NOVA FANTASIA » xuizo

O estraño caso dos dous Supermans
Tal e coma adiantaba NOVA FANTASIA hai meses, as augas no mundo de Superman están a baixar moi revoltas e polo de agora non hai sinais de que escampe. Mesmo grazas a unha extraña rifa legal, podería haber dous proxectos de Superman en 2013.

Man of Steel, dirixida por Zack Snyder e producida por Christopher Nolan, está prevista para se estrear en decembro de 2012. Pero menos dun ano despois desa data, certos dereitos sobre o persoaxe pasarán a ser novamente propiedade da família dos seus creadores orixinais, Jerry Siegel e Joe Shuster.

E o que sinifica «certos dereitos»? Pois que non todo pertencerá aos herdeiros de Siegel e Shuster. Iso é porque segundo a senténcia xudicial, todo o que inventou a parella para Superman antes de que ambos escomezasen a traballar para a DC Comics volverá a ser propiedade das súas famílias. E todo o que inventaron despois de escomezar a traballar para a editorial pertencerá á editorial (que actualmente é propiedade da Warner Bros. Pictures).

En resumidas contas, os herdeiros de Siegel e Shuster terán os dereitos sobre o uniforme azul e vermello de Superman, así coma de certos superpoderes, concretamente os de «chimpar mais alto cós edifícios», «ser mais rápido ca unha locomotora» e ser «capaz de deter as balas». Todo o demais, que foi engadido despois de 1938, cando xa traballaban na DC, será propiedade da devandita compañía: o resto dos seus superpoderes, coma o de voar, ou a súa galería de superinimigos, incluíndo a Lex Luthor.

Así pois, en teoría, a partir de 2013 as famílias de Siegel e Shuster e mais a Warner poderían facer dous filmes diferentes, cadaún cun Superman con poderes diferentes, un uniforme distinto, e superfalcatruáns de seu. Un dos filmes non podería amosar a Superman voando, e o outro non podería amosar o uniforme azul e vermello.

Polo de agora Marc Toberoff, o avogado das famílias dos creadores de Superman, está a tentar desesperadamente sacar adiante unha apelación perante o tribunal, mentres que a Warner decidiu demandar directamente ao avogado, acusándo-o de rachar as boas relacións que tiñan coas famílias antes de que fosen a xuízo por mor dos dereitos sobre o home de aceiro, precisamente instigados por este avogado.

Mentres se resolve o caso, Man of Steel podería ser a derradeira vez que vexamos ao «auténtico» Superman no cinema. As secuelas poderán amosar a un Kal-El sen o seu uniforme, mentres que vemos a outro persoaxe co mesmo nome pero incapaz de voar, tal e coma foi deseñado orixinalmente por Siegel e Shuster. Será o final definitivo para Superman?

Desestimada outra demanda contra J.K. Rowling
A xuiza Shira A. Scheindlin, titular do Xulgado de Districto para o Sul de New York, ven de desestimar unha demanda na que se lle acusaba á escritora J.K. Rowling de copiar o traballo doutro autor cando escribiu Harry Potter e o cáliz de fogo.

Os herdeiros do defunto escritor Adrian Jacobs denunciaran que a trama do libro, o cuarto dos sete que integran a exitosa saga do neno meigo, copiaba partes da obra Willy The Wizard, incluido un concurso de máxia, e que Rowling tomou prestada a ideia de meigos viaxando en trens.

A Scholastic Corp, a editorial que publica os libros da saga nos Estados Unidos, recibiu con ledícia a decisión e citou as palabras da senténcia cando din que «o contraste entre o concepto total e o ambiente das obras é tan absoluto que calquera comparación séria entre ambas forza a credulidade«. «A desestimación do xulgado apoia a nosa postura de que o caso estaba completamente infundado e que comparar Willy The Wizard coa série de Harry Potter era absurdo«, salientou a editorial nun comunicado.

En outubro, un xuíz a cargo dun caso semellante por pláxio en Londres dixera que as afirmacións feitas por Paul Allen, administrador da herdanza de Jacob, eran «improbábeis«, ainda que non aceptou a petición dos avogados de Rowling e da sua editorial británica para desestimar inmediatamente o caso.

