NOVA FANTASIA | Ad Litteram » Fantasia

Os dominios de Gólgur
Calificación:

John Alonso

Morgante, 2007

Estamos en terras do ducado de Miranda e corre o ano do Noso Señor de… ei, agarden! Non é ano do Noso Señor, porque esta non é terra cristiá, senón un reino onde impera a maxia, onde os humanos conviven cos ananos, coas delsias e cos demos, e onde o duque conspira porque quere ser rei, para o que contratará á clásica compañía roleira, a de seres que representan cadansúa raza.

Polo mapa do noroeste de Galiza tres personaxes percorrerán vilas e aldeas sen termos moi claro as súas motivacións, xa que agás Exerio non coñecemos o que pensan os protagonistas até o precipitado remate; e é que semellaba que aínda ficaban moitas cousas por aclarar antes desa fin.

A trama ten moito máis de descrición que de emoción, literatura doada, de ler e de esquecer, entretida, sen máis pretensións cás de facer pasar unhas horas agradábeis aos moitos afeccionados á fantasía, ao rol e á maxia que desexamos produtos en galego. Porén, o atrevemento da editorial Rinoceronte co seu novo selo Morgante pagarase coa moeda do desprezo polos que só procuran a extrema corrección literaria e non o simple divertimento do que non deixa de ser unha industria ademais dunha arte. John Alonso (A Coruña, 1967) nunca será candidato ao Nobel, pero de contar coa debida axuda por parte das editoriais do noso país si que podería ser o fundador dun segmento do mercado inxustamente esquecido.

Falando desapaixonadamente, hai que facer un balance equilibrado. O libro semella obviamente escrito por e para un roleiro, adoece de fluidez, de redondez e mesmo de sinxeleza, pero no outro prato podemos poñer o galego ben corrixido, o intento pioneiro de facer unha ucronía galega, un what if de Galiza sen cristianismo, e sobre todo o valor de escribir un relato longo con temática fantástica que pode ser clasificado coma novidade moi significativa nas nosas letras.

Goor - A Crónica de Feaglar II
Calificación:

Pedro Ventura

Editorial: Papiro Editora (2007)

Por fin chegou ás nosas mans a segunda parte da Crónica de Feaglar. E se me pedides que vola resuma nunha frase, direi-vos que concordo que as segundas partes non son boas, neste caso, son mellores!

Nesta segunda parte acabaron as presentacións e comeza a aventura sen mais dilacións. Cun desenrolo xa prácticamente liñal e mais lixeiro, a longa viaxe deica Goor vainos esclarecendo moitas das dúbidas ao redor dos personaxes principais, da súa verdadeira orixe e das súas motivacións.  Pouco a pouco imos desfiando a madeixa, e imos comprobando como algunha das nosas suposicións eran certas, e tamén, imos sorprendéndo-nos con novas revelacións. É certo que existe o Draidex, e que cómpre acadalo antes de que caia nas mans de Calicíada, unha  raiña cobizosa e sen escrúpulos, capaz do pior. Pero tamén é certo que a pesares das profecías, o consegui-lo dependerá da resolución dos homes. Porén, o Draidex é apenas a punta dun iceberg. Arredor del existe todo un mundo xa desaparecido pero que pode influir de forma decisiva no futuro do que xa coñecemos.

Podemos facer duas lecturas diferentes: unha, as aventuras e desventuras duns homes coraxosos loitando por conservar o único mundo que coñecen, e outra, para min mais interesante aínda, as chaves da verdadeira natureza humana, capaz do mellor e do peor. O heroe por excelencia, Feaglar, revélase coma un home coas mesmas fraquezas que calquera outro, que falla ás suas mais férreas conviccións e promesas por ser apenas iso, un home.

O ben  e o mal nunca son absolutos, e personaxes que poden parecer abomináveis nun momento, conseguen gañar a nosa simpatía noutra altura simplemente porque no fondo, e todos sabemos iso, a vida pon-nos en situacións nas que nada do que creiamos é inmutábel.  A grandeza da historia reside, ao meu parecer, neste punto. Porque é unha historia de seres humanos. Non é unha epopeia, é un reflexo do que podería pasar en calquera parte, se eliminásemos os elementos máxicos ou fantásticos.  Non hai vitórias ou derrotas absolutas, e algunhas das vitórias son realmente amargas. Pero iso é algo que só lendo esta crónica pode ser descuberto. Dar mais detalles sería innecesário, coido eu, e podería mesmo romper a máxia da lectura. Polo tanto, amigos, facédeos cun exemplar e sacade as vosas próprias conclusións.

Eu pola miña banda só podo dicir que fico coa mesma sensación que cando acabo un bo libro ou unha película: qué magoa que xa acabase,  pero disfrutei tanto mentras…

De novo, os nosos parabéns, Pedro e deica outra!

Goor - A Crónica de Feaglar I
Calificación:

Pedro Ventura

Editorial: Papiro Editora (2006)

Antes de vos presentar o meu parecer sobre a novela de Pedro Ventura, A Crónica de Feaglar, coido que deberia aclarar que non son una leitora habitual do xénero fantástico, o que fai que me encare ao texto dende unha perspectiva tal vez menos viciada. Tamén gostaría de facer unha louvanza á capa. Sei que o continente non é o mais importante, pero tamén por deformación profesional coido que ao ser a primeira percepción que temos do libro, esta debe ser boa, e neste caso, tráta-se dunha excelente presentación.

En principio, cháma-me a atención o estilo narrativo, nada complicado e moi directo. Nada a ver có seu compatriota Saramago, por exemplo, pero estamos a falar de duas visións completamente diferentes da literatura, polo que as comparanzas sobran. Ainda que coido que os leitores agradecerán que Pedro non perda o tempo con filigranas estilísticas e pase a revelarnos mediante unha técnica concéntrica as chaves da história. E digo isto porque o que en principio poden parecer detalles sen importancia, a medida que transcurre a acción, imos decatándonos de que aquel episodio sobre o que pasa sen facer ruido, resulta revelador. Póren en conxunto debemos dicir que á vez que avanza a historia, o mistério que rodea ao Draidex, faise aínda mais intrincado, envolvendo todo o que se pasa nos Sete Reinos: Qué é o Draidex? Por que algo do que ninguén sabe se existe ou non convérte-se de súpeto en algo tan cobizado? Por que Feaglar, o rei dhorian vé-se case obrigado a saír na súa procura cando nin el mismo cré na súa existencia?

Ainda que os ingredientes utilizados nesta novela son abundantes no xénero fantástico – un elemento máxico, a loita eterna entre o Ben e o Mal, unha viaxe iniciática, a aparición dun personaxe-talismán…- debo recoñecer que dá vontade de ler o libro dunha soa vez para atopar resposta a todas as preguntas que van xurdindo na nosa mente. Pode ser que ao comezo pareza unha história típica, pero como se adoita a dicir, engancha.

Cando chegamos ao final desta primeira parte, o noso corazón xa está tamén pronto para viaxar có rei Feaglar, a súa enigmática muller Gar-Dena e o resto de valentes cára a Goor, a terra maldita, na procura do mítico Draidex antes de que caia nas mans erradas e mude para sempre o mundo coñecido polos homes.

Agora, que Pedro Ventura consiga responder ás expectativas criadas na tan desexada 2ª parte, só depende da súa habilidade coma escritor. E despois do lido, non duvidamos de que o acadará.

Bom sucesso, Pedro, e obrigados por esta história.

Triloxía de Tamuli
Calificación:

Títulos: Domes of Fire, La ciudad oculta e Los seres fulgentes

David Eddings

Editoriais: Voyager (1995), Grijalbo (1994)

Ainda que xa non son novidades, traemos á palestra a esta triloxía escrita por ún dos autores máis salientábeis da fantasía a nivel mundial, David Eddings.

