Capa do libroCalificación: Calificación Calificación Calificación Calificación
S.T. Joshi
Idioma: Inglés
Necronomicon Press, 1997

Biografía do que foi o máis importante autor do xénero de terror do século XX, este libro aparecido nos Estados Unidos no ano 1996 (en realidade no 97, porque a versión en tapa dura foi tan limitada que seica esgotouse nuns poucos días) e inda sen traducción ó español nin “por suposto” ó galego é unha pequena alfáia que ningún admirador da figura de Howard Phillips Lovecraft debería perderse.

Escrita dende un punto de vista de simpatía co autor e coa súa obra, pero inda así sen perde-lo necesário tón crítico, S.T. Joshi fai un percorrido exhaustivo pola vida de Lovecraft, de tal xeito que non deixa sen explicación ningunha das moitísimas dúbidas e falsos mitos que durante todos estes anos fóronse acumulando sobre el.

En efecto, mália o seu xigantesco volume de correspondéncia, a figura e a obra de Lovecraft permanecen inda hoxe baixo un escuro e moitas veces interesado veo de iñoráncia e incomprensión que o fan ser inxustamente relegado do círculo de grandes literatos do século XX. Con este tomo, tódalas ideias falsas e mitos inxustificados son enxaugados por un autor coma Joshi que ten máis de 25 anos de estúdio de Lovecraft ás súas costas.

Para lér un comentário máis en profundidade deste libro, podédevos dirixir á sección A Chamada de Lovecraft deste mes.

Popularidade: 37% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...