Segundo o administrador da súa herdanza, Jacobs – que escribiu Willy The Wizard en 1987 – procurou os servizos do axente literário Christopher Little, quen posteriormente converteu-se en axente de Rowling. Ademais engadiu que Jacobs morreu na pobreza nun hospital de Londres en 1997.

A Bloomsbury, editora de Harry Potter no Reino Unido, dixo que Rowling nunca escoitara o nome de Jacobs antes de que en 2004 se presenta-se a primeira demanda por dereitos de autor, case sete anos despois da publicación do primeiro tomo da saga de Harry Potter.

Via libre para O Hobbit
Unha demanda apresentada polos herdeiros de J.R.R. Tolkien contra a produtora New Line, en relación á participación nos benefícios brutos dos herdeiros do autor inglés sobre a triloxia de O Señor dos Anéis, ven de se resolver extraxudicialmente.

Estaba previsto que o caso se dirimira nun xuízo que teria lugar o 19 de outubro no Tribunal Superior de Los Angeles. Os termos do acordo, que tamén afecta á editorial HarperCollins como parte demandante, son confidenciais, pero o herdeiros de Tolkien deron a coñecer que esta decisión dá via libre á rodaxe dos dous filmes de O Hobbit, financiadas por New Line.

A produción de ambos filmes escomezará asemade a comezos de 2010 baixo a dirección do mexicano Guillermo del Toro.

Os herdeiros de Tolkien e mais a editorial HarperCollins apresentaron a demanda en febreiro de 2008 e alegaron que a New Line non pagara alomenos 220 millóns de dolares aos membros do fondo.

Os demandantes afirmaban que baixo un contrato asinado en 1969, tiñan direito a un 7,5 por cento dos benefícios brutos que xerasen os filmes baseados nas novelas de Tolkien e outros produtos relacionados, unha cifra total á que debian restar certos custes.

A franquía de O Señor dos Anéis xerou mais de 3.000 millóns de dólares no despacho de billetes entre 2001 e 2003. Na demanda esixia-se unha declaración xudicial pola que os demandantes podían acabar con calquera dos dereitos da New Line sobre os traballos de Tolkien, incluído O Hobbit, que está a ser producida por Peter Jackson, director da saga orixinal, e mais a sua esposa, Fran Walsh. Espera-se que ambos filmes cheguen ás salas a finais de 2011 e 2012.

«Estamos satisfeitos de pór fin a este litíxio«, dixo Alan Horn, presidente da Warner Bros., que engloba á New Line. «Esperamos ter unha relación produtiva e beneficiosa para todos no futuro«, engadiu.

A Warner Bros. posue os dereitos para a distribución de O Hobbit nos Estados Unidos, en tanto cá Metro-Goldwyn-Mayer fará o próprio no estranxeiro.

Segundo Bonnie Eskenazi, avogada en representación dos herdeiros de Tolkien, as conversas que remataron neste acordo escomezaron meses atrás e os demandantes atopan-se «completamente satisfeitos» coa resolución. «Isto facilitará que o fondo poda emprestar a sua axuda a mais de 100 organizacións benéficas«, afirmou Eskenazi.

A liortas por Superman
Os problemas legais entre Brian Quintana e Jon Peters, os dous produtores da nova entrega cinematográfica de Superman, que debía levar por título Superman: Man of Steel, foron moi graves este pasado decembro. Daquela, seica Quintana demandou a Peters non só para lle reclamar uns cartos que lle debía, senón tamén por acoso sexual e por lle pedir de xeito moi violento que lle axudase a facer unha série de cousas, entre as que estaban o perxúrio, falsificación de sinaturas, procura de drogas ilegais, fraudes fiscais e contábeis e a axuda e ocultación de comportamentos sexuais extremos.

Ademais, entre as demandas que seixa interpuxo Peters contra Quintana estaba a petición de encubrimento da violación da filla de Peters.

Segundo publicou esta semana o xornal americano The New York Post, Peters foi condeado a se manter afastado 100 iardas (91 metros) de Quintana, e todo porque Peters lle espetou literalmente a Quintana «vou cruzar esta mesa e che vou partir a puta cara, vou-te patear o cú«, todo no decurso dunha declaración que tivo lugar diante do mesmísimo xuiz o pasado 12 de agosto en Los Angeles mentres se discutía o caso de suposto acoso sexual polo que Quintana acusa a Peters.

