Los Celtas

Categoría: Divulgativo |

Capa do libroCalificación: Calificación
Manuel Yáñez Solana
Edimat Libros, 1998
Español

Nados nos bosques de Xermánia para seren heroes, combatían espidos e levaban as cabezas dos seus inimogos colgadas das toscas selas. Cando llescravaban unha lanza, arrincábana e seguían combatendo até morrer de pé. Eran os celtas, un mito, un enigna, unha maldición… ¡ou o máis extraordinário! Tódolos elóxios e tódolos reproches se lles pode facer, porque tiveron nas súas mans o mundo, e o perderon por un absurdo senso do inmediato.

Amparáronse nos druidas, que eran meigos, sacerdotes, médicos, xuices, astrólogos, adiviños e os creadores das máis fabulosas lendas que se escrebiron en Occidente. Eles ensinaron que ósxoves se lles educa como indivídios, nunca como borregos. Pero introduciron os sacrifícios humáns, ós que se emprestaban osxoves máis fermosos e valentes, co fin de que os deuses deixasen de atrmentaren ó seu povo. Tamén amaban á muller, porque a consideraban o seu igual, ou acaso, máis brava que calquera home, alomenos cando cría que os seus se atopaban en perigo.


Estamos a reflectir ós celtas antigos, ó mito cargado de enignas. Pero ¿que ficou deses heroes? ¿Puideron ser inmortais como lles prometía a súa relixión? ¿Acaso seguen connosco?

Manuel Yáñez Solana resposta a estas preguntas, xunto a outras moitas máis, ó mesmo tempo que desenvolve unha história real, inda que en ocasións chegue parecer fantástica, como se estivera a escribir unha novela história, áque non lle faltan ningún dos elementos para ser toda unha epopea lendária, das que fascinan, e, á vez, estremecen.

Popularidade: 34% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...