NOVA FANTASIA | Ad Litteram » Ciéncia-Ficción

Observadores del pasado: La redención de Cristóbal Colón
Calificación:

Título Orixinal: Pastwatch

Orson Scott Card

Ediciones “B”. Série Nova, 1998

Español

Nun futuro non demasiado afastado, un pequeno grupo de científicos e historiadores adican as súas horas a estudia-lo pasado cunha nova máquina de observación a través do tempo, a TruSite II. Por desgrácia o seu mundo é un lugar tráxico: a espécie humana ficou reducida a unha povoación de menos de mil millóns de persoas após dun século de guerras e plagas, de sequía, de inundacións e de fame. Houbo demasiadas extincións, demasiada terra ficou envelenada e baldía. A xente que sobrevive loita por renova-lo planeta, mentres os especialistas observan o pasado na busca das causas do seu terrible presente.

Un día, nembergantes, ó contempla-la terrible matanza das tribos caribeñas a mans dos españois, que conducidos por Cristóbal Colón se dirixen a “La Hispaniola”, a observadora Tagiri descobre que a muller a quen está a estudar tamén a está a estudar a ela, e interpreta esa imaxe como unha mensaxe dos deuses.

¿Podería alterarse o pasado? ¿Sería correcto que un pequeno grupo de observadores actuara de xeito que, ó tér éxito, fixera desaparecer unha liña temporal, inda que fora a súa própria? ¿Xustificaríase a súa acción se, grácias a ela, evitárase a morte de todo o planeta?

Unha brillante e emotiva disquisición sobre o tempo e as súas paradoxas, e moi especial, sobre osenso da história e a responsabilidade humán, sobre a colonización de América, a escravitude e os sacrifícios humáns.

Lástima do tradutor, que por se non fora pouca a súa laboura aniquiladora (¡dende o mesmo título!), adícase a “enmenda-la plana” ó autor, tentando facernos crér que só por ser español, sabe máis ca Orson Scott Card. Penosa esta actitude reaccionária e facha, e indigna de estar nun libro que se cadra por primeira vez en moito tempo, non é un panfleto mormón máis, como tantos outros libros de OSC.

El espectro del Titanic
Calificación:

Arthur C. Clarke

Tít. Orixinal: The Ghost from the Grand Banks

Tradución: Ana María de la Fuente

Plaza & Janés, 1990

Idioma: Español

Estamos no ano 2010. Dentro de dous anos cúmprense os 100 dende que o Titanic afundiuse no médio do Atlántico, e os seus restos, atopados hai moito tempo, están agora a piques de rexurdir, por mor da iniciativa de dúas persoas con moitas ganas de gasta-los cartos en empresas dubidosamente lucrativas.

Unha obra que xa ten algúns anos (coido que é do 91), e na que Clarke, seguramente por última vez, daba as súas particulares previsións para o ano 2000, que é o que acontece neste libro. Pero o de facer de Rappel non se lle dá ben nin a Rappel, así que xa podedes imaxina-lo que é desta obra hoxendía. Dicir que está desfasada é pouco: a única parte que acerta é a do Efecto 2000 nos ordenadores, pero segundo el, existe un programiña que o arranxa todo, e claro, o seu autor faise millonário. E cos millóns, decide patrocina-la recuperación do Titanic. Claro que o Titanic é moito Titanic e non se deixa recuperar, pero non porque sexa imposible (isto sabémolo hoxe, que está partido en tres e é imposible de poñer a frote de novo) senón por mor das “circunstáncias”. Ai, “os elementos”… xa afundiron á Armada de Felipiño Segundo, e seguen a facer das súas.

Bailarina
Calificación:

Manuel Seixas

Ed. Xerais, 1999

Col. Narrativa

Corre o ano 2120 e o mundo está convertido nun espacio de realidade virtual e de submisión ao líder. As xentes carecen dunha identidade propia que lles impide saber quen son ou qué é o que están a facer no mundo.

Fronte a este panorama frío e desolador os personaxes tentan atopar a a súa identidade persoal, o sentido da súa existéncia a través do labirinto de información mediatizada que bule ó seu arredor.

Os sentimentos e a paixón amorosa será o médio empregado para saír dun mundo gobernado pola razón e a tecnoloxía.

Unha novela de ciéncia ficción chea de referéncias a outras obras clásicas do mesmo estilo, onde fican mesturados o mistério, a acción e os sentimentos.

Unha fantástica viaxe polo futuro onde Manuel Seixas deixa ó abeiro do lector as respostas das eternas preguntas da humanidade.

Cita con Rama
Calificación:

Arthur C. Clarke

Tradución de A. Gámez

Ultramar, 1989

Idioma: Español

Se hai un clásico da ciéncia ficción que os bós aventureiros dos anos 80 lembramos é “Cita con Rama”, por aquela aventura conversacional que apareceu para o Amstrad CPC e que desintegrouse dos estantes das tendas tan rápido que non deu tempo nin a velo, fomentando así a súa lenda. Cita con Rama é un dos primeiros grandes superéxitos de Clarke, e iso é bó en dous sensos: porque é de Clarke, debe ser bó, alomenos en princípio, e porque é dos primeiros, daquela si que é bó á forza.

Lembrando un pouco o argumento, descubrimos que o relato vai sobre unha nave extra-terrestre que un día aparece preto da Terra. Os científicos deciden chamala “Rama”, nome dun deus hindú, porque daquela xa se esgotaran tódolos nomes gregos e románs. Pero o problema é que non hai ninguén na bordo. Semella abandoada, ou se cadra non, porque cando entran, algúns sinais de vida comezan a se poñer en marcha… ¿ou son sinais de máquinas?

