piloto, baseado nunha ideia que el mesmo creou xunto a Spielberg.

Esta non é obviamente a primeira aproximación aos extra-terrestres de Spielberg, pero a última vez que o fixo na televisión foi na série de 2202 Taken, gañadora dun prémio Emmy.

Pola súa banda, a ABC tamén está a desenvolver unha série de invasión de extra-terrestres de seu, o remake do clásico dos anos 80 V.

Tintin é mais de Jackson ca de Spielberg
Mentres que os fans de Tintín están ansiosos por ver os resultados, os millóns de americanos que non coñecen ao popular persoaxe de cómic de Hergé non comprenden como é que o seu deus particular, Steven Spielberg, pode estar «malgastando» o seu tempo nesta produción.

En efecto, nos Estados Unidos Tintín á penas é coñecido por unha minoría de fans do cómic, que non saben que este persoaxe leva mais de oitenta anos dando voltas polo mundo (e pola Lúa), loitando no Oriente Médio, nas selvas de Sudamérica, no Leste de Europa, contra piratas, narcotraficantes, mercaderes de escravos, traficantes de armas e espías diversos.

Hai uns días a prensa especializada publicou unha reportaxe que anunciaba que a fotografía principal para The Adventures of Tintin: The Secret of the Unicorn só duraría 32 días (un tempo abriantemente curto para o que adoita ser habitual) e se faría coa técnica de captura de imaxes, e seica xa está rematada.

O que se conta é que mália os rumores de que esta ía ser unha colaboración entre Steven Spielberg e Peter Jackson, só este último é realmente quen dirixa o proxecto, cuxa produción levará a frioleira de 18 meses. En efecto, Jackson xa viaxou a Los Angeles para facer probas e para escomezar a primeira semana de rodaxe. Quen dirixirá finalmente o filme? A produtora Kathleen Kennedy afirma que os dous realizadores «colabouran abraiantemente, mesmo mais ca Steven e George Lucas«.

Jackson xa está á procura de novas ideias para a segunda parte do filme e para o seu guión, que probábelmente escriba o trío que xa fixo a primeira parte deste grande proxecto: Steven Moffat, Edgar Wright e Joe Cornish. De todos os xeitos, ainda non hai unha aprobación dos estudos para a continuación da franquía.

O que si é seguro é que a tecnoloxía utilizada manten-se en segredo. O mais que puidemos saber é que Kennedy dixo que «é estremadamente difícil explicar-lle a alguén como é [a tecnoloxia] a menos que estea ao meu carón, e normalmente a súa reacción é exclamar ‘ouh, meu deus’«.

A Sony será a encargada da distribución en Europa, onde o persoaxe si que ten tradición e goza dunha excelente sona. A Paramount tentará vende-lo en América e en Ásia, onde moitos non están familiarizados co persoaxe.

Steven Spielberg xa ten un Tintín
O actor Jamie Bell, recoñecido por calquera afeccionado ao cinema por ser quen deu vida ao neno protagonista do filme Billy Elliot (2000), e non Thomas Sangster, coma se especulara nun primeiro intre, será quen poña a súa face ao famoso reporteiro do cómic Tintín no filme que dirixirá Steven Spielberg, segundo veñen de confirmar oficialmente a Paramount e mais Sony.

Bell estará acompañado por Daniel Craig, o último dos actores en encarnar a James Bond, e que esta vez interpretará ao malvado Rackham «O Vermello» na primeira aventura da anunciada saga cinematográfica, The Adventures of Tintin: Secret of the Unicorn, que será realizada en tres dimensions.

Os dous actores, que voltarán a compartir filme despois da sua participación en Resisténcia (2008), destacan nun reparto no que tamén estará Andy Serkis (Gollum en O Señor dos Anéis), Toby Jones (Frost/Nixon, 2008) e Mackenzie Crook (Piratas do Caribe: O Cofre do Home Morto, 2006).

Spielberg dirixirá o filme e tamén desempeñará tarefas de produción xunto con Peter Jackson e Katheleen Kennedy, unha habitual nos proxectos de Spielberg desde E.T. (1982). Jackson tomará o relevo de Spielberg para a segunda entrega das histórias de Tintin e o seu nome soa tamén para dirixir a terceira parte e completar unha posíbel triloxia.

O filme escomezou xa o seu proceso de produción e será a primeira dunha série pensada para ser gravada en 3D.

A fita está baseada no icónico personaxe de cómic de Georges Remi, mais coñecido coma Hergé, e prevé-se que chegue ás carteleiras en 2011. As aventuras de Tintín foron creadas por Herge fai 80 anos e constan dunha série de 24 cómics dos que se venderon mais de 200 millóns de cópias en todo o mundo e foron traducidos a setenta línguas.

Eastwood e Spielberg nun thriller
Clint Eastwood

Clint Eastwood está en conversas para dirixir o thriller sobrenatural Hereafter para a DreamWorks.

A Dreamworks, dirixida por Steven Spielberg e Stacey Snider, se fixo cos dereitos dun libreto escrito polo guionista de Frost/Nixon, Peter Morgan, en marzo cando ainda formaba parte da Paramount Pictures. A DreamWorks entrou no proxecto como parte do seu pacto de separación co Melrose studio e dende aquela veñen tentando a Eastwood para que se embarque no proxecto.

Os detalles do argumento ainda están baixo segredo, pero seica se describen como na liña de O Sexto Sentido.

