Capa do libroCalificación:
Autor: Steve Thayer
Editorial: Planeta, 1997
Idioma: Español

Cando Stephen King sae na portada dun libro doutro autor, cunha frase de elóxio, hai que se poñer a tremer. E este é un deses casos, polo que o posible comprador unha vez máis terá que supoñer que ou ben el é un pouco parvo por non atopar virtudes na novela, ou Mister King tentou enganarlle dalgún xeito. O home do tempo é o protagonista desta obra de difícil definición, na que se mistura un pouco de tódolos xéneros: o terror, thriller, policíaco, romance, político, e atá algo de humor. Negro, claro. Nunha emisora de TV traballa un home do tempo que ademáis de ser un auténtico mestre niso de detecta-las variacións meteorolóxicas, é posiblemente un asasino en série. Nun primeiro intre ninguén pode crer esas ridículas acusacións, pero ó cabo, as probas son indiscutibles… será ou non será? O que vos podo dicir é que se en tódolos xuizos tiveran as mesmas garantías procesuais ca neste, mal iríanos ós cidadáns.

Popularidade: 29% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...