Quintana presentou unha denúncia ante a Policía o 14 de agosto na que se di que «O señor Peters ameazou con me partir as pernas. Teño medo, estou nervoso e desacougado e temo que Jon Peters vaia facer-me dano ou matar-me«. O 19 de agosto, o xuiz condeceu a Quintana unha orde afastamento para evitar que Peters poidera «ameaza-lo, asalta-lo ou acosa-lo«.

O avogado de Peters, Joe Yanny, afirma que a orde de afastamento non ten xustificación e que a perda dos nervos de Peters foi debida a que Quintana lle tirou biquiños a Peters mentres que esta estaba declarando perante o xuiz.

Este 9 de setembro houbo unha nova vista na que se deberá decidir por canto tempo mais a orde de afastamento ficará en vigor.

Problemas legais en Avatar?
A Fathom Studios podería iniciar accións legais contra a vindeira superprodución en 3D de James Cameron, o filme épico Avatar, que segundo din ten demasiadas semellanzas con outro filme de fantasía e debuxos animados.

A vindeira produción de Cameron foi anunciada pouco menos que coma o futuro do cinema, e dela din que mesmo abrirá a porta a unha nova era no mundo da produción de filmes en 3D con animación xerada por computador, pero a Fathom afirma que todo estaba xa inventado.

Así, a fita de debuxos animados fantásticos Delgo, que pasou sen pena nin glória polas pantallas americanas o ano pasado, teñen previsto iniciar accións legais contra os produtores de Avatar, a poderosa 20th-century Fox. «Polo que miramos até agora, estamos abriados polas semellanzas visuais entre os dous filmes«, dixo unha voceira da pequena empresa baseada en Atlanta nunha nota de prensa. «Estamos considerando que tipo de accións legais temos dispoñíbeis para exercer«.

Segundo quen puideron ver o filme Delgo, é a primeira longametraxe de debuxos animados xerados por computador producida de maneira independente dos grandes estudos nos Estados unidos. Estaba protagonizada polas voces dos actores Freddie Prinze Jr e Jennifer Love Hewitt, no papel de dous áliens namorados que axudan a salvar os seus respectivos planetas dun tirano intergaláctico, cuxa voz emprestou-lle Anne Bancroft. Cun orzamento de á penas 30 millóns de euros, este filme só recadou 700.000 dólares nos despachos de billetes, o que supuxo o meirande fracaso económico nas carteleiras americanas do ano pasado.

O director de Avatar, James Cameron, asegura que o seu filme leva planeado dende finais dos anos 90, ainda qaue a produción non escomezou oficialmente até 2006. Nombergantes, os creadores de Delgo dixeron que tiñan publicados debuxos e fotos con exemplos de «conceptos artísticos» no seu sítio Web, delgo.com, dende 1998.

Após de que a semana pasada se estrease un tráiler de 15 minutos de duración con imaxes de Avatar, os paralelismos entre os dous filmes xa se deixaron notar por moitos afeccionados e xornalistas de diversos médios de comunicación nos Estados Unidos. Segundo algúns críticos de cinema, as semellanzas entre os dous filmes son tan grandes que practicamente garanten a presentación dunha demanda. O único que hai que ver é que filme dos dous obtén menos recadación, porque ése será o que presente a demanda nos xulgados.

Avatar ten prevista a súa estrea o 18 de decembro. No reparto as voces orixinais son as de Michelle Rodriguez, Sam Worthington, Sigourney Weaver e Zoe Saldaña.

Superman sae do xuízo
Ven de se desvelar que este mércores un xulgado federal nos Estados Unidos sentenciou que os dereitos sobre Superman volverán a pertencer aos herdeiros dos seus creadores orixinais, Jerome Siegel e Joe Shuster, en 2013 e mentres tanto á Warner Brothers se lle está a rematar o tempo para acadar un guión e facer a secuela de Superman Returns. De feito, se escomezasen agora mesmo, os estudos non poderían ter o filme rematado até 2012 no millor dos casos.

Na decisión xudicial do mércores, o xuiz Stephen G. Larson sentenciou que os pagos que a Warner fixo ao representante da DC Comics non foron xustos xa que están por baixo do valor do mercado e que os herdeiros só poden reclamar a súa parte dos benefícios á DC Comics (que só gañou 13,6 millóns de dólares co filme de 2006) e non á Warner Bros.