En resume, unha obra moi interesante e que como tódalas de Clarke non só conta cunha documentación extensísima e unha perfecta ambientación sociohistórica, senón que ademáis fainos pensar sobre a existéncia de vida extra-terrestre, sobre se Rama está ou non habitada, sobre se realmente os astronautas atoparon algo ou non a bordo, e moitas cuestións máis, que desgraciadamente Clarke tentou resolver en continuacións desta saga, a cada cal peor. Pero a orixinal é a orixinal.

Coma sempre, un “cero” para a traductora, unha das piores da história da literatura de tódolos tempos. Tan só por ela, é totalmente desaconsellable facerse coa edición aquí comentada, inda que porque está de oferta, é moito máis barata do habitual.

Pórtico
Calificación:

Frederick Pohl

Tradución de Pilar Giralt

Ultramar, 1987

Idioma: Español

Nunca está de máis dar un repasiño ós vellos clásicos, que son tan recomendables, e inda máis, cás novidades que van aparecendo no mercado editorial. E entre os da CF, seguramente aparecerá en tódalas listas dos millores de tódolos tempos esta obra de Frederick Pohl, da que xa pouco se pode contar.

Para os que non-a coñezan, dicir que o argumento xira ó redor dun aventureiro, nun mundo futuro, que decide deixa-las minas onde traballaba para irse a “Pórtico”, un lugar onde os perigos son moi grandes pero as posibles recompensas inda maiores. A súa laboura consiste en ir a explorar novos mundos a bordo dunhas naves extra-terrestres descubertas hai xa moitos anos nun asteroide e que inda non se sabe moi ben como funcionan. O único que se sabe delas é que ún sube, dalle a uns botóns, e aparece após dun tempo noutro lugar. E ese lugar pode estar xa descuberto o non, pode ser un lugar que pague a pena explotar ou non, e pode mesmo ser un lugar tan inhabitable coma un sol ou un burato negro, polo que moitos nunca regresan, ou volven mortos. O noso protagonista non é ningún heroe. É, de feito, un covarde. E non se atreve a marchar nunca. Nembergantes, a preséncia dunha guapa compañeira poderá facerlle mudar de ideia…

Unha história non só conmovedora, senón épica e magnífica. Unha obra de ciéncia ficción que ningún afeccionado debería perderse xamáis, pero que na nosa edición en español (mercada a prezo de saldo) é un auténtico desastre. A traducción é lamentable, as expresións utilizadas soan a chinés, e as erratas e mesmo faltas de ortografía son tantas e tan numerosas que é imposible pensar que se deban só ós “trasnos da imprenta”. Resultado: que unha obra maxistral fica convertida en lixo por mor dunha edición penosa.

El Gen
Calificación: *

Michael Cordy

Ediciones B, 1997

Idioma: Español

Título orixinal: The Miracle Strain

Traducción: Elvira Saiz

Con todo isto das clonacións e da história de Crichton sobre os dinosáuros, a Cordy se lle ocorreu que se é posible resucitar a un dinosauro usando os xenes atopados no sangue dun mosquito que lle chuchou o sangue, non sería posible clonar a Xesús Cristo usando algunha das relíquias que din que hai gardadas por todo o mundo?

Unha ideia tan descabellada pero ó mesmo tempo interesante e fantástica non merecía ser desenvolvida nunha novela tan espantosamente mal levada coma esta, por un autor que carecía por completo de experiéncia (foi a súa primeira novela), ou millor dito, cuia única experiéncia era a publicidade. E con mentalidade de “cultura de anúncio” é como está escrito este espanto.

A ideia central, para comezar, é moi distinta á que vos dicía no comezo, porque vai sobre un inverosímil millonário xénio da indústria farmacéutica que quere salvar á súa filla usando os xenes que seica contiña o corpo miragroso de Xesús. Pero aí non remata todo: están implicados case todos: os gobernos mundiais, a Internet, a mafia rusa, o Vaticano, os xudeus… en fin, que non aparece Snoopy pero é por pura casualidade. E a mistura só podía ser iso,

un caos completamente infumable, no que o autor demostra ser pouco menos ca un pailán en matéria relixiosa e teolóxica (o menos que se podía pedir é que se documentara un pouco). En fin, que se este tomo cae nas vosas mans… que Deus vos pille confesados.

En la boca del dragón
Calificación:

Ken Follet

Editorial Grijalbo, 1998

Idioma: Español

Título orixinal: Hammer of Eden

Tradución: María Vidal Campos

É posible fabricar artificialmente un terremoto? Coma se o medo que lle teñen (non do todo inxustificadamente) os americanos ós movementos sísmicos non fose abondo, o novelista inglés Ken Follet explora a posibilidade de que un grupo terrorista se apodere dun artefacto que faga posible crear terremotos, xusto coma fixo o malvado Lex Luthor na primeira parte da saga de Superman, pero desta volta sen necesidade de bombas atómicas.

A novela é o clásico thriller, que seica é o único que xa nos chega da literatura inglesa, coma se non houbera outras cousas. Escrita co habitual bo ritmo de Follet e cos seus persoaxes peliculeiros (a rapaza do FBI, os terroristas, esta vez tan parvos que atá o seu xefe é analfabeto…), case deseñados expresamente para apareceren na versión no cinema, déixase lér, é agradable e áxil, e ten interese atá as páxinas finais, todo o cal é dende logo máis do que se pode afirmar doutros moitos.

E na parte negativa, moi negativa, unha traducción francamente lamentable, dirixida ó mercado sudamericano, escrita por unha persoa que sabe tanto da cultura americana coma o oso Yogi de física nuclear. E excuso seguir por este camiño porque xa sabedes o que opino das traducións.