Eddings acadou facer-se un nome dentro do mundo do fantástico cunha série de dez libros, a Belgariada, con persoaxes memorábeis, diálogos frescos e acción a tope, pero cun argumento demasiado elemental e non moi orixinal. O seu éxito levouno a crear un novo mundo, cunha triloxía (os Elénios) que tamén resultou un éxito, ainda que non tan grande coma o anterior. A triloxía que vos presentamos hoxe é a do Tamuli, a continuación dos Elénios.

Dentro de España Eddings tivo que sofrir coma tantos outros a man dos tradutores. Para realizar esta revisión conxunta tiven a fortuna de poder ler dúas edicións distintas: un tomo en inglés orixinal (Cúpulas de Fogo), e outros dous coma traducións (A cidade agocha e Os fulxentes). Non sería xusto se non dixese que obviamente o primeiro é o máis recomendábel e por suposto o millor escrito.

O argumento xira ao redor dun persoaxe ao que xa coñecemos os fans de Eddings: Sir Sparhawk, ou nunha das traducións prévias, a de Timun Mas, “o cabaleiro Falquián”. É curioso como esa aberrante manía española de traducir os nomes non resulta nunha obra tan mala como cabería coidar: de feito, a tradución de Dolors Gallart para Timun Mas é das máis atraíntes, se cadra pola linguaxe empregada, adaptada a un lector de español. Pero por suposto, afastada da ideia orixinal.

En calquera caso, nesta nova triloxía trasladámonos até o reino do Tamuli, no Leste dos reinos que xa coñeciamos da anterior triloxía de Sparhawk. O noso heroe, xa casado coa raíña Ehlana, e da que tivo como filla á deusa Afrael, ainda está baixo a disciplina da Orde dos Cabaleiros Pandións. Básicamente esta história é a mesma cá da anterior triloxía, pero cun escenário distinto e cun deus malvado distinto (esta vez moito pior có anterior, como corresponde a unha saga da que o creador das Bólas Máxicas se sentiría orgulloso).

O afastado reino do Império Tamul corre un perigo grave: un malvado está a tentar invocar a un deus perigosísimo para que lle axude a se facer co control do império, pero nin este malvado sabe o risco que hai en facer tal cousa. Sparhawk, o vencedor do deus Azash e salvador dos Elénios, é chamado para axudar ao Emperador, polo que deberá viaxar a través du nenorme continente axudado pola deusa Afrael e acompañado de todos os persoaxes que xa nos son familiares, incluindo á súa mesma esposa, a caprichosa raíña Ehlana.

Após de moitos perigos, Sparhawk chega á capital das cúpulas de fogo, onde deberá loitar contra insurreccións, confabulacións palacegas, e malvados de opereta aos que só lles falta a musiquiña sincopada para que nos decatemos de que son os inimigos aos que hai que derrotar.

Nun escenário coma este, de falsa épica e tantos estereotipos xuntos, é o humor o que salva o conxunto. Hai que recoñecer que Eddings sabe escribir e que é quen de manter o suspense mália o evidente do resultado final, no que é a forza bruta e os puños os que sempre salvan a situación. Non podemos comentar moito máis para non desvelar as moitas sorpresas que deparan ao leitor, ainda que por motivos que nos sexan completamente alleos, abonda con lér a contracapa dos libros para saber exactamente o que acontece ao final de cada tomo! Así que xa sabedes, cómpre non ollar esa parte, arrincala, ou poñer-lle un papel por riba porque é un spoiler total.

Máxia, aventuras, acción… nunha triloxía de libros que nunca has disfrutar tanto coma cando os leas por primeira vez. Literatura chicle, de usar e tirar? Se cadra si, pero mentres dura o sabor, o chicle sabe ben.

