Un saco de huesos

Categoría: Terror |

Capa do libroCalificación: Calificación Calificación Calificación
Stephen King
Plaza & Janés, 1998
Idioma: Español
Título Orixinal: Bag of bones
Tradución: Margarita Cavándoli

Cada vez que Stephen King saca unha novela, seica debe vir acompañada dalgunha extraña lenda ou rumor, se cadra para aumenta-las vendas, nun estudiado sistema de márketing, que a verdade é que dubido moito que lle sexa necesário. Esta vez o rumor é que o rei do terror retírase, e que esta é a súa derradeira novela. No seu website, nembargantes, desmíntese esta afirmación, pero hai rumores que son moi fortes, e seica o que máis o impulsou nesta ocasión foi o mesmo protagonista da novela, un escritor que despóis de perder á súa muller, retírase á casa de campo que tiñan nun afastado lugar de Nova Inglaterra, e que vai descubrindo non só que a casa está posuída por multitude de pantasmas, senón que non coñecía á súa muller tan ben como cría.

Inda que semella tér, de antemán, un argumento algo gastado (o tema do escritor en apuros xa o ten utilizado antes), a verdade é que Un saco de huesos alcanza en moitas ocasións un nivel excelente. Non podo dicir que me asustara lendo, pero si que logo non apetece demasiado apaga-la luz pola noite… nunca se sabe.

A parte final, nembargantes, vai perdendo forza, e cando ún chega á derradeira escena da “película”, inda quedan 200 páxinas, polo que a cousa alóngase considerablemente máis do necesário. ­Ah! E a derradeira frase, a que deu orixe ó rumor, é…

Popularidade: 30% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...