Inicio » Corporativo »
Condicións de cópia e distribución
NOVA FANTASIA ven de decidir de se acoller á licenza

Creative Commons
para que te sintas libre de:
- Copiar, distribuir e comunicar públicamente a nosa obra
- Facer obras derivadas
- Facer un uso comercial na Internet desta obra
Baixo as seguintes condicións inexcusábeis:
Recoñecemento: Debes recoñecer e citarnos como autores e, no caso de que sexas unha páxina web, enlazar á URL orixinal.
Compartir baixo a mesma licenza: Se alteras ou transformas esta obra, ou xeras unha obra derivada, só podes distribuir a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta
E co seguinte caso particular: Esta licenza non se aplica aos contidos publicados por NOVA FANTASIA procedentes de axéncias de prensa. Tampouco aos contos e relatos de autores que non sexan membros da redacción de NOVA FANTASIA. Para reproducir os devanditos contidos precisarás o consentemento dos terceiros.
Isto é só un resumo do texto legal. A licenza legal, á que deberás engadir as «condicións» e mais o caso particular, está dispoñíbel neste enderezo.