La Cólera de Nébulos
Calificación:

Francisco Javier Illán Vivas

Editorial: Nausícaä, 2006

Se a fantasía heróica en xeral e a épica en particular describíron-se decote polos críticos máis asisados coma xéneros pouco desenvolvidos no sentido histórico, La Cólera de Nébulos non será definitivamente a novela que nos faga mudar de opinión. Dende un punto de vista claramente épico, a obra do escritor murciano Francisco Javier Illán Vivas (1958) introdúce-nos na epopéia de dous persoaxes, ún principal (Eleazar) e outro secundário (Eostes), creados coma epígonos do clásico dúo señor – escudeiro, e no que polo tanto as novidades literárias son exíguas.

Eleazar, fillo do deus Nébulos, introdúce-se xunto ao seu compañeiro na terra erma de Chandigarán, por motivos que nos son alleos, e por eses mesmos motivos resulta castigado polo seu pai celestial cunha maldición da que pouco se nos dí, agás que para erguela deberán pasar por unha série de probas. A relación dos feitos é pois a principal e case exclusiva história que se nos narra no libro, nunha edición sorprendentemente boa da Nausícaä.

Respondendo ao senso clásico das cousas, os personaxes son estereotipados, nunca vai abraiarnos nada do que fagan. Nombergantes, son descritos dun xeito moi escueto en relación co rico, ás veces mesmo exuberante desfile de adxectivos, cun estilo que por veces tenta imitar ao lovecraftián, mentres que os feitos narrados son unha relación non sempre argumentada de acontecementos aos que non podemos cualificar como suxeitos á teórica da causa-efecto. A verdade é que o persoaxe millor logrado é o do meigo Barbarrabás, un indivíduo estremo pero que se cadra é por iso polo que se afasta do modelo arquetípico no que semellan encerrados os demáis. As paisaxes responden a un concepto moi jüngeniano das histórias, que non precisan moito siso para comprender á primeira se un persoaxe é bó ou malo, mesmo ás veces tan sólo polo seu nome.

E é que o capítulo dos nomes debería ser un á parte nesta novela: recollendo toda a tradición mediterránea, o autor ofrécenos un auténtico desfile de culturas e tradicións agochas baixo cada nome de lugar, de persoa ou de cousa. Grécia, Roma, Israel, Ásia, e sen que falten tamén algunhas referéncias á Europa nórdica, pasan perante os nosos ollos nunha mistura non doada de descrifrar e sen que a primeira vista se poida establecer claramente a xeografía deste peculiar mundo. Esta aclaración á xusta curiosidade do lector sempre ficará pendente de se resolver para o vindeiro capítulo, así até rematar o libro, claramente escrito ao longo de moitos anos, o que nos deixa co mel nos beizos cando de súpeto remata sen nos dar explicación a case ningunha das moitas interrogantes deixadas no ár ao longo das súas case 300 páxinas.

Libro recomendado para todas as idades (mália algúns esforzos moi inxénuos por falar de sexo nalgunhas escenas das que se podería ter sacado bastante máis), La cólera de Nébulos é unha desas histórias que che van atrapando sen outro fundamento que o de saber o que será o que aconteza na seguinte páxina.. e se por fin os nosos heroes van ser quen de amosar todo o seu poder nesta história de superheroes contra superfalcatruáns!

O brindo de Ouro I. A chamada do Brindo
Calificación:

Xesús Manuel Marcos

Edicións Xerais, Col. Fóra de Xogo, 2004

Selmo é un rapaz, fillo do gardián da tribo dos Arxinas. Un día a súa aldea é destruída polos valecos, un povo inimigo, axudados misteriosamente polos Alibri, quen até ese intre foran aliados dos Arxinas.

Acompañado por un representante de cada tribo e máis polo seu fiel lobo branco, Selmo terá a misión de pescudar o que aconteceu e de recuperar o Brindo de Ouro, o lendário corno máxico que infunde valor aos Arxinas e que foi roubado na invasión da aldea.

Este argumento é o de O Brindo de Ouro, un libro pertencente ao xénero da Literatura fantástica na súa verquinte máis épica e aventureira, pero dirixida pola Editorial (así o confirma a concesión do Prémio Merlín) a un público xuvenil.