Ademais, o xuiz estableceu a data do 1 de decembro para celebrar unha vista na que se determinará a cota de benefícios dos herdeiros, que o ano pasado gañaran o dereito sobre a metade do copyright polo material baseado en Superman. E en 2013 obterán o 100% dos dereitos de autor.

O xuiz, que dirixiu un xuizo que durou 10 días, salientou que o presidente da Warner Brothers Alan Horn testemuñara que ainda que teñen a espranza de facer outro filme sobre Superman, ainda non teñen un guión, non hai nada en desenvovlemento e que como moi cedo o novo filme estaría listo en 2012.

A Marvel, demandada por 750 millóns
Segundo veñen de confirmar diversas axéncias de novas, os accionistas dunha antiga empresa de Stan Lee que crebou queren que se lles paguen mais de 750 millóns de dólares (uns 560 millóns de euros) en benefícios de filmes baseados en persoaxes da Marvel Comics coma Spiderman, X-Men ou Iron Man.

A demanda foi presentada o luns nun tribunal federal de Manhattan no nome de catro accionistas da Stan Lee Media, Inc. Entre os demandados están o mesmo Lee, a súa muller, a compañía Marvel Entertainment, Inc., e mais o antigo presidente da Marvel, Avi Arad.

A demanda esixe os benefícios provintes das creacións de Stan Lee e que segundo din pertencen á empresa demandante, que saiu da bancarrota en 2006. A demanda di que Lee e os demais demandados ignoraron á compañía e aos intereses dos seus accionistas.

O gurú do cómic Stan Lee non quixo facer comentários, mentres que un voceiro da Marvel dixo que a demanda está chea de «reclamacións ridículas«.

Watchmen: rematou a batalla!
Tal e coma se agardaba, a 20th Century Fox e mais a Warner Brothers anunciaron o venres que resolveron a súa batalla legal polos dereitos de distribución sobre o filme Watchmen.

O lanzamento do filme de superheroes mantivéra-se en dúbida durante meses por mor da rifa que levou aos xulgados á Fox e mais á Warner, ambos loitando por ter os dereitos sobre esta longametraxe. Os estudos din que a data de estrea será finalmente o 6 de marzo, tal e coma se establecera nun primeiro intre.

Os voceiros de ambas as dúas empresas emitiron un comunicado conxunto o venres á noite no que confirmaron que a disputa legal ficou rematada cun acordo extra-xudicial que se manterá confidencial.

Os acordos para zanxar a rifa escomezaron no mesmo intre no que un xuiz decretou o pasado 24 de decembro que os dereitos de distribución corresponden á Fox, ainda que foi a Warner a que produciu o filme.

Os avogados dos dous estudos deberán agora manter unha xuntanza co xuiz federal Gary Allen Feess para discutir os termos exactos do acordo. O comunicado conxunto di que ambos estudos agardan con grande emoción a estrea do filme.

Acordo por Watchmen?
O plan da Warner Brothers de lanzar Watchmen o vindeiro 6 de marzo podería despois de todo chegar a bó fin xa que os estudos e mais a 20th Century Fox están por acadar un acordo que peche a ágria desputa sobre os dereitos de distribución do filme de superheroes.

Os avogados de ambos os dous estudos revelaron o pasado venres que chegaran a grandes progresos cara a un acordo que rematase coa demanda interposta pola Fox perante un xulgado federal de Los Angeles e que ten previsto continuar adinte se non se chega antes a ese desexado acordo. Os representantes da Fox e da Warner non quixeron desvelar os termos dese posíbel acordo, que probábelmente sinificará a entrada da Fox no reparto dos benefícios do filme.

Un xuiz federal determinou o pasado 24 de decembro que a Fox é a propietária dos dereitos de distribución de Watchmen. A Warner non mudou polo de agora a data de estrea e mesmo comezou a emitir anúncios, o que fai pensar que o acordo está preto.

Ademais, este mesmo martes se soubo que a audiéncia prevista no tribunal foi cancelada, o que disparou os rumores sobre o acordo, que podería ser inminente. Algunhas fontes consultadas por NOVA FANTASIA confirmaron que de se chegar a un acordo, este podería supoñer á Warner o pago de várias decenas de millóns de dólares. En 2005 houbera un caso semellante polo filme Dukes of Hazzard que custou arranxar 17,5 millóns.

