Capa do libroCalificación: Calificación Calificación Calificación
Título orixinal: Chromosome 6
Robin Cook
Editorial Plaza & Janés, 1997
Idioma: Español

As veces Robin Cook decide volver ás súas orixes e pasar moi perto da fronteira entre o fantástico e a ficción máis hiperdesenvolvida, nun intento que non sempre é fructífero pero sempre é de agradecer. E este é un deles, aproveitando que seica agora está de moda a reciclaxe e a protección do médio ambiente, pois hai que reutilizar ós vellos persoaxes de novelas anteriores, que non é cousa de os tirar alegremente cando inda poden dar máis de si.

Os forenses Jack Stapleton e Laurie Montgomery non casaran ó remate da anterior novela, así que nesta ocasión volven á carga e a ver se neste esforzo o consiguen. A súa aventura vainos levar dende as rúas de New York, enchidas de mafiosos e bandas de delincuentes, atá as selvas da ex-española Guiné Ecuatorial, onde se confunden os gorilas de verdade cos soldados do réxime do ditador de turno.

O mistério, o cadavre dun mafioso que seica sofriu unha operación de trasplante de fígado, pero seica ningún médico do mundo lla fixo, e o que é pior, ese fígado nin sequera é humán. A história rematará cando descubran que no mercado negro dos trasplantes, alguén tivo unha ideia que non só pode revoluciona-la medicina, senón de paso facer evolucionar nun senso inesperado a espécie humán.

Interesante e atractiva, coma case todo o deste prolífico autor, inda que coma é lóxico, acabe por se repetir máis cá soupa, sacando sempre os mesmos argumentos e ós mesmos persoaxes (esta vez literalmente).

Popularidade: 33% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...