Capa do libroCalificación: Calificación Calificación
Título orixinal: Death in the Wings
Bram Stoker
Celeste Ediciones, 1999
Español

Para a maioría dos lectores, Bram Stoker (1847-1912) segue aser sinxelamente o home que escribiu Drácula. Esquecen así as súas restantes novelas e o seu longo repoertório de relatos curtos, a maioría deles tan intensos, orixinais e vixentes como a obra que lle deu a fama. Publicados en diferentes revistas ó longo da súa vida e moitos deles totalmente esquecidos e perdidos até que estudosos e eruditos os rescataron recentemente, os contos de Stoker amosan tamén a forte persoalidade do seu autor, as súas habilidades como narrador e a súa obsesión polo extraño, o sobrenatural e esotérico ou, sinxelamente, polo lado máis escuro do ser humán.


Nesta antoloxía, o leitor atopará várias das excursiones de Stoker no terreo do horror, a meirande parte delas inéditas en español: A cadea do destino, história de pantasmas na millor tradición gótica, As almas xemelgas, conto salvaxe e cruel que antecipa a moderna literatura de humor negro, O regreso de Abel Behenna, relato de ambiente mariño cercano ó espírito de Robert Louis Stevenson, Morte entre bastidores, crónica dun sórdido crime que se desenvolve no mundo do teatro e baseada nun suceso real, ou O home de Shorrox, un simpático cadro de costumes cheio do gracexo irlandés e algún que outro detalle macabro.

Popularidade: 74% [?]



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 


  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...