Difícil estrea de Watchmen
A Warner Brothers terá que se sentar a negociar coa 20th Century Fox para tentar chegar a un acordo se ainda queren lanzar Watchmen o vindeiro 6 de marzo.

Nunha decisión tomada o pasado día 24, un xuiz federal de Los Angeles decretou que a Fox posúe os dereitos de distribución sobre o filme mais agardado do ano que ven: «A Fox ten un dereito de copyright consistente, como moi pouco, no dereito de distribuir a longametraxe Watchmen«, sentenciou o xuiz Gary Allen Feess.

A 20th Century Fox ten intención de impedir a estrea do filme e quere que sexa unha orde xudicial o que impida este lanzamento. Polo de agora a Warner non anunciou a suspensión da estrea.

O xuiz mantén a data do 20 de xaneiro para celebrar unha vista na que se tratarán asuntos ainda pendentes. Un avogado da Warner Bros. comentou o luns que non sabía se se ía presentar unha apelación, pero dixo que considera imprescindíbel cdelebrar un xuizo sobre o contido da demanda.

Watchmen é da Fox
Nunha abraiante e inesperada decisión, un xuiz federal en Los Angeles (Califórnia) ven de lle dar a razón á 20th Century Fox na súa demanda por posuir os dereitos sobre a longametraxe Watchmen, que ven de se rematar de filmar pola Warner Brothers e mais a Legendary Pictures e ten prevista a súa estrea no mes de marzo.

A decisión recólle-se nunha orde por escrito en cinco páxinas que leva data de 24 de decembro, polo que ainda non tivemos acceso ao seu contido exacto. Gary A. Feess, o xuiz do Xulgado de Distrito dos Estados Unidos para Califórnia Central, prometeu que fornecería aos litigantes cunha orde mais detallada axiña.

A Fox levaba moito tempo procurando evitar que a Warner distribuise o filme. Esta aventura de superheroes, baseada na clásica novela gráfica Watchmen, está dirixida por Zack Snyder (300) e é unha das estreas mais agardadas por todos os fans do mundo para o ano que ven. Agora a devandita estrea semella case imposíbel.

Scott Rowe, o voceiro da Warner, a empresa derrotada no proceso, non quixo facer ningún tipo de comentário sobre a senténcia nin sobre os plans dos estudos.

Aprazado o xuizo de Watchmen
Un xuiz federal de Los Angeles ven de adiar o xuizo por Watchmen dúas semanas mais até o 20 de xaneiro de 2009, após de rexeitar determinar se é a Fox ou a Warner Bros a que controla os dereitos do proxecto.

O xuiz Gary Allen Feess establecera a data do xuizo para o 15 de decembro, facendo notar que debe levar un caso criminal o 6 de xaneiro. Ademais rexeitou facer unha declaración prexudicial – tal e como lle pedían as dúas partes – porque segundo dixo, os contratos entre a Fox e mais o produtor de Watchmen Larry Gordon están tan abertos á interpretación que precisarán dun xuizo.

A Warner non apoia a data de estrea de Watchmen para o día 6 de marzo. O filme está dirixido por Zack Snyder e protagonziado por Patrick Wilson e Jackie Earle Haley.

A demanda da Fox, presentada en febreiro, afirma que é a Fox a que ten os dereitos de distribución sobre a novela gráfica escrita por Alan Moore e debuxada por Dave Gibbons. E engade que a opción da Warner para adquirir os dereitos sobre Watchmen nunca foi exercida, permitindo polo tanto á Fox seguir adiante coa produción.

Os cascos da Guerra das Galáxias
A Lucasfilm Ltd. e mais o deseñador de accesórios de teatro e vestiário inglés Andrew Ainsworth reclamaron a vitória para cadanseu bando cando o pasado 31 de xullo comunicou-se a sentenza pola batalla legal polos cascos dos soldados do Império da Guerra das Galáxias.

A empresa de George Lucas demandara a Andrew Ainsworth, o creador orixinal dos devanditos cascos para o filme orixinal de 1977, acusándo-o de vende-los pola Internet mália que o copyright pertence á Lucasfilm.

