Capa do libroCalificación:
Autor: Isaac Asimov
Editorial: Ediciones B, 1994
Idioma: Español

Colección de relatos, todos moi antigos e polo tanto moi reveladores, inda que tamén moi distintos, do suposto “xénio da ciéncia ficción”, que coma é habitual, só deleitará ós seus seguidores, por sorte cada vez máis escasos. Caducos, desfasados, obsoletos e moitas outras cousas é o que poderiamos dicir encol desta serie de contos, que fican totalmente fóra de tempo e se nos anos 50 poideron ter algunha vixéncia, hoxendía só son unha mostra de que a intelixéncia dun científico non ten por que ir unida necesáriamente á súa facilidade de palabra. Por sorte, Asimov non foi un profeta, porque o mesmo Rappel podería defini-lo futuro con moita maior precisión, e atá mesmo con meirande senso científico.

Popularidade: 34% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...