Kathleen Kennedy será a produtora.

Spielberg e Will Smith en Oldboy
Oldboy

Steven Spielberg e Will Smith están en conversas prelimiares para colaborar nun remake do filme de acción coreano do ano 2003 Oldboy, que dirixiu Chan Wook-park cun grande éxito de billeteira.

No filme orixinal, un home é secuestrado e mantido nunha escura cela durante 15 anos sen ningunha explicación. De súpeto, é ceibado e lle dan cartos, un teléfone móbil e roupa e decide comezar a investigar quen destruiu a súa vida e vingar-se del.

Smith, que podería interpretar ao home secuestrado se todas as pezas encaixan no seu sítio finalmente, e mais Spielberg están á procura dun guionista que comece o proceso de desenvolvemento. O filme non comezaría a se producir até que Spielberg remate o seu proxecto na primeira película das dúas que se teñen previsto rodar de Tintín.

A DreamWorks está a tentar asegurar-se os dereitos sobre este remake, mentres que a Universal pretende ser a distribuidora.

Tintín serán dous filmes
Tintín

As cousas non foron nada ben dende que Steven Spielberg se fixera cos dereitos para o cinema sobre o mais clásico persoaxe do cómic belga, Tintín, do que se quería facer unha triloxía. Nombergantes, seica o esforzo está a chegar a bó porto grazas aos xaponeses.

A Sony Pictures está agora en conversas para co-financiar os proxectos dixitais en 3D de Tintín que Spielberg e mais o director Peter Jackson producirán e realizarán.

A Universal e mais a Paramount tiñan a intención orixinalmente de cofinanciar este proxecto titánico, pero nestes tempos de crise a Universal rduciu drásticamente o seu presuposto de 135 millóns de dólares, dado que Tintín non é á penas coñecido nos Estados Unidos, onde se xera case o 75% do negócio do cinema, incluindo os ingresos polos despachos de billetes.

Asi as cousas, semellaba que após da ruptura entre a DreamWorks e a Paramount o proxecto escurecía-se cada vez mais até o punto que se pensou en abandoa-lo. A Paramount mesmo ofreceu-se a financiar o filme pola súa conta eles sós, pero Spielberg decidiu-se a escoitar unha oferta millor.

Co novo trato, a Paramount distribuirá o filme en América do Norde e nalgúns outros países de fala inglesa, mentres a Sony será a encargada de lanza-lo no resto do mundo. O filme se rodará coa tecnoloxía de captura de movementos.

Ademais, agora o proxecto xa non terá ningunha asociación coa DreamWorks, e serán só dúas películas no lugar das tres que se pretendían facer nun primeiro intre.

Spielberg será o director da primeira entrega, que se estreará en 2010, mentres que Jackson se encargará da segunda.

Indiana Jones, violado
A transgresora série de animación South Park volveu ser obxecto de polémica, despois de retratar aos cineastas Steven Spielberg e George Lucas abusando sexualmente de Indiana Jones nun bar.

No capítulo emitido o mércores nos Estados Unidos, The China Problem, os creadores do programa arremeteron contra a cuarta entrega da saga do famoso arqueólogo interpretado por Harrison Ford, Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal.

No episódio, os nenos protagonistas acoden ao cinema para ver a nova aventura do popular heroe de ficción, pero van-se da sala traumatizados ao ver que Steven Spielberg e George Lucas son arrestados por violar repetidamente a Indiana Jones.

Ainda que coma é habitual as críticas á série non se fixeron esperar, moitos afeizoados defenderon o estilo do episódio e apontaron que se trataba dunha crítica aos creadores da saga cinematográica pola calidade da última entrega de Indiana Jones.

South Park, ademais do seu éxito de audiéncia, xa tivera problemas con personaxes coñecidos por se burlar deles, como é o caso de Tom Cruise.

Lucas planea a quinta de Indiana Jones
A ideia sobre unha quinta película baseada no persoaxe de Indiana Jones xa ronda a cabeza de George Lucas, de cuxo enxeño naceron todas as fitas do popular arqueólogo, segundo revelou hoxe Harrison Ford, o protagonista da saga.

«É unha loucura, pero é xenial«, dixo Ford, de 66 anos. «George atópa-se no modo pensativo agora mesmo«.

A cuarta película da franquía, Indiana Jones e o reino da caveira de cristal, estreada o 22 de maio nos Estados Unidos, recadou uns 770 millóns de dólares nos cinemas de todo o mundo.

«É algo automático, de verdade, fixémo-lo ben coa última e ao ser unha experiéncia positiva non é abraiante que algunhas persoas queiran volver face-lo«, explicou o actor.

O intérprete, nombergantes, non quixo especificar a quen se lle ocurriu a ideia de volver rodar un filme máis da saga, se a el mesmo, a Lucas ou ao director Steven Spielberg, que foi o realizador das catro fitas rodadas até de agora sobre ese persoaxe.

«(A ideia) ven da mesma natureza das cousas (…), por suposto o éxito ofrece oportunidades…«, comentou Ford.

Nombergantes, o actor non quere saber ren dun posíbel Indiana Jones en debuxos animados, camiño que recentemente tomou a saga da Guerra das Galáxias, tamén creada por Lucas.

«Non estou filosóficamente en contra de facer papeis animados, pero non con Indiana Jones«, asegurou. «Odiaría ve-lo reducido dese xeito a partir das películas que fixemos e a maneira na que as fixemos«.