Nivel 5

Categoría: Ciéncia-Ficción |

Capa do libroCalificación:
Autor: Lincoln Child e Richard Preston
Editorial: Plaza & Janés, 1997
Idioma: Español

Nivel 5 (Mount Dragon en versión orixinal) é unha novela oportunista, escrita en colaboración por dous escritores especialistas cadanseu nun eido distinto: o thriller e mailo mistério. O primeiro é o que sae gañando, porque seica o outro, Child, non se esforzou demasiado por obtér un producto nidiamente aceptable. O argumento xira ó redor dun investigador xenético que traballaba nun laboratório mediocre atá que un bó día aparece na sua pantalla o señor Scopes (claramente unha paródia de Bill Gates) e lle ofrece o contrato da sua vida, para irse ós laboratórios secretos da compañía, situados en Monte Dragón (no deserto de New Mexico). Alí, coma é lóxico, terá que loitar contra a sua conciéncia polo mal que lle obrigan a facer (cura-la gripe pero modificando o xenoma humán) e contra o “malo” da novela, o paranóico xefe de seguridade da base. O resultado é francamente moi malo e unha novela que se ben é moi interesante ó comezo, perde moitísimos enteiros a medida que van pasando as páxinas.

Popularidade: 29% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...