Calificación:

Título Orixinal: Pastwatch
Orson Scott Card
Ediciones “B”. Série Nova, 1998
Español
Nun futuro non demasiado afastado, un pequeno grupo de científicos e historiadores adican as súas horas a estudia-lo pasado cunha nova máquina de observación a través do tempo, a TruSite II. Por desgrácia o seu mundo é un lugar tráxico: a espécie humana ficou reducida a unha povoación de menos de mil millóns de persoas após dun século de guerras e plagas, de sequía, de inundacións e de fame. Houbo demasiadas extincións, demasiada terra ficou envelenada e baldía. A xente que sobrevive loita por renova-lo planeta, mentres os especialistas observan o pasado na busca das causas do seu terrible presente.
Un día, nembergantes, ó contempla-la terrible matanza das tribos caribeñas a mans dos españois, que conducidos por Cristóbal Colón se dirixen a “La Hispaniola”, a observadora Tagiri descobre que a muller a quen está a estudar tamén a está a estudar a ela, e interpreta esa imaxe como unha mensaxe dos deuses.
¿Podería alterarse o pasado? ¿Sería correcto que un pequeno grupo de observadores actuara de xeito que, ó tér éxito, fixera desaparecer unha liña temporal, inda que fora a súa própria? ¿Xustificaríase a súa acción se, grácias a ela, evitárase a morte de todo o planeta?
Unha brillante e emotiva disquisición sobre o tempo e as súas paradoxas, e moi especial, sobre osenso da história e a responsabilidade humán, sobre a colonización de América, a escravitude e os sacrifícios humáns.
Lástima do tradutor, que por se non fora pouca a súa laboura aniquiladora (¡dende o mesmo título!), adícase a “enmenda-la plana” ó autor, tentando facernos crér que só por ser español, sabe máis ca Orson Scott Card. Penosa esta actitude reaccionária e facha, e indigna de estar nun libro que se cadra por primeira vez en moito tempo, non é un panfleto mormón máis, como tantos outros libros de OSC.
Popularidade: 41% [?]
chúzame -
menéame -


Categoría:

