Calificación: 
Arthur C. Clarke
Tít. Orixinal: The Ghost from the Grand Banks
Tradución: Ana María de la Fuente
Plaza & Janés, 1990
Idioma: Español
Estamos no ano 2010. Dentro de dous anos cúmprense os 100 dende que o Titanic afundiuse no médio do Atlántico, e os seus restos, atopados hai moito tempo, están agora a piques de rexurdir, por mor da iniciativa de dúas persoas con moitas ganas de gasta-los cartos en empresas dubidosamente lucrativas.
Unha obra que xa ten algúns anos (coido que é do 91), e na que Clarke, seguramente por última vez, daba as súas particulares previsións para o ano 2000, que é o que acontece neste libro. Pero o de facer de Rappel non se lle dá ben nin a Rappel, así que xa podedes imaxina-lo que é desta obra hoxendía. Dicir que está desfasada é pouco: a única parte que acerta é a do Efecto 2000 nos ordenadores, pero segundo el, existe un programiña que o arranxa todo, e claro, o seu autor faise millonário. E cos millóns, decide patrocina-la recuperación do Titanic. Claro que o Titanic é moito Titanic e non se deixa recuperar, pero non porque sexa imposible (isto sabémolo hoxe, que está partido en tres e é imposible de poñer a frote de novo) senón por mor das “circunstáncias”. Ai, “os elementos”… xa afundiron á Armada de Felipiño Segundo, e seguen a facer das súas.
Popularidade: 49% [?]
chúzame -
menéame -


Categoría:

