NOVA FANTASIA » vigo

ArtFutura 2011: repasando o futuro
Como cada ano por estas datas, chega ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo a XXI edición do festival de Cultura e Creatividade Dixital ArtFutura 2011, que este outono ten por titulo “Repasando o Futuro” para explorar os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional do new media e a cultura dixital.

Do seu programa audiovisual destaca o documental Connected de Tiffany Shlain (fundadora dos premios Webby), un fascinante traballo sobre a incidencia das novas tecnoloxías nas nosas vidas. O filme, que se presentou no Festival de Cinema Independente Sundance deste mesmo ano, estréa-se en ArtFutura en versión orixinal subtitulada.

Ademáis de Connected, ArtFutura 2011 ten como protagonista especial un dos novos documentais sobre cultura dixital: Press, Pause, Play. Así como a nova obra de animación de Rosto (The Monster of Nix) coas voces de Terry Gilliam e Tom Waits e música de The Residents.

Dentro do ArtFutura Show poderemos ver unha selección comisariada das mellores pezas de animación 3D producidas no mundo durante o último ano, que inclúe traballos de Alister Lockhart, Damian Nenow, Tolga Ari, Markus Wagner e as dúas obras máis premiadas nos festivais de 2011: Flamingo Pride de Tomer Eshed e Paths of Hate  de Damian Nenow/Platige Image.

Nesta edición, ArtFutura ten convidado a Roberto Barrueco, director e fundador de Mecal, Festival Internacional de Cortometraxes de Barcelona, a presentar unha selección de vídeos que recollen algunhas das obras máis creativas do último ano no ámbito do videoclip. O seu programa percorre as novas tendencias visuais, estéticas e gráficas do panorama internacional, cos traballos de Scissors Sisters, Unkle, Moray McLaren, The Temper Trap, Massive Attack e Björk.

E finalmente, cómpre salientar o Futura Graphics, que incluirá as pezas máis destacadas do motion graphics e a creación dixital recentes. Cada peza é un alarde de dirección de arte e en todas elas hai unha intención de experimentar coa linguaxe, a estética ou a técnica, con traballos de David O’Reilly, Rusell Weekes, Chris Milk, Olivier Babinet, Sergio Saleh, Dvein e outros.

<object width="450" height="253" classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/gk5yM11AyYg?version=3&hl=en_US" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed width="450" height="253" type="application/x-shockwave-flash" src="http://www.youtube.com/v/gk5yM11AyYg?version=3&hl=en_US" allowFullScreen="true" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" /></object>

Alícia & Alícia no País das Marabillas
Após de facer conxuntamente Des-memoria-2 en febreiro, a Factoría Teatro e Disque Danza veñen de se fusionar en A Produccións Artísticas, baixo a dirección de Olga Cameselle e de Alfredo Rodríguez.

E o primeiro proxecto conxunto será Alicia & Alicia, un espectáculo de teatro e danza con apoio audiovisual que terá a súa estrea en Vigo para despois viaxar ao Salón Teatro de Compostela. A obra é un espectáculo para público adulto que parte da clásica novela Alice in Wonderland de Lewis Carroll, e ao traveso dos textos de Paula Carballeira prantéxa-se xogar coa idea dunha Alícia imaxinária.

Carballeira, a autora do texto, sinalou na presentación que a universalidade do personaxe consiste en que «todos somos Alícia dunha ou outra maneira, xa que todos queremos cambiar a realidade ou ser rebeldes«. A actriz Anabel Gago, pola súa banda, fixo referéncia á creación do personaxe e explicou que Alicia atopou «un grande conflito e somerxe-se no mundo do inconsciente«. Gago comparte elenco con Gena Baamonde, Toni Salgado e Uxía P. Vaello.

O director da obra, Alfredo Rodríguez, agradeceu a colaboración da Concellería de Cultura de Vigo para poder desenvolver o proxecto, así como ao museo Marco, e ao Centro Cultural de Valadares. Salientou que é un proxecto «feito en Vigo cunha equipa artística da terra, xa que A Producións Artísticas é froito da unión das compañías Disque Danza e Factoría Teatro, polo que ten unhas sinais de identidade moi de Vigo«.

