Quen somos?

 

NOVA fantasía é unha revista electrónica, escrita íntegramente en galego, e adicada a difundir o xénero fantástico: nela teñen cabida a ciéncia-ficción, o Terror, a Fantasía heróica e todos os xéneros que entran no amplo mundo da Fantasía, vista dende todos os eidos posibles: Literatura, cinema, cómic, música, etc. E todo elo, por suposto, en galego. Coa dobre intención de dignificar a nosa língua e de dignificar o xénero fantástico.

Estas persoas son as que facemos NOVA fantasía cada día: Se desexas atopar-nos, tamén che amosamos o noso enderezo. Estamos sempre ao teu dispór. E non esquezas que tí tamén podes formar parte desta equipa. Tan só tés que te pór en contacto connosco. Aníma-te!

  • EDITOR:
    Fran Morell
  • COLABORAN ARESTORA NOS ARTIGOS ON-LINE:
    Frank Roger
    Joseph Remesar
    Jorge Maqueda Merchán
    Fco. Javier Pérez
    Afonso Xabier Canosa Rodríguez
    Alexis Lemos
    Francisco Gimeno
    Francisco Ruiz Fernández
    José Arias Taboada
    Rafael Avendaño
    Robert Roy Britt
    Santiago Eximeno
    Tom Harris
    … e moitos outros

Agora xa sabes quen somos, pero é que nós tamén queremos saber quen es ti! Se tés algunha nova que nos contar, se coñeces novidades, concursos, publicacións, xogos… ou se tés algún libro, fanzine ou revista do que queiras que deamos referéncia, contacta connosco axiña.

PUBLICIDADE: E se o que desexas é que apareza publicidade dalgún produto teu nas nosas páxinas, preme neste ligazón para coñecer as nosas tarifas. Anunciar-se en NOVA é barato e trae conta!