NOVA FANTASIA | Ad Litteram » Divulgativo

El mundo y sus demonios
Calificación:

Título orixinal: The demond-haunted world

Carl Sagan

Editorial Planeta, 1998

Español

¿Estamos ó borde dunha nova idade escura de irracionalismo e superstición? Neste libro conmovedor, o científico de renome internacional Carl Sagan demostra, argumentándoo con brillantez, que o pensamento científico é necesário para salvagarda-las nosas institucións democráticas e a nosa civilización técnica.

El mundo y sus demonios é máis persoal e está máis cheio de histórias humanas entrañables e reveladoras que todo o escrito por Sagan anteriormente. O autor, coas experiéncias da súa própria infáncia e a apaixoante história dos descobrementos da ciéncia, mostra como o método do pensamento racional pode superar prexuizos e supersticións para deixar ó descoberto unha verdade que, con frecuéncia, resulta abraiante.

Desenmascara de xeito convincente as “abduccións por extra-terrestres”, os “canalizadores”, o fraude dos curandeiros, a “Cara” de Marte, entre outras moitas falácias. Rexeita, asemade, a ideia de que a ciéncia destrúe a espiritualidade ou de que é outro sistema arbitrário de crénzas. Pregúntase por que a actividade científica adoita ser hoxe estigmatizada, discute os perigos de utilizar mal a ciéncia e proporciona un “método de detección de camelos” no pensamento político, social e relixioso.

O libro, lamentablemente, converteuse no testamento de Carl Sagan, falecido hai uns poucos anos. Se non fora pola ás veces penosa traducción, estariamos perante unha obra perfecta. Así que sinxelamente debémola calificar como obra mestra.

Los Celtas
Calificación:

Manuel Yáñez Solana

Edimat Libros, 1998

Español

Nados nos bosques de Xermánia para seren heroes, combatían espidos e levaban as cabezas dos seus inimogos colgadas das toscas selas. Cando llescravaban unha lanza, arrincábana e seguían combatendo até morrer de pé. Eran os celtas, un mito, un enigna, unha maldición… ¡ou o máis extraordinário! Tódolos elóxios e tódolos reproches se lles pode facer, porque tiveron nas súas mans o mundo, e o perderon por un absurdo senso do inmediato.

Amparáronse nos druidas, que eran meigos, sacerdotes, médicos, xuices, astrólogos, adiviños e os creadores das máis fabulosas lendas que se escrebiron en Occidente. Eles ensinaron que ósxoves se lles educa como indivídios, nunca como borregos. Pero introduciron os sacrifícios humáns, ós que se emprestaban osxoves máis fermosos e valentes, co fin de que os deuses deixasen de atrmentaren ó seu povo. Tamén amaban á muller, porque a consideraban o seu igual, ou acaso, máis brava que calquera home, alomenos cando cría que os seus se atopaban en perigo.

Estamos a reflectir ós celtas antigos, ó mito cargado de enignas. Pero ¿que ficou deses heroes? ¿Puideron ser inmortais como lles prometía a súa relixión? ¿Acaso seguen connosco?

Manuel Yáñez Solana resposta a estas preguntas, xunto a outras moitas máis, ó mesmo tempo que desenvolve unha história real, inda que en ocasións chegue parecer fantástica, como se estivera a escribir unha novela história, áque non lle faltan ningún dos elementos para ser toda unha epopea lendária, das que fascinan, e, á vez, estremecen.

Os celtas. Os deuses esquecidos
Calificación:

Título orixinal: Les celtes. Les dieux oubliés

Marcel Brasseur

Editorial ToxoSoutos. Série Keltia, 1999

Idioma: Galego

Quen sabe, ainda hoxe, que o universo mental dos Celtas, os nosos antepasados, é o producto da fusión de dúas culturas: aquela dos agricultores neolíticos dos megalitos, sedentários adoradores da Terra Nai e do deus fecundante da Tempestade, e aquela dos indoeuropeos, povo guerreiro cun panteón de cinco deuses activos?

Despregándose dende as chairas do Póntico norde, eles conquistaron o mundo, dende a Índia atá Irlanda, hai xa moito tempo… Esta gradiosa simbiose deu forma ó Occidente céltico, ese império abortado, atá que a romanización, despóis a cristianización, aniquilou atá a lembranza dun modo de pensar que foi o património relixioso común de Europa durante mil anos.

É este universo mítico o que o autor intentou reconstruir aquí, coa finalidade de facer accesible o maior número de datos esquecidos dunha paisaxe mental desaparecida.

Deuses de soberanía terrible ou benfeitores, deuses da guerra, deuses protectores das artes e das técnicas e a Grande Deusa Multiforme proliferan aquí, para o pracer daqueles que, na procura das súas orixes, irán á descoberta dun mundo cultural despóis dun longo esquecemento.

Selected Letters, V
Calificación:

H.P. Lovecraft

Arkham House, 1976

Idioma: Inglés

Velaquí outra desas raras pezas de coleccionista que todo bó amante de Lovecraft debería tér, ou alomenos, esixi-la súa traducción para que tamén o poidamos disfroitar aquí. Claro que agora con isto da Internet, o que non ten libros en inglés é porque non quere, e quen non sabe inglés, pois que vaia aprendendo (iso si, o galego é o primeiro, por suposto).

Con este tomo, publicado en 1976, a Editorial Arkham House pechou a súa colección de cartas seleccionadas de H.P. Lovecraft. Coma ben saberedes, o mestre de Providence pasouse média vida escribindo cartas, e polo que se mira, moi interesantes. Eu decedinme a merca-lo tomo quinto por se-lo derradeiro e polo tanto expresarse nel as opinións máis avanzadas e máis perfeccionadas de Lovecraft. E abofé que é así, porque neste libro imos atopar un Lovecraft seguramente moi distinto de todo aquelo que moitos imaxinan.

Claro que para comezar, habería (unha vez máis, pero aquí xa é demasiado descarado) que chama-laatención sobre esa introducción falsa na que Lin fai un suposto repaso ó pensamento lovecraftiano. Xa chega un intre no que non se sabe se é por iñoráncia ou por auténtica mala fe, pero resulta incrible e patético que na introducción se nos describa a un Lovecraft pouco menos ca filonazi e feixista e logo nos atopemos que nas súas cartas se autodefine coma socialista e admirador de Roosevelt e do “New Deal”. ¿É que o introductor nin tan sequera leuse o libro antes ou é que quere sinxelamente camelarnos?De calquera xeito, é unha leitura moi interesante por moitos outros motivos, á parte de tentar descubri-lo que pensaba o creador de Cthulhu. Se queredes un repaso máis amplo, consultade a sección deste mes de A Chamada de Lovecraft.

H.P. Lovecraft: A Life
Calificación:

S.T. Joshi

Idioma: Inglés

Necronomicon Press, 1997

Biografía do que foi o máis importante autor do xénero de terror do século XX, este libro aparecido nos Estados Unidos no ano 1996 (en realidade no 97, porque a versión en tapa dura foi tan limitada que seica esgotouse nuns poucos días) e inda sen traducción ó español nin “por suposto” ó galego é unha pequena alfáia que ningún admirador da figura de Howard Phillips Lovecraft debería perderse.

Escrita dende un punto de vista de simpatía co autor e coa súa obra, pero inda así sen perde-lo necesário tón crítico, S.T. Joshi fai un percorrido exhaustivo pola vida de Lovecraft, de tal xeito que non deixa sen explicación ningunha das moitísimas dúbidas e falsos mitos que durante todos estes anos fóronse acumulando sobre el.

En efecto, mália o seu xigantesco volume de correspondéncia, a figura e a obra de Lovecraft permanecen inda hoxe baixo un escuro e moitas veces interesado veo de iñoráncia e incomprensión que o fan ser inxustamente relegado do círculo de grandes literatos do século XX. Con este tomo, tódalas ideias falsas e mitos inxustificados son enxaugados por un autor coma Joshi que ten máis de 25 anos de estúdio de Lovecraft ás súas costas.

Para lér un comentário máis en profundidade deste libro, podédevos dirixir á sección A Chamada de Lovecraft deste mes.

Guía da Galiza máxica
Calificación:

Vítor Vaqueiro

Editorial Galaxia, 1998

Idioma: Galego

O roteiro ofrecido polo autor desta fantástica Guía da Galiza máxica, tan ben feita coma necesária, pretende achegar ós lectores o mundo da máxia, da lenda, do mito, ou do conto marabilloso que povoan a nosa xeografía.

É un acto de xustiza con aqueles lugares que ó seren visitados pasan desapercibidos nos manuais de arte, história ou xeografía que temos atá o momento, unhas veces magníficos por eles mesmos e outras insignificantes, mais non polos feitos acontecidos neles.

A modo de exemplo, é de sobra coñecida por todos a pedra de abalar que leva séculos sendo muda testemuña das traxédias dos mariñeiros na Costa da Morte, nembargantes pouca xente coñece a existéncia da princesa que enfeitizada de alfaias levaba ás súas costas o pedar dos cadrís, e que arestora fica inda baixo aquelas pedras.

Son estas e outras moitas curiosidades da Galiza as que nos oferta o libro de Vítor Vaqueiro, quen durante moito tempo adicouse a recopilar todas estas histórias que agora poden ve-la luz nunha magnífica (e cara) edición feita pola editorial Galáxia.