O espectáculo Alicia & Alicia , que conta cun deseño de vestiário firmado pola tenda de roupa viguesa La Canalla, representará-se mañá, mércores, e o xoves 14 ás 21 horas no Auditório Municipal de Vigo.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="500" height="305" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/9P3RQ4bq-3M&hl=en_US&feature=player_embedded&version=3" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="500" height="305" src="http://www.youtube.com/v/9P3RQ4bq-3M&hl=en_US&feature=player_embedded&version=3" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

ArtFutura: da realidade virtual ás redes sociais
O 29 de outubro comezou no MARCO de Vigo o programa audiovisual de ArtFutura, que neste ano 2009 celebra a súa vixésima edición. Vinte anos de existéncia, nos que a evolución de ArtFutura discorreu en paralelo á evolución da cultura dixital e á implantación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos. Dende o soño da Realidade Virtual á explosión de Internet e a presente era das Redes Sociais, o festival foi un espazo de especulación constante sobre o papel da tecnoloxía na sociedade, a cultura e a arte. Dende que, en xaneiro de 1990, ArtFutura presentase a Realidade Virtual por primeira vez en España, o festival foi reinventándose constantemente e introducindo temas como a Realidade Aumentada, as Comunidades Virtuais, Internet como Cyborg, a Arte Colectiva, a Vida Artificial ou a Estética de Datos.

Este especial aniversario ten o seu reflexo nun programa audiovisual moi atractivo, que explora os novos tipos de creatividade relacionados coas redes sociais como Facebook e YouTube. Un exemplo é o grupo Improv Everywhere, que conta con máis de 72.000 amigos en Facebook; os seus vídeos foron vistos en YouTube máis de 70 millóns de veces.

Agora, en colaboración con ArtFutura 2009, Improv Everywhere presenta unha «misión» por primeira vez en España, o EXPERIMENTO MP3, que terá lugar o 29 de outubro en catro cidades simultaneamente: Vigo, Madrid, Barcelona e Múrcia.

Entre os programas deste ano salientamos o novo programa audiovisual que estrea ArtFutura 2009. Animacións dixitais e máis alá: curtas, virais, videoclips e outras pezas que teñen en común a busca de novas estéticas e linguaxes. Dende producións de estudantes ata encargos a coñecidos estudios, a selección de pezas combina na súa factura técnicas manuais e imaxe real con infografía. Con traballos de Evelin Lohbeck, Adam Berg, Michal Socha, Anton Setola, Tim Kail, Brandon Todd e outros.

Presentación do libro A Capela Branca
Este venres 23 no Hotel Hesperia de Vigo (Avenida da Florida, 60) a partir das 20:00 horas terá lugar a presentación do libro La capilla blanca (A capela branca), unha novela de xénero fantástico escrita pola autora Isabel Llor e publicada en español por Ediciones Atlantis.

A novela xira ao redor dos Mestres Cabaleiros que descenden dos ceos cada dez anos para seleccionar a uns poucos elixidos, adicados aos valores máis nobres e á protección de cantos o precisen. De entre eses aspirantes, un está destiñado ao máis alto. Iván de Bretaña percorrerá o camiño dunha viaxe iniciática, alén do mundo visíbel, e voltará con moito máis ca un coñecemento íntimo e profundo de canto compón a realidade. Co tempo, o seu cometido de guerreiro, ser o primeiro para que os que veñan atrás o teñan máis doado, extenderá-se até formar un proxecto fabuloso de proporcións nunca vistas.

Isabel Llor Cerdán é unha escritora viguesa adicada profesionalmente ao ensino e é profesora no Conservatório de Vigo. Esta é a súa primeira novela en español, xa que é autora de dous libros en galego para nenos: Contos da Cidade de Cristal e Contos de vellos tempos.

