Inicio » Corporativo »
Aviso Legal
Termos e condicións de uso
En cumprimento do establecido pola vixente lexislación europea, publica-se a seguinte información:
CONDICIÓNS XERAIS DE USO
O presente documento establece as Condicións Xerais de Uso do sítio NOVAFANTASIA.COM que o seu propietário e editor empresta aos seus clientes a través da Internet. A utilización dos servizos e/ou contidos de NOVAFANTASIA.COM por parte do cliente supón a sua adesión e aceitación expresa de todas as condicións xerais de uso na versión publicada no presente sítio Web.
As presentes condicións xerais de uso non exclúen a posibilidade de que determinados servizos ofrecidos en NOVAFANTASIA.COM, polas suas características particulares, sexan sometidos, ademais das condicións xerais de uso, ás suas próprias condicións de uso.
Natureza do sítio
O proprietário/Editor de NOVAFANTASIA.COM desenvolve e publica o sítio como extensión sobre internet das actividades non lucrativas que realiza como particular adicado á información xeral sobre o xénero fantástico.
Os servizos ofrecidos no sítio NOVAFANTASIA.COM cuxos beneficiários sexan terceiros estan suxeitos ás suas respectivas condicións de contrato, non sendo o Proprietário/Editor de NOVAFANTASIA.COM responsábel do contido dos mesmos, como tampouco do uso que se faga deles.
En relación aos servizos que se ofrecen en NOVAFANTASIA.COM, xa sexan próprios ou de terceiros, o usuário aceita e declara que renúncia a pedir ou esixir responsabilidades ao Proprietário/Editor de NOVAFANTASIA.COM por uso indebido deles.
NOVAFANTASIA.COM é un sítio Web privado, pertence a Fran Morell, con DNI 36077545K, sendo o seu enderezo físico: Herdersveld 56, 5665 JS GELDROP (Noord-Brabant), Países Baixos.
O seu proprietário/Editor reserva-se o dereito de suprimir, cancelar, modificar e engadir calquera tipo de servizo sen prévio aviso e sen contar para iso coa aceitación de ninguén.
Condicións da utilización de NOVAFANTASIA.COM
Todos os direitos de propriedade industrial e intelectual dos websites novafantasia.com, novafantasia.es, novafantasia.org e novafantasia.net así coma dos elementos contidos no mesmo (que inclúen, entre outros, imaxes, sóns, áudio, vídeo, software ou textos) pertencen ao seu Editor ou, no seu caso, a terceiras persoas.
O USUÁRIO poderá visualizar tales elementos e mesmo imprimí-los, copia-los e almacena-los no disco duro do seu ordenador ou en calqueroutro suporte físico sempre e cando sexa únicamente para o seu uso persoal e privado, ficando, polo tanto, terminantemente proibida a sua utilización con fins comerciais, a sua distribución, asi como a sua modificación, alteración ou descompilación.
O website de NOVA FANTASIA proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou dados (en adiante, «os contidos») na Internet pertencentes a terceiras persoas aos que o USUÁRIO pode ter acceso. Se ben NOVA FANTASIA actua de boa fe, non se convirte en editor de ditos contidos nin se fai responsábel directa ou indirectamente de cantas reclamacións podan derivar-se da calidade, fiabilidade, exactitude ou corrección dos mesmos.
O USUÁRIO compromete-se a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (como por exemplo servizos de chat, foros de discusión ou grupos de novas) que NOVA FANTASIA oferece a través do seu website e a non empregá-los para: (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrárias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do feixismo ou atentatório contra os direitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de NOVA FANTASIA, dos seus fornecedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calesqueira outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptíbeis de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correio electrónico doutros usuários e modificar ou manipular as súas mensaxes.
NOVA FANTASIA reserva-se o dereito de efectuar sen prévio aviso as modificacións que considere axeitadas no seu website, puidiendo mudar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se empresten a través da mesma como a forma na que éstos aparezan apresentados ou localizados no seu website.
NOVA FANTASIA perseguirá o contravimento das anteriores condicións así como calquera utilización indebida dos seus websites exercendo todas as accións civis e penais que lle podan corresponder en dereito.
A título enunciativo, e en ningun caso limitativo ou excluínte, o usuário comprométe-se a:
- Non difundir, transmitir ou pór a disposición de terceiros calquera tipo de información, elemento ou contido que constitúa publicidade ilícita ou desleal.
- Non suplantar a outros usuários utilizando os seus dados persoais nos distintos servizos e/ou contidos de NOVAFANTASIA.COM.
Confidencialidade e protección de dados
Calquera dado de carácter persoal que o usuário proporcione para a utilización dos servizos e/ou contidos de NOVAFANTASIA.COM estará suxeito ao establecido na nosa política de proteción de dados e non serán entregados a terceiros con fins comerciais ou de análoga natureza.
Responsabilidade por conductas dos usuários
O Propietário/Editor de NOVAFANTASIA.COM non será responsábel dos danos derivados de infracións de calquera usuário ou afiliado que afecten aos dereitos doutro usuário ou de terceiros tales como suplantar a identidade doutro usuário, impago de servizos emprestados por terceiros, os dereitos de copyright, marca, patentes, información confidencial e calquera dereito de propriedade intelectual e industrial. O usuário responderá dos danos e prexuizos de toda natureza que o Propietário/Editor de NOVAFANTASIA.COM ou os seus proveedores ou entidades cos que teña un acordo de colaboración podan sofrer como consecuencia do contravimento das presentes condicións de uso.
Lei aplicabel e xurisdición
Estas condicións xerais rexen-se pola lei neerlandesa. O Propietário/Editor de NOVAFANTASIA.COM e o usuário con renúncia expresa a calquera outro fóro someten-se aos xulgados e tribunais de Eindhoven (Países Baixos) para calquera controvérsia que puidese derivar-se da emprestación dos servizos obxecto destas condicións xerais. No caso de que o usuário teña o seu enderezo fóra de Holanda, o Propietário/Editor de NOVAFANTASIA.COM e o usuário someten-se, con renúncia expresa a calquera outro fóro, aos xulgados e tribunais de Eindhoven (Países Baixos).
Esta páxina web utiliza Google Analytics, un servizo analítico de Web emprestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware (Estados Unidos de América) cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (Califórnia), CA 94043, Estados Unidos. Google Analytics utiliza «cookies», que son arquivos de texto ubicados no seu computador, para axudar ao website a analisar o uso que fan os usuários do sítio Web. A información que xera a cookie verbo do uso do website (incluindo o seu enderezo IP) será directamente transmitido e arquivado por Google nos servidores dos Estados Unidos. Google usará esta información por conta nosa co propósito de seguir a pegada do seu uso do website, recolleitando informes da actividade do website e emprestando outros servizos relacionados coa actividade do website e o uso de Internet. Google poderá transmitir dita información a terceiros cando asi llo requera a lexislación, ou cando ditos terceiros procesen a información por conta de Google.
Google non asociará o seu enderezo IP con ningún outro dado do que dispoña Google. Pode vosté rexeitar o tratamento dos dados ou a información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada do seu navegador; nombergantes, debe vostede saber que se o fai pode ser que non poida utilizar a plena funcionalidade deste website. Ao utilizar este website vostede consente o tratamento de información verbo de vostede por Google na forma e para os fins enriba indicados.
