NOVA FANTASIA » Uncharted

Neil Burger fará o filme de Uncharted
Hai un par de semanas soubo-se que o director de Limitless, Neil Burger, ía encargar-se da adaptación ao cinema do videoxogo Uncharted. E agora o mesmo Burger confirmou a nova de que os plans prévios do anterior director, David O. Russell, ficarán totalmente esquecidos.

«Escomezaremos dende cero e regresaremos ao videoxogo… é realmente ún dos videoxogos mais cinemáticos, e ún que ten persoaxes realmente desenvolvidos. Así que, xa sabes, hai unha chea de cousas intensas e guais que, se serven para a história do filme, quero tiliza-las«, comentou Burger.

O director é obviamente un fan do persoaxe de Nathan Drake, pero non quixo confirmar se o actor favorito dos fans para interpreta-lo na pantalla, Nathan Fillion (Castle, Firefly) é o mais axeitado: «Coido que é un bó actor, pero coido que hai unha chea de bós actores que nin sequera se asemellan a Nathan Drake e que pdoerían interpreta-lo. Agora mesmo estamos literalmente escomezando de cero co guión, e coido que unha vez rematado, iremos aos actores e veremos quen está dispoñíbel e quen vai ben para cada papel. Cando queira que iso aconteza«.

Os directores fuxen de Akira e Uncharted
Primeiro foi o seu protagonista, Keanu Reeves, quen abandoou o barco, e agora é o director, Albert Hughes (The Book of Eli) quen tamén deixa definitivamente o proxecto de adaptar ao cinema con acción real o clásico manga e anime Akira para a Warner Bros. Pictures.

Segundo fontes internas, a marcha produciu-se por mor de «diferéncias creativas», que é a excusa que se adoita empregar cando as cousas se poñen moi feas en Hollywood entre o director e mais os produtores.

Cando Reeves deixou o proxecto, un voiceiro dos estudos manifestara que a produción do filme non se ía detér por ese incidente, se ben o proxecto ainda non conta coa luz verde de aprobación e está nas súas primeiras fases de desenvolvemento. Pero agora que é o mesmo director quen sae pola porta de atrás, todo o proxecto fica moito no aire e é moi dubidoso que poida continuar.

Pero esta semana Hughes non foi o único en baixar-se en marcha dun filme en produción, porque David O. Russell, que estaba contratado para escribir o guión e producir a adaptación ao cinema do videoxogo Uncharted, tamén abandoou o proxecto.

A súa marcha foi tamén debida ás xa clásicas diferéncias creativas, que neste caso poderían ter mais sentido, porque nas últimas entrevistas que lle fixeran, Russell deixou claro que nunca xogara ao Uncharted e que en realidade para el todos os videoxogos son só unha fonte de aburrimento, o que deixaba ben ás claras o seu escaso interese neste proxecto.

Guionista para Uncharted
Joshua Oppenheimer e Thomas Dean Donnelly (Sahara, A Sound of Thunder, Dead of Night) será a parella de guionistas que escriba a adaptación para o cinema do popular videoxogo da Sony Uncharted.

A história, baseada no primeiro xogo da série (Drake’s Fortune), narra as aventuras dun cazador de tesouross chamado Nate Drake, convencido de que coñece o paradoiro de Eldorado, a fabulosa cidade de ouro situada nalgures en Sudamérica, grazas a unha estatuíña de ouro enmeigada.

A procura converterá-se nunha competición cando un cazatesouros rival se una á expedición, peroserá ainda pior cando unhas criaturas maléficas mutantes descendentes dos españois e dos nazis, comecen a atacar aos que queren apoderar-se dossegredos do mítico tesouro.

O primeiro xogo foi o mais aclamado da plataforma Playstation 3. A súa secuela, Among Thieves, foi lanzada recentemente e axiña chegou ao cúmio dos videoxogos mais vendidos do presente ano.

Kyle Ward fora anunciado previamente coma o guionista deste filme, pero seica o acordo non chegou a coallar.