Espellos no MARCO
Dentro do capítulo de exposicións temporais do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) a partir do 2 de outubro e até o 17 de xaneiro, nas salas da primeira planta, terá lugar a mostra colectiva Mirrors/Espellos, comisariada polo italiano Gyonata Bonvicini (Codogno, Milan, Italia, 1972), que reúne obras experimentais de 11 artistas en torno a ideas como a repetición, o reflexo das imaxes e a reapropiación. A posta en marcha desta exposición, que corresponde ao proxecto seleccionado na 2ª convocatoria do Prémio para Novos Comisários, ten lugar cando aínda permanece aberta a nova convocatória deste prémio, que nesta edición está convocado conxuntamente polo MARCO e mais o FRAC Lorraine, Franza.

Os espellos, como os labirintos, son vistos a miúdo como símbolos do infinito, da personificación, da ilusión. A través do espello, quen mira só obtén o reflexo doutro espazo e tempo, e non do seu espazo ‘presente’. Partindo da capacidade dos espellos para descompoñer o tempo e o espazo, este proxecto expositivo presenta obras en diversos soportes que tratan temas como a repetición, o reflexo, e a reapropiación da cultura. Tendo en conta as peculiaridades do espazo expositivo e os modos en que se define a nosa realidade física, a exposición reúne traballos radicais e experimentais de 11 artistas que teñen en común a súa actitude ante as imaxes: así como o espello fai uso das propiedades e da forma dunha superficie, o seu contido é, sempre e inevitablemente, cambiante.

Entre os artistas cuxas obras están expostas atoparemos a Micol Assaël, Maya Deren, Hreinn Fridfinnsson, Giuseppe Gabellone, Ryan Gander, Isa Genzken, Dan Graham, Kitty Kraus, Susan Philipsz, Falke Pisano e Oscar Tuazon.

A finais de outubro comezará no MARCO a tempada de concertos e festivais, dende as colaboracións co Festival Sinsal até un concerto monográfico con obras de Karlheinz Stockhausen, incluído na programación do Festival Are More, pasando pola nova creatividade dixital a través do Festival ArtFutura, que neste ano 2009 ofrece unha programación especial con motivo da súa vixésima edición.

O Dr. Jekyll e Mr. Hyde en Vigo
O Teatro Arte Livre (rúa Vázquez Varela 19, Vigo) estrea a vindeira fin de semana a obra Dr. Jekyll e Mr. Hyde, na que Roberto Cordovani e Eisenhower Moreno interpretan aos 12 persoaxes que sairán ao escenário.

Este espectáculo incorpora 44 mudas de roupa, 200 cambios de luces, 40 movementos de decorado e 36 insercións musicais para recrear o fantástico clímax da trama. Para poñer sobre as táboas este clásico do terror de Robert Louis Stevenson, o Teatro Arte Livre traballou durante cinco meses.

O Extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde é unha novela publicada por primeira vez en inglés en 1886. Trata sobre un avogado, Gabriel John Utterson, que investiga a extraña relación entre o seu vello amigo, o Dr. Henry Jekyll, e mais o misántropo Edward Hyde.

O libro foi un éxito de contado e ún dos mais vendidos de Stevenson. As adaptacións no teatro comenzaron en Boston e Londres un ano despois da sua publicación e continúa inspirando filmes e interpretacións coma a que a partir da vindeira semana se poderá ver no Teatro Arte Livre de Vigo.

Aladino visita Vigo
O musical Aladdin visitará Vigo esta fin de semana da man de Caixanova e representará un total de 4 funcións, dous delas o sábado (ás 17:00 e ás 20:00 horas) e outras dúas o domingo (ás 12:00 e ás 17:00 horas) no Centro Cultural que a entidade ten na cidade olívica.

O espectáculo, producido por Theatre Properties, unha compañía con experiéncia en musicais de grande formato, destaca pola calidade da sua posta en escena e decorados, especialmente por elementos coma a luz e o són ou o coidado vestiário. Ademais, este conto das Mil e unha noites, narrado por Sherezade, contará coa actuación de mais de 20 profesionais.

