NOVA FANTASIA » titáns

Os Titáns en 3D?
A Warner Bros. Pictures decidirá contra o final da semana que ven se estrea o vindeiro filme de acción fantástica dirixido por Louis Leterrier Clash of the Titans (Choque de Titáns) en 3D.

Seica os estudos veñen de encargar que se fagan probas para lle dar unha nova dimensión ás actuais escenas en 2D e queren ver os resultados antes de proceder á estrea do filme. Agora que Avatar puxo de moda o 3D todo semella indicar que as produtoras lle perderon o medo á nova tecnoloxía, que ademais de mellorar a calidade da experiéncia do espectador no cinema, fai case imposíbel de piratear as películas producidas con este sistema. A conversión de 2D a 3D de Clash of the Titans sería neste caso a posteriori, dándo-lle un xeito semellante ao da recente Alícia no País das Marabillas de Tim Burton ou o Cabin in the Woods de Joss Whedon.

A sorpresa aquí é que esta decisión, de saír adiante, contaría con moi pouco tempo para se levar a cabo, xa que a estrea está prevista para o vindeiro 26 de marzo, o que sinifica que o proceso de conversión a 3D deberá facer-se nun tempo récord, probábelmente cun gasto considerábel. O filme ademais deberá competir esa mesma fin de semana contra outra longametraxe en 3D, o How to Train Your Dragon 3D da Dreamworks.

Tamén falamos de...

4 de Setembro de 2010 -- Liebesman en Titáns II

28 de Agosto de 2010 -- As pirañas regresarán

13 de Agosto de 2010 -- Tarzán animado en 3D

23 de Xullo de 2010 -- Hansel e Gretel 3D

15 de Xullo de 2010 -- Thor e o Capi en 3D

Os gregos van ao cinema
Está-se a preparar unha auténtica vaga de filmes baseados na mitoloxía grega clásica: Relativity Media está a desenvolver War of Gods, mentres que a Warner Brothers está a facer un remake de Clash of the Titans.

Charley e Vlas Parlapanides escribiron o guión de War of Gods (A Guerra dos deuses), que será dirixida por Tarsem Singh (The Fall).

O director de O Incríbel Hulk, Louis Leterrier, pola súa banda, será quen poña en imaxes o guión de Lawrence Kasdan de Clash of the Titans (Loita de Titáns).

A Warner deu a luz verde a Loita de Titáns xusto despóis de que Leterrier aterrara no proxecto. A Relativity, que finanza War of Gods, puxo en marcha o proxecto e quere acelera-lo para finais de ano.

Ambas as duas películas agardan contar con técnicas de pantalla verde, as mesmas que lle deron ese toque especial ao filme 300 cun custe relativamente baixo.

War of Gods está ambientada nunha Grécia dividida polas guerras, cando o xove príncipe Teseo lidera aos seus homes nunha batalla contra o mal que contará cos deuses loitando man a man cos soldados contra os demos e os titáns.

Clash of the Titans céntra-se en Perseo, o fillo de Zeus, que deberá vencer moitos obstáculos para salvar á súa amada princesa Andrómeda, incluindo curtar a cabeza de pelos de serpe de Medusa, que pdoe converter en pedra a un home cunha soa ollada.

O filme orixinal de 1981 Clash of the Titans foi protagonizado por Harry Hamlin no papel de Perseo e por Laurence Olivier no de Zeus pero sobre todo é relembrado polos daquela incríbeis efectos especiais obra de Ray Harryhausen, que creou asemade á Medusa, ao Kraken e a outras creaturas.

Tamén falamos de...

9 de Abril de 2010 -- Adéus deuses, óla inmortáis

21 de Xaneiro de 2010 -- Os Titáns en 3D?

12 de Agosto de 2008 -- Febre polos Argonautas

16 de Decembro de 2007 -- Norrington contra os Titáns

Norrington contra os Titáns
Steve Norrington dirixirá Clash of the Titans, un remake de Fúria de Titáns, a aventura mítica do ano 1981 que é relembrada entre os fans sobre todo polos seus daquela estupendos efectos especiais, que correran a cargo de Ray Harryhausen.

A Warner Brothers e mais a Legendary serán as compañías produtoras deste filme, que comezará a se rodar o ano que ven.

Basil Iwanyk producirá a través da súa compñaía Thunder Road. E no seu primeiro filme dende O Império Contraataca, Lawrence Kasdan reescribirá o guión que esbozara Travis Beacham.

Norrington non dirixía ningún filme dende que en 2003 realizou A Liga dos Homes Extraordinários.

Tamén falamos de...

21 de Xaneiro de 2010 -- Os Titáns en 3D?

28 de Xuño de 2008 -- Os gregos van ao cinema