9
Xan
2008
Calificación:

Edgar Allan Poe
Urco Editora. Col. Gótica (2007)
O que se pode comentar dun clásico agás suliñar a súa nova publicación? Pois pouca cousa. Este libriño, case un folleto, é o primeiro esforzo da Urco Editora por atraer o galego ao xénero fantástico, un esforzo que habería que considerar titánico tendo en conta as actuais tendéncias que seguen a encadrar mesmo un poema coma este nun suposto pero inexistente xénero infanto-xuvenil, ou “de aventuras” para rapaces.
Esta edición conta co incentivo de ser bilíngüe, polo que non hai ren que temer ao respeito de perdas na tradución, sempre complicada no caso da poesía. The Raven é un poema narrativo, publicado por primeira vez en 1845 polo mestre do terror Edgar Allan Poe. A súa musicalidade, a súa linguaxe estilizada e a súa atmosfera sobrenatural axiña convertírono nun clásico irrepetíbel.
Nel nárra-se a história dun misterioso corvo que visita a un home que ven de perder á súa muller e que está preto da loucura por este motivo. O corvo entra na súa habitación e pon-se a repetir unha e outra vez a frase “Nunca mais” (Nevermore).
O poema foi axiña reeditado, parodiado e ilustrado por autores da talla de Gustave Doré ou Édouard Manet (no caso que nos ocupa, por Doré) e converteu-se nun dos máis famosos xamais escritos en calquera idioma. No número 5 de NOVA FANTASIA (verán de 1998) xa fixeramos unha ampla análise e reportaxe verbo dun dos clásicos que non poden faltar nos andeis de calquera que se prece afeccionado á fantasía, así que alí vos remitimos por se ainda desexades máis información.
Popularidade: 85% [?]
3
Out
2007
Calificación:

Pedro Ventura
Editorial: Papiro Editora (2007)
Por fin chegou ás nosas mans a segunda parte da Crónica de Feaglar. E se me pedides que vola resuma nunha frase, direi-vos que concordo que as segundas partes non son boas, neste caso, son mellores!
Nesta segunda parte acabaron as presentacións e comeza a aventura sen mais dilacións. Cun desenrolo xa prácticamente liñal e mais lixeiro, a longa viaxe deica Goor vainos esclarecendo moitas das dúbidas ao redor dos personaxes principais, da súa verdadeira orixe e das súas motivacións. Pouco a pouco imos desfiando a madeixa, e imos comprobando como algunha das nosas suposicións eran certas, e tamén, imos sorprendéndo-nos con novas revelacións. É certo que existe o Draidex, e que cómpre acadalo antes de que caia nas mans de Calicíada, unha raiña cobizosa e sen escrúpulos, capaz do pior. Pero tamén é certo que a pesares das profecías, o consegui-lo dependerá da resolución dos homes. Porén, o Draidex é apenas a punta dun iceberg. Arredor del existe todo un mundo xa desaparecido pero que pode influir de forma decisiva no futuro do que xa coñecemos.
Seguir lendo
Popularidade: 99% [?]
1
Out
2007
Calificación:

Pedro Ventura
Editorial: Papiro Editora (2006)
Antes de vos presentar o meu parecer sobre a novela de Pedro Ventura, A Crónica de Feaglar, coido que deberia aclarar que non son una leitora habitual do xénero fantástico, o que fai que me encare ao texto dende unha perspectiva tal vez menos viciada. Tamén gostaría de facer unha louvanza á capa. Sei que o continente non é o mais importante, pero tamén por deformación profesional coido que ao ser a primeira percepción que temos do libro, esta debe ser boa, e neste caso, tráta-se dunha excelente presentación.
Seguir lendo
Popularidade: 100% [?]
10
Mar
2007
Calificación:

Títulos: Domes of Fire, La ciudad oculta e Los seres fulgentes
David Eddings
Editoriais: Voyager (1995), Grijalbo (1994)
Ainda que xa non son novidades, traemos á palestra a esta triloxía escrita por ún dos autores máis salientábeis da fantasía a nivel mundial, David Eddings.
Eddings acadou facer-se un nome dentro do mundo do fantástico cunha série de dez libros, a Belgariada, con persoaxes memorábeis, diálogos frescos e acción a tope, pero cun argumento demasiado elemental e non moi orixinal. O seu éxito levouno a crear un novo mundo, cunha triloxía (os Elénios) que tamén resultou un éxito, ainda que non tan grande coma o anterior. A triloxía que vos presentamos hoxe é a do Tamuli, a continuación dos Elénios.
Seguir lendo
Popularidade: 98% [?]