El Gen

Categoría: Ciéncia-Ficción |

Capa do libroCalificación: *
Michael Cordy
Ediciones B, 1997
Idioma: Español
Título orixinal: The Miracle Strain
Traducción: Elvira Saiz

Con todo isto das clonacións e da história de Crichton sobre os dinosáuros, a Cordy se lle ocorreu que se é posible resucitar a un dinosauro usando os xenes atopados no sangue dun mosquito que lle chuchou o sangue, non sería posible clonar a Xesús Cristo usando algunha das relíquias que din que hai gardadas por todo o mundo?

Unha ideia tan descabellada pero ó mesmo tempo interesante e fantástica non merecía ser desenvolvida nunha novela tan espantosamente mal levada coma esta, por un autor que carecía por completo de experiéncia (foi a súa primeira novela), ou millor dito, cuia única experiéncia era a publicidade. E con mentalidade de “cultura de anúncio” é como está escrito este espanto.

A ideia central, para comezar, é moi distinta á que vos dicía no comezo, porque vai sobre un inverosímil millonário xénio da indústria farmacéutica que quere salvar á súa filla usando os xenes que seica contiña o corpo miragroso de Xesús. Pero aí non remata todo: están implicados case todos: os gobernos mundiais, a Internet, a mafia rusa, o Vaticano, os xudeus… en fin, que non aparece Snoopy pero é por pura casualidade. E a mistura só podía ser iso,
un caos completamente infumable, no que o autor demostra ser pouco menos ca un pailán en matéria relixiosa e teolóxica (o menos que se podía pedir é que se documentara un pouco). En fin, que se este tomo cae nas vosas mans… que Deus vos pille confesados.

Popularidade: 35% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...