Capa do libroCalificación: CalificaciónCalificaciónCalificaciónCalificaciónCalificación
Título orixinal: The demond-haunted world
Carl Sagan
Editorial Planeta, 1998
Español

¿Estamos ó borde dunha nova idade escura de irracionalismo e superstición? Neste libro conmovedor, o científico de renome internacional Carl Sagan demostra, argumentándoo con brillantez, que o pensamento científico é necesário para salvagarda-las nosas institucións democráticas e a nosa civilización técnica.

El mundo y sus demonios é máis persoal e está máis cheio de histórias humanas entrañables e reveladoras que todo o escrito por Sagan anteriormente. O autor, coas experiéncias da súa própria infáncia e a apaixoante história dos descobrementos da ciéncia, mostra como o método do pensamento racional pode superar prexuizos e supersticións para deixar ó descoberto unha verdade que, con frecuéncia, resulta abraiante.


Desenmascara de xeito convincente as “abduccións por extra-terrestres”, os “canalizadores”, o fraude dos curandeiros, a “Cara” de Marte, entre outras moitas falácias. Rexeita, asemade, a ideia de que a ciéncia destrúe a espiritualidade ou de que é outro sistema arbitrário de crénzas. Pregúntase por que a actividade científica adoita ser hoxe estigmatizada, discute os perigos de utilizar mal a ciéncia e proporciona un “método de detección de camelos” no pensamento político, social e relixioso.

O libro, lamentablemente, converteuse no testamento de Carl Sagan, falecido hai uns poucos anos. Se non fora pola ás veces penosa traducción, estariamos perante unha obra perfecta. Así que sinxelamente debémola calificar como obra mestra.

Popularidade: 42% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...