Capa do libroCalificación: Calificación Calificación Calificación Calificación
Arthur C. Clarke
Tradución de A. Gámez
Ultramar, 1989
Idioma: Español

Se hai un clásico da ciéncia ficción que os bós aventureiros dos anos 80 lembramos é “Cita con Rama”, por aquela aventura conversacional que apareceu para o Amstrad CPC e que desintegrouse dos estantes das tendas tan rápido que non deu tempo nin a velo, fomentando así a súa lenda. Cita con Rama é un dos primeiros grandes superéxitos de Clarke, e iso é bó en dous sensos: porque é de Clarke, debe ser bó, alomenos en princípio, e porque é dos primeiros, daquela si que é bó á forza.

Lembrando un pouco o argumento, descubrimos que o relato vai sobre unha nave extra-terrestre que un día aparece preto da Terra. Os científicos deciden chamala “Rama”, nome dun deus hindú, porque daquela xa se esgotaran tódolos nomes gregos e románs. Pero o problema é que non hai ninguén na bordo. Semella abandoada, ou se cadra non, porque cando entran, algúns sinais de vida comezan a se poñer en marcha… ¿ou son sinais de máquinas?

En resume, unha obra moi interesante e que como tódalas de Clarke non só conta cunha documentación extensísima e unha perfecta ambientación sociohistórica, senón que ademáis fainos pensar sobre a existéncia de vida extra-terrestre, sobre se Rama está ou non habitada, sobre se realmente os astronautas atoparon algo ou non a bordo, e moitas cuestións máis, que desgraciadamente Clarke tentou resolver en continuacións desta saga, a cada cal peor. Pero a orixinal é a orixinal.

Coma sempre, un “cero” para a traductora, unha das piores da história da literatura de tódolos tempos. Tan só por ela, é totalmente desaconsellable facerse coa edición aquí comentada, inda que porque está de oferta, é moito máis barata do habitual.

Popularidade: 47% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...