NOVA FANTASIA » Transformers

Jason Statham para Transformers 4?
Agora que o director Michael Bay e mais o protagonista Shia LaBeouf deixan a série após de tres entregas, a franquía de Transformers tomará unha dirección totalmente distinta con vistas a unha posíbel cuarta entrega, para a que a Paramount Pictures está xaa mover ficha.

A dirección concreta que tomará é ainda obxecto de debate, se ben existe xa un informe prévio (puramente especulativo) segundo o cal Jason Statham podería ser o seu protagonista. Hai que relembrar que a estrela da etrceira entrega, Rosie Huntington-Whiteley, é a moza de Statham na vida real e habería moitas posibilidades de que ela regresa-se para unha cuarta entrega se o seu namorado está tamén vencellado ao filme.

Unha fonte da produtora dixo que «está claro que a franquía ainda ten un enorme potencial, pero cun novo protagonista capaz de levar Transformers nunha nova dirección mais escura. Jason podería ser o home que fixera iso e a súa relación con Rosie sería un benefício extra ao márketing do filme«.

Huntington-Whiteley, a sustituta
A oferta foi xa oficialmente lanzada e nada semella prever que sexa rexeitada. A Paramount quere que a modelo inglesa de Victoria Secret Rosie Huntington-Whiteley, que polo de agora non ten ningunha experiéncia no cinema, sexa a sustituta de Megan Fox na vindeira terceira entrega da saga de Transformers.

A modelo debería interpretar á nova moza de Shia LaBeouf, un papel para o que tamén eran candidatas Sarah Wright e mais a súa colega de Victoria’s Secret, Brooklyn Decker.

O mesmo Michael Bay ten experiéncia coma director dalgúns anúncios da cara marca de roupa interior feminina, polo que é probábel que coñeza a Huntington-Whiteley por te-la visto anteriormente. Mália que carece totalmente de experiéncia coma actriz, a rodaxe da súa parte do papel escomezará en tan só quince días.

Megan Fox, despedida
Nun abraiante xiro dos acontecementos, a actriz Megan Fox non regresará para a terceira parte de Transformers, a saga que lle deu fama mundial, e non precisamente porque ela non queira.

Xa había rumores de que fora despedida, pero ven-se de coñecer por boca dun voceiro da actriz que «Megan Fox non será a protagonista de Transformers 3. Foi a súa decisión non regresar. Ela quere desexar-lle o mellor á franquía«.

Fox acadou sona mundial grazas ao seu papel de namorada de Shia LaBeouf nos dous primeirs filmes, pero após da estrea do segundo, a actriz e mais o director Michael Bay tiveron unha série de disputas públicas que enfriaron moito a súa relación, até o punto de que a produción da terceira entrega se viu ameazada.

Nos últimos meses non foron pucos os rumores que apuntaban a que a actriz estaba a se lle subir moito o seu papel de nova diva do cinema e que moitos membros da equipa de rodaxe non podían nin ve-la diante. Así pois, o director decidiu non contar mais con ela e encargar-lle ao guionista Ehren Kruger que lle forneza ao persoaxe de Shia cun novo interese amoroso que lle dea sentido á história.

Nas poucas horas transcurridas dende que se fixo pública esta decisión, xa coemzaron a xurdir candidatas para o cobizado papel e o primeiro é o da emerxente actriz de Prince of Persia e Clash of the Titans, Gemma Arterton.

Outros nomes que soan son os de Brooklyn Decker, Bar Rafaeli e mais a supermodelo australiana Miranda Kerr. En todo caso, deberán dar-se presa en escoller porque a rodaxe escomeza este mesmo mes.

Un Transformers 3 de luxo?
Nunha actualización no seu blog oficial, o director Michael Bay ven de facer un par de anúncios sobre a terceira entrega de Transformers, e cunha grande sorpresa de tres novos nomes que se engaden ao reparto.

No seu primeiro post, Bay anunciou que a rodaxe se producirá en Los Angeles, Chicago, Washington DC, Florida, Texas, Africa, Moscú e China. E no segundo, confirmou que ven de pechar un trato con nada menos ca Frances McDormand e John Malkovich. Ambos actores eran obxectivo de Bay dende había tempo, e contarán ademais co cómico Ken Jeong, coñecido pola súa participación en Hangover e Knocked Up.

A preprodución debe escomezar dentro dun mes, segundo anunciou o mesmo Bay, quen aproveitou para relembrar que o novo autobot que se unirá ao grupo de heroes transformábeis será un Ferrari 458 Italia.

Reparto dos Razzies 2010
Este ano o cinema fantástico estaba no lado bó da balanza e non había moitos riscos de que os Razzie, os prémios coñecidos coma os «anti-Oscar» porque prémian aos piores do cinema do ano pasado, se enseñaran demasiado co cinema de xénero.

Ainda así, a pior parada na gala celebrada hoxe, coma sempre na véspera da entrega dos Oscar, foi a fita Transformers: Revenge of the Fallen, que levou os títulos de pior película, pior guión (Ehren Kruger, Roberto Orci e Alex Kurtzman) e pior director (Michael Bay) de 2009.

No terreo das interpretacións secundárias tamén houbo algo para o cinema fantástico, e Sienna Miller, por G.I. Joe: The Rise of Cobra, foi a «galardoada». Land of the Lost, que partía con sete candidaturas, levou-se só a «frambuesa dorada» á pior secuela, precuela ou cópia descarada.

A fundación Golden Raspberry Award tamén anunciou as honras ao pior da década, e iso que ainda queda un ano por remata-la. Battlefield Earth, protagonizada por John Travolta, levou-se con xustiza o título da pior película, mentres que Eddie Murphy e Paris Hilton foron nomeados os piores actores.

Transformers 3 no horizonte
O vello cliché de que só hai un negócio no mundo onde os ódios persoais carecen de importáncia demostrou-se novamente esta semana cando o director Michael Bay anunciou que mália as súas fortísimas desavenéncias coa actriz Megan Fox, ven de se fixar unha data para o escomezo da produción de Transformers 3, que de feito convérte-se no vindeiro proxecto na axenda do realizador, o 1 de xullo de 2011.

En realidade, e cando ainda está recente a estrea da segunda parte, a terceira xa escomezou a se poñer en marcha porque o director dixo que esta semana viaxou a Rhode Island xunto ao guionista Ehren Kruger para falar coa empresa de xoguetes Hasbro, propietária dos dereitos sobre os robots convertíbeis, sobre os novos persoaxes.

Bay non esqueceu de engadir que Megan Fox é benvida a bordo da nova película e prometeu-lle con non pouca retranca que «ningún robot te fará dano durante a produción da longametraxe. Por favor consulta co teu médico cando traballes baixo a miña dirección porque poden acontecer efectos colateráis coma mareos suaves, náuseas intensas, tendéncias suicidas, depresión, crecemento de pelo no peito, hemorráxias internas aleatórias e caréncia de sono«.

A data anunciada pon contra as cordas a outra produción que tiña previsto escomezar ao redor de 2011, o filme que ía dirixir Peter Berg Battleship, que sen dúbida agora terá que agardar até outono de 2011. Transformers 3 chegará polo tanto a un verán no que poderemos ademais deleitar-nos coas estreias de Spiderman 4, Piratas do Caribe 4, The Hangover 2, Cars 2, Kung Fu Panda: The Kaboom of Doom, Harry Potter and the Deathly Hallows II e tres estreas de superheroes (Lanterna Verde, Thor e Capitán América).