Anthony Mann, un xuiz do Tribunal Supremo de Inglaterra, dictou que Ainsworth violou os dereitos de autor da Lucasfilm nos Estados Unidos por vender os cascos naquel país. Pero ao mesmo tempo, rexeitou que a orde de prohibir a Ainsworth vender os cascos se puidera aplicar no Reino Unido (en 2006 un xulgado de Califórnia prohibira a Ainsworth vende-los). O xuiz dixo que as vendas de Ainsworth nos Estados Unidos, que equivalen a uns 30.000 euros, non eran abondo importantes como para obrigar-lle a cumprir unha orde dun tribunal estranxeiro.

O xuiz tamén rexeitou unha petición da Lucasfilm na que esixía a Ainsworth que recoñecera que o copyright dos cascos pertence á Lucasfilm. O xuiz decretou que baixo as leis inglesas, o copyright sobre os cascos xa expirou. O avogado de Ainsworth, Seamus Andrew, dixo que agora o seu cliente é libre de seguir vendendo os cascos en todo o mundo agás nos Estados Unidos.

O xuiz Mann rexeitou asemade a demanda de Ainsworth na que pedía que se lle recoñecese que el é o dono do copyright sobre os cascos.

O xuizo de Rowling
A escritora inglesa J.K. Rowling pediu este luns con bágoas nos ollos á xustiza americana que impida a publicación dunha enciclopedia sobre a súa série de novelas de Harry Potter por un pequeno editor de Michigan que segundo ela quére-lle roubar 17 anos de traballo.

«Ese libro constitúe un roubo ao por maior de 17 anos de traballo duro«, dixo Rowling perante o tribunal do distrito sul de Manhattan, na xornada de apertura dun xuizo que se anticipa que durará vários días.

Rowling e mais os estudos de Hollywood Warner Bros, que adaptaron os seus libros á pantalla grande, escomezaron unha demanda por violación de propiedade intelectual á editorial RDR Books de Michigan. A saga do popular neno meigo vendeu máis de 350 millóns de ibros en todo o mundo e foi xa traducida a 65 idiomas.

Rowling acusou á editorial de alterar a integridade dos persoaxes e o seu universo de ficción, e dixo que iso motivou a demanda, e non os cartos.

Anthony Falzone, avogado da RDR Books, rebatiu os argumentos afirmando que «se se suprime a publicación deste libro, o público vai perder unha guía de referéncia útil» sobre a longa e complexa saga infantil.

«A enciclopédia non é un sustituto plausíbel de ningunha das novelas da saga de Harry Potter», engadiu Falzone. «É perante todo unha guía de referéncia«.

Segundo Falzone, «a cuestión aquí é saber se a señora Rowling ten o poder para facer desaparecer ao noso libro«.

Vestida cun traxe sastre escuro con finas raias brancas, a escritora admitiu na súa declaración perante o tribunal coa súa avogada que estaba «nervosa» ao comparecer por primeira vez na sua vida perante un tribunal.

Nun intre no que evocaba as dificultades do início da sua carrera literária, Rowling contivo con dificultade as bágoas. «Era todo o que tiña na vida, á parte dos meus fillos«, dixo ao se referir á importáncia das suas novelas.

A escritora de 42 anos dixo posteriormente que se dispón a publicar unha enciclopédia Harry Potter de seu, nun prazo de dous a tres anos, e que case abandoa a querela porque afecta á súa actividade creadora.

«Escribir unha novela é un traballo de amor«, dixo Rowling. «Escribir unha enciclopédia é algo diferente«. «Dous a tres anos sería un prazo razoábel, quero face-lo correctamente«, sinalou. Precisou que o fruto das vendas será directamente entregado a obras de caridade para nenos.

A enciclopedia que RDR Books quere poñer en venda por 24,95 dólares (15,75 euros) é obra de Steve Vander Ark, un admirador de Rowling que posúe un sítio na internet sobre Harry Potter e que segundo os seus avogados «liu as obras de Rowling unhas 50 veces«.

Rowling, quen anteriormente apoiara o sío Web de Vander Ark, dixo no xulgado que ao se enterar do seu proxecto de publicar o libro sentiu-se «sumamente indignada«. «Sentín certo grao de traizón«.

A autora criticou a guía non autorizada: «a enciclopedia non é unha obra de calidade«, dixo. «Hai partes nas que Vander Ark directamente non entendeu a obra«.

Os avogados de Warner pediron ao xuiz que impedira a publicación do libro, que segundo eles limíta-se a reordear alfabéticamente a complexa obra, sen engadir grande cousa. «Toma demasiado e non aporta case nada«, dixo unha das letradas de Rowling.