Capa do libroCalificación: Calificación Calificación
Ken Follet
Editorial Grijalbo, 1998
Idioma: Español
Título orixinal: Hammer of Eden
Tradución: María Vidal Campos

É posible fabricar artificialmente un terremoto? Coma se o medo que lle teñen (non do todo inxustificadamente) os americanos ós movementos sísmicos non fose abondo, o novelista inglés Ken Follet explora a posibilidade de que un grupo terrorista se apodere dun artefacto que faga posible crear terremotos, xusto coma fixo o malvado Lex Luthor na primeira parte da saga de Superman, pero desta volta sen necesidade de bombas atómicas.

A novela é o clásico thriller, que seica é o único que xa nos chega da literatura inglesa, coma se non houbera outras cousas. Escrita co habitual bo ritmo de Follet e cos seus persoaxes peliculeiros (a rapaza do FBI, os terroristas, esta vez tan parvos que atá o seu xefe é analfabeto…), case deseñados expresamente para apareceren na versión no cinema, déixase lér, é agradable e áxil, e ten interese atá as páxinas finais, todo o cal é dende logo máis do que se pode afirmar doutros moitos.

E na parte negativa, moi negativa, unha traducción francamente lamentable, dirixida ó mercado sudamericano, escrita por unha persoa que sabe tanto da cultura americana coma o oso Yogi de física nuclear. E excuso seguir por este camiño porque xa sabedes o que opino das traducións.

Popularidade: 21% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...