Escrita cun vocabulário que de seguido nos impacta pola súa riqueza que semella case estudada a mantenta e polo seu contido case poético, a novela de á penas 230 páxinas fai-se curta de máis para un proxecto das súas pretensións, e é por iso polo que leva o subtítulo de I. A Chamada do Brindo, suxerindo novos episódios, que a dicir verdade fican no aire porque son poucas as cousas totalmente resoltas cando ún pecha o libro após da súa lectura e son moitas as ganas de coñecer que máis acontece na vida destes personaxes.

Din que a épica é a Literatura menos desenvolvida, no senso de que nela sempre adoitan acontecer as mesmas cousas, os personaxes son demasiado arquetípicos e a trama déixa-se nas mans dun deux ex machina, nomeadamente a máxia. Pois ben, para contradicir isto no caso que nos ocupa, esa máxia semella non existir até ben avanzado o libro (na páxina 85 máis ou menos acontece a primeira cousa realmente fantástica: unha curuxa que fala); de feito, mesmo podería chegar a se botar en falla algo máis de fantasía nunha novela fantástica coma é esta.

Os persoaxes certamente responden a un concepto clasicamente jüngeniano, pero no seu ambiente épico non hai moitas outras opcións a desenvolver. A trama é máis ca detectivesca, aventureira, na que interesan as cousas que van acontecendo e a presentación dos outros persoaxes que van atopando espallados ao longo dunha viaxe polo mapa da rexión (un mapa, que por certo, bóta-se de menos ás veces, para saber por ónde andan os nosos protagonistas).

As descripcións durante o libro son tan ricas que rozan o naturalismo, ao modo dun cadro paisaxista ou máis ben dun bodegón; se cadra algo terá que ver que seica o seu autor utilizase a toponímia do Seoane do Caurel (Lugo) para nomear os lugares polos que descorre a aventura de Selmo e os seus. Para o leitor menos avezado, non embargantes, resultará un pouco estraña a identificación entre unhas terras míticas e unha paisaxe rural galega, impedindo asemade, se cadra, a necesária ambientación tan imprescindible na literatura do xénero. Pero como experimento, como mínimo hai que dicir que pagaba a pena tenta-lo.

O maior mérito de O brindo de ouro debería ser animar aos autores galegos a explorar un eido da literatura que coma en todas as línguas romances ficou subdesenvolvido na xénese dos tempos: a épica. Adentrar-se nela sen medo aos estereotipos e converte-la nunha ideia viva, moderna e pleamente actualizada é o mérito indiscutibel de Xesús Manuel Marcos, o seu autor.

De Profundis
Calificación:

Artifex Série Minor 8/9

Escolma de Ramón Muñoz e Juan Manuel Santiago

Español

De Profundis é unha producción que resulta certamente novedosa dentro do panorama fantástico en España, por canto se autodefine como “Antoloxía crítica”. ¿E que sinifica isto? Pois que xunto a cada relato, unha escolma deles que realizan Ramón Muñoz e Juan Manuel Santiago, aparece ademáis unha crítica do autor. Ben, se cadra habería que chamalo “reflexión crítica do conxunto da súa obra narrativa”, pero que se lle vai facer.

Muñoz e Santiago son dous expertos nesto de criticar: a verdade é que o fan ben, tanto, que cando rematas de ler algún conto pensando que era moi bó aí están eles para lles saca-las córes e descobrir novos matices, algo así como un acelerado curso de cata dos autores propostos, e que se sabes seguir ben, te levará a poder aface-los teus própios gustos para outros.

Porque, todo hai que dicilo, nesta antoloxía non figuran autores descoñecidos nin recén descobertos: León Arsenal, Armando Boix, Castrosín, Daniel Mares, Félix Palma e Vaquerizo son do millorciño que se pode atopar no xénero fantástico en español, todos eles con moitos prémios e traballos publicados ó lombo. Tan só restaba desexar que a escolma dos relatos fose axeitada, e coido que así foi, ou cando menos, representativa de cada ún dos autores.