A xira, que xa pasou por Londres, continúa en España e Vigo acollerá a história de Aladdin, un xoven que utiliza todas as suas artimañas para conseguir o amor da princesa Jazmine, mentres o malvado Jaffar manipulará todo o seu poder para tentar conseguir o califato. Outro dos personaxes destacados será o Xénio, que brindará a oportunidade de facer os soños realidade.

Cada función ten unha duración de dúas horas e dez minutos, incluído o descanso. As entradas terán un prezo de 35 euros en butacas e o anfiteatro primeiro, mentres que nos anfiteatros segundo e terceiro custarán 30 euros.

O Lugrís mais fantástico
Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fingal convida ao espectador a se adentrar no mundo fantástico de Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 – Vigo, 1973) – ou o que é o mesmo, de Ulyses Fingal, alcume que o pintor e escritor galego empregou decote – e a descobrir o universo pictórico mariño e mítico, pragado de sereas, barcos e monstros mariños, que o artista cultivou desde que chegou a Vigo na década dos anos corenta. Con esta exposición, inaugurada onte, dia no que se conmemoraba o aniversário da morte de Lugrís, o Museu Quiñons de León de Vigo pecha o ano do centeário do nacemento dun dos pintores super-realistas galegos mais salientábeis.

Comisionada polos profesores do departamento de História da Arte da Universidade de Santiago, José M. López Vázquez e Juan Monterroso, Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fingal non pretende ser unha exposición contemplativa, se non facer reflexionar ao visitante sobre como entendia Lugrís a arte, sobre o valor que nas suas pinturas teñen os obxectos como portadores da memória, e en última instáncia tamén, sobre a arte en si mesma como forma do ser humano de entender o mundo, a través das obras do artista galego e de clásicos como Goya.

Comeza ArtFutura en Vigo
Dende mañán 23 de outubro e até o 16 de novembro terá lugar no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o programa audiovisual da XIX edición de ArtFutura, o Festival de cultura e creatividade de referéncia en España, cun extenso programa que explora os proxectos e as ideias máis salientábeis xurdidas no último ano no panorama internacional dos new media, o deseño de interacción, os videoxogos e a animación dixital.

Neste 2008, a exposición Máquinas e almas, impulsada por ArtFutura e comisariada por Montxo Algora, presentou-se no Museo Nacional Reina Sofía de Madrid. A mostra, que presta o seu título para esta edición, presenta pezas esenciais da arte dixital da última década e afonda no feito de que, a comezos do século XXI, arte e ciencia discorren por camiños paralelos.

O programa audiovisual de ArtFutura 2008, compartido por todas as cidades que forman parte de CircuitoFutura, inclúe máis de oito horas de imaxes de alto impacto coas últimas achegas do campo da cultura dixital, os videoxogos e os efectos especiais. Entre os especiais, o documental Das Netz de Lutz Dammbeck, un especial sobre a escola francesa Supinfocom e unha retrospectiva de Satoshi Tamioka, recoñecido autor xaponés de animación dixital.

Os actos terán lugar os xoves e venres, de 20.00 a 21.30 e os sábados, de 18:00 a 21:00, e coma sempre, a entrada é libre e gratuita até completar o aforo. De seguido vos presentamos a programación oficial:

Programa da ArtFutura 2008

Ademais, o xoves 23 e mais o sábado 25 de outubro, o público terá ocasión de votar pola súa película favorita de entre todos os traballos que conforman os programas ArtFutura Show e 3D en España, respectivamente. Os traballos que consigan mais votos serán gañadores dos Premios ArtFutura 2008, convocados na edición de cada ano. Os resultados das votacións e nomes dos premiados publicaranse na web de ArtFutura.

Preestrea do Internado en Vigo
Os actores da série

Por primeira vez en España, Antena 3 preestreará mañá de xeito simultáneo en catro cidades o primeiro capítulo correspondente á cuarta tempada da súa serie El internado. Os actos contarán coa asisténcia de oito dos protagonistas da série.

A partir das 19:00 horas en Bilbao e das 20:00 horas en Vigo, Sevilla e Múrcia, os seguidores da série poderán disfroitar unha semana antes das novidades da cuarta tempada de El internado.

A série, chea de adolescentes, mistérios e un toque fantástico inusual nas televisións españolas, está producida por Globomedia e conta no seu reparto con Amparo Baró, Luis Merlo, Natalia Millán, o vigués Martín Rivas e a nena Carlota García. O argumento descorre nun coléxio aillado do mundo, «La laguna negra», que agocha un grande mistério no bosque que o rodea.

En Vigo o evento terá lugar no Cinebox da Praza Elíptica (Praza Francisco Fernández del Riego), e contará cos actores convidados Martín Rivas e Marta Hazas.

El internado arrinca esta cuarta entrega após do éxito de audiéncia obtido na despedida da sua terceira tempada, cuxo capítulo final, La noche del fuego, rexistrou unha média de case catro millóns de seguidores (3.944.000) e o 24% de cota de pantalla, máximo da tempada e o seu segundo millor dato histórico, só superado polo desenlace da segunda tempada. O episódio foi líder absoluto entre o público de 4 a 44 anos, con especial seguimento entre o grupo de idade comprendido entre os 13 aos 24 anos (42,5%).

Asimesmo, a emisión de Los secretos del internado, que Antena 3 ofreceu ao remate do capítulo, rexistrou máis de 3 millóns de espectadores e un 30% de share. Con estes resultados, El internado concluiu a súa terceira tempada cun promédio de 3.418.000 espectadores e un 20,4% de share, convertíndo-se na ficción máis vista do seu día de emisión, os mércores.

Terror en Castrelos
O Museu Quiñones de León de Vigo lanza unha actividade terrorífica para os vindeiros meses: as Noites Negras de Castrelos. Tráta-se dun espectáculo teatral inteactivo co que o público (en grupos de 25 persoas) fará un percorrido polo interior do edifício para coñecer a história do pazo dende o século XVII até a doazón ao povo nos anos 20.

A sorpresa, o incertidume e o sobresalto guiarán aos maiores de 18 anos (ou maiores de 14 acompañados dun adulto) polo interior e mais os exteriores do actual museu durante 90 minutos. Persoaxes coma a Santa Compaña, María Soliño ou o Marqués de Castrelos contarán unha história chea de adiviñas, deturpacións e sospeitas.

As visitas serán o 13 de xuño, o 11 de xullo, o 12 de setembro e mais o 3 de outubro. As entradas poderán comprar-se a partir do 10 de xuño no mesmo museu e costarán teres euros.

Salón do manga… por ombreiro
Seica o Salón do Manga de Vigo, que tiña prevista a súa celebración do 26 ao 28 de decembro, non vai ter lugar, ou alomenos non nas datas que nun princípio se anunciaran.

A Asociación Xuvenil-Cultural Ippon, que segundo se informara nun primeiro intre, estaba atrás da organización, explica nun comunicado que teñen posto na súa páxina Web as razóns polas que se cancelou o acontecemento, afirmando que non teñen ren que ver co «suposto Salón do Manga de Vigo«, ainda que «certamente si houbo un contacto coa empresa responsábel«.

Segundo o comunicado, hai un mes e médio, a empresa que xestiona o proxecto púxo-se en contacto coa Asociación Ippon para que trasladara os seus Encontros dentro do marco de actividades de Xuvenália. Perante esta oportunidade, a xunta directiva da Asociación aprobou tomar parte no devandito proxecto.

O problema chegou cando a empresa comunicou que non contaba co apoio económico abondo para a actividade, que non contaban cos permisos da Autoridade Portuária e que non chegaran as subvencións, polo que a Asociación considerou lóxicamente imposíbel a realización do evento.

Dende Ippon prometen publicar en datas vindeiras máis información sobre o que acontecerá cos IX Encontros, e aos sócios se lles convocará a unha asemblea extraordinária que terá lugar antes de rematar o ano.

A noiva cadáver chega por nadal
Nos últimos anos, a indústria cinematográfica e concretamente o mundo da animación consolidou-se coma unha das formas artísticas máis salientábeis. A Fundación Caixa Galicia escolleu a época navideña para levar á sua sede de Vigo a exposición A Noiva Cadáver: do debuxo ao monicreque, unha mostra que revela o talento creativo baixo o que se creou a película do realizador americano Tim Burton.

Esta exposición, integrada básicamente por maquetas, reproducións dos bonecos orixinais e debuxos que formaron parte do storyboard, foi comisariada e desenvolvida por Manuel Meijide e Luís Hernández, da Universidade da Coruña. A Fundación Caixa Galicia estreouna na súa sede da Coruña durante o verán do ano pasado e chegará a Vigo este nadal. A exhibición abrirá o 21 de decembro e ficará na cidade até meiados de febreiro ofrecendo várias actividades paralelas e visitas guiadas.

O estudo de animación Grangel Studio, creado por dous irmáns barceloneses, Jordi e Carlos Grangel, foi o deseñador principal dos persoaxes. Os Grangel levan máis de dez anos traballando para a Dreamworks, a factoría de animación de Steven Spielberg, onde colabouraron en várias películas coma Madagascar ou O príncipe de Exipto.

A súa colabouración co creador de Eduardo Manstesouras escomezou en 2001 e prolongou-se durante máis de tres anos. A exposición de A Noiva Cadáver está composta por material do traballo artístico creado para o deseño dos persoaxes da película. Hai bonecos orixinais, esbozos de Grangel Studios e de Tim Burton e paneis que contan paso a paso o proceso que se seguiu para crear o filme. Os artistas españois debuxaron preto de 450 láminas con creaturas que logo foron animadas sobre escenários dixitais e filmados coa técnica de stop-motion, fotograma a fotograma. Finalmente foron 82 os persoaxes creados. Ademáis, o estudo Grangel tamén ocupou-se do título da produción, as caligrafías para os títulos de crédito, o estilo do merchandising e mais a supervisión da liña de xoguetes que saiu á venda.

Á inauguración na Coruña asistiu a equipa completa de Grangel Studio, Ian Mackinnon e Peter Saunders (fundadores de Mackinnon & Saunders) e Mike Johnson (co-director da película xunto a Tim Burton). Recibiu máis de 60.000 visitantes e cada día completou-se o aforo para 300 personas nas proxeccións que se facían da película na que a participación española foi fundamental.

A exposición ofrece unha visita única polo taller de creación da película de animación da Warner Bros Pictures que foi protagonizada por Johnny Depp e Helena Bonham Carter.

I Salón do Manga de Vigo
Segundo vimos de coñecer, por fin haberá Salón do Manga en Vigo. Do 26 ao 28 de decembro, dentro das xornadas Xuvenalia 2007, a primeira semana de lecer xoven de Vigo, e co marco da Estación Marítima, o manga chegará á cidade olívica.

Coas labouras organizativas da Asociación Xuvenil Ippon, dentro destas xornadas haberá espazo para as actividades, talleres, concursos, parolas-colóquio, etc. Asemade haberá unha zona comercial onde estarán as tendas especializadas de Vigo e editoriais de manga españolas, con demostración de artes marciais, degustación de comida xaponesa, exposicións e proxeccións de anime.

Entre os autores convidados, compre destacar a presenza de Javier Rodríguez, (autor do manga Lolita HR de Glenat), as autoras de Paper Cats e Synop6 e Ayame Shiroi (autora do manga Rosacruz de Medea Ediciones). No tocante á previsión de asisténcia, prevé-se a presenza dunhas 30.000 persoas durante os